Febreiro é un bo momento para falar dos lobos por que? Galicia, como xa sabedes, é o país das marabillas entre outras cousas por ter un dos 10 entroidos do mundo máis orixinais. Agora que comezamos xa o mes de febreiro imos saber máis cousas deste ciclo que denominamos de Entroido.
NA CANDELORIA MEDIO INVERNO VAI FÓRA
Comeza o mes coa CANDELOIRA, o día 2 de febreiro que é o día que casan os paxaros. Cando xa se sabe que os días vese que medraron e se achega o Entroido ou talvez xa comezara ao rematar o ciclo das trece lúas en xaneiro...
O ENTROIDO E O LOBO
Entroido é o tempo de preparación da época posterior da fecundidade, no que hai que facilitar a entrada da primavera e o tempo da calor. Nestes días a Natureza, as plantas e animais, mesmo os homes andan cos preparativos previos ao agromar dos vexetais, á floración, ás crianzas de todo tipo de bechos grandes e pequenos, tamén das colleitas que logo virán.
Entón o Entroido é un ritual moi antigo dos seres humanos do mundo enteiro para que evitar todo o que impida o triunfo posterior da primavera. En Europa había un animal que temían especialmente homes e mulleres e que procuraban manter afastado dos seus rabaños especialmente nestes tempos de frío.
Antigamente sabemos que os romanos festexaban neste mes unha festa onde os lobos e a fecundidade estaban ligadas a un ritual moi curioso: As Lupercais.
AS LUPERCAIS ROMANAS E O ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO
Hoxe descubriremos como as Lupercais que celebraban os romanos ao deus da fertilidade pode coincidir nas súas raíces co tradicional entroido de Galicia. Os romanos na antigüidade eran un pobo de pastores que temían ao lobo e de feito tiñan un deus denominado Luperco da fertilidade e dos rabaños, ao cal rendían culto no mes de febreiro dun xeito moi semellante ao que se segue a celebrar nalgunhas das zonas onde mellor se conserva o entroido propio de Galicia. Falamos dos peliqueiros de Laza ou dos cigarróns de Verín (na zona oriental e montañosa de Galicia) que saen ás rúas cunhas máscaras moi particulares nas que debe haber unha fera pintada (un lobo habitualmente como animal totémico moi temido). Estas máscaras perseguen aos viandantes fustigándoos e danlles cos látegos mentres fan soar as chocas profusamente.
Este parecido indica que este tipo de ritual estaba estendido por toda Europa entre os pobos pastores, lembrade que Galicia, unha terra de montes, ten aínda hoxe unha actividae pastoril moi notable.
Como xa sabedes Galicia é o país das marabillas, unha terra chea de tesouros como hoxe amosaremos. Imos comezar unha nova lectura, un libro intrigante, coma quen di unha aventura, que xa no seu título nos fai viaxar cara un lugar e dun tesouro que seguro non coñecemos...
BURELA, Onde está?
Despois d ever o vídeo responde: Que é Burela?
Que tres significados pode ter en orixe esta palabra?