Deixamos aquí unha pequena indicación a ter en conta para usar correctamente os pronomes átonos e vitando os "pronomicidios":
Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: ( dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.
CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:
1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
( non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)
2- Cando vai nunha subordinada: (dixo que te amaba).
3- Cando vai nunha interrogativa parcial ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!
4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos e adverbios: ( alguén mo dixo, seica me falara). Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.
O Departamento de Policía púxose en contacto con urxencia coa Inspección de Educación e están colaborando estreitamente coa idea de evitar máis pronomicidios na zobna. Por iso e por non alarmar acaban de enviar a un inspector de Educación, que está xa no centro, e vai pasar preguntando aula por aula cousas como estas ( colocámocas aquí para de forma urxente evitar que nos acusen de permitir máis pronomicios. Poñede atención e practicar logo: colocación dos pronomes átonos