As figuras do entroido galego máis singulares son os peliqueiros ou cigarróns. Pero que é un peliqueiro?
E un Cigarrón?
Entroido ou Carnaval? Hai dúas palabras para denominar un tempo impreciso que en Galicia por tradición comeza ben cedo:
Domingo fareleiro
Domingo oleiro
Xoves de compadres
Domingo corredoiro
Xoves de comadres
Domingo de entroido
Luns de entroido
Martes de entroido
Mércores de cinza
Enterro da sardiña.
Domingo de piñata
Fareleiro: ten que ver co farelo e logo coa fariña: Unhararelada é botarse por broma no entroido singularmente fariña.
Oleiro: Ten que ver coas olas que se lanzan duns a outros ata que escachan, a quen escache ten que pagar unha ronda.
Compadres e comadres: Son os xoves de Entroido que festexan os mozos ou as mozas, adoitan realizar unha guerra ao redor dunha figura de palla "compadre" que van querer queimar e os mozos tentan salvar do lume.
Corredoiro: Relacionase con correr, fuxir da xente para que os mozos non lle boten auga, borralla, mesmo formigas.
Que significa a palabra Entroido?
Que significa a palabra Carnaval? "Carne vale" outros din "carne levare", pero que significa?
«Quíxente tanto, meniña,
tívenche tan grande amor,
que para min eras lúa,
branca aurora e craro sol;
augua limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu peito,
vida do meu corazón».
Así che falín un día
camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de pasión,
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol,
porque eu non vise os teus ollos
que refrexaban traiciós.
Dempois que si me dixeches,
en proba de teu amor
décheme un caraveliño
que gardín no corazón.
¡Negro caravel maldito,
que me fireu de dolor!
Mais a pasar polo río,
¡o caravel afondou!...
Tan bo camiño ti leves
como o caravel levou.
Temática costumista:Un repoludo gaiteiro
Un repoludo gaiteiro
de pano sedán vestido,
como un príncipe cumprido,
cariñoso e falangueiro,
entre os mozos o primeiro
e nas cidades sen par,
tiña costume en cantar
aló pola mañanciña,
con esta miña gaitiña
ás nenas hei de enganar.
Con esta miña gaitiña
ás nenas hei de enganar.
Sempre pola vila entraba
con aquel de señorío,
sempre con puxante brío
co tambor se acompasaba;
e se na gaita sopraba
era tan dóce soprar
que fixera en cantar
aló pola mañanciña,
con esta miña gaitiña
ás nenas hei de enganar.
Adios, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
Mais son probe e, ¡mal pecado!,
a miña terra n'é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.
Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.
Adios, adios, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
Adios Virxe da Asunción,
branca como un serafín;
lévovos no corazón:
Pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adios!, ¡adios!
¡Adios tamén, queridiña!...
¡Adios por sempre quizais!...
Dígoche este adios chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡meu lar!
Temática intimista:Campanas de Bastabales
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.
Dóiome de dór ferida,
que antes tiña vida enteira
e hoxe teño media vida.
Só media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
DE FOLLAS NOVAS:
A dor persoal: Negra sombra
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo Sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas;
si choran, es ti que choras:
i es o marmurio do río,
i es a noite, i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
A dor colectiva:Pra Habana
Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña;
deixárono sóio
coa roupa vestida.
"María, eu son mozo,
pedir non me é dado;
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adiós, adiós, prendas
do meu corazón!"
IV
"¡Ánimo, compañeiros!
Toda a terra é dos homes.
Aquel que non veu nunca máis que a propia,
a iñorancia o consome.
¡Áńimo! ¡A quen se muda Dio-lo axuda!
¡I anque ora vamos de Galicia lonxe,
verés desque tornemos
o que medrano os robres!
Mañán é o día grande, ¡á mar, amigos!
¡Mañán, Dios nos acoche!"
¡No sembrante a alegría,
no corazón o esforzo,
i a campana armoniosa da esperanza,
lonxe, tocando a morto!
V
Éste vaise i aquél vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.
Autora e nai deixou dito nos Prólogos ás súas obras en galego cales eran as súas intencións ao publicar na lingua da nosa terra:
"Todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme, todo esto me atrevín a cantar neste humilde libro pra desir unha vez siquera, ós que sin razón nin conocemento algún nos desprezan, que a nosa terra é dina de alabanzas, e que a nosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente nas máis ilustradísimas provincias. Mais he aquí que o máis triste nesta cuestión é a falsedade con que fóra de aquí pintan así ós fillos de Galicia como a Galicia mesma, a quen xeneralmente xuzgan o máis despreciable e feio de España, cando acaso sea o máis hermoso e dino de alabanza.
Prólogo de Cantares Gallegos
Pero en Cantares atoparemos ademais cal foi a súa fonte de inspiración a tradición oral:
"?Cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soavee mimoso que queren facer bárbaro os que non saben que aventaxa ás demais linguas en dozura e armonía. Por esto, inda achándome débil en forzas e non habendo deprendido en máis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan docemente resoaron nos meus oídos desde a cuna e que foran recollidos polo meu corazón como herencia propia, atrevínme a escribir estos cantares, esforzándome en dar a conocer como algunhas das nosas poéticas costumes
Lembremos algúns poemas de Cantares seguindo as súas temáticas:
- Amorosa: Quixente tanto meniña/
-Costumista: Un repoludo gaiteiro/
-Social-reivindicativa: Adiós ríos, adiós fontes/ Castellanos de Castilla/
-Intimista: Campanas de Bastabales.
Vaiamos agora co Prólogo de Follas Novas:
" Creerán algús que porque, como digo, tentei falar das cousas que se poden chamar humildes, é por que me explico na nosa lingoa. Non é por eso. As multitudes dos nosos campos tardarán en ler estos versos, escritos a causa deles, pero só en certo modo pra eles. O que quixen foi falar unha vez máis das cousas da nosa terra, na nosa lingoa, e pagar en certo modo o aprecio e cariño que os Cantares Gallegos despertaron en algúns entusiastas. Aceptárono i, o que é máis, aceptárono contentos, e eu comprendín que desde ese momento quedaba obrigada a que non fose o primeiro i o último. Non era cousa de chamar as xentes á guerra e desertar da bandeira que eu mesma había levantado
As temáticas agora son dúas:
-A dor persoal: Negra Sombra.
-A dor colectiva: Pra Habana.
"Libros enteiros poideran escribirse falando do eterno infortunio que afrixe os nosos aldeáns e mariñeiros, soia e verdadeira xente do traballo no noso país. Vin e sentín as súas penas como si fosen miñas.
"Mais o que me conmoveu sempre, e polo tanto non podía deixar de ter un eco na miña poesía, foron as inumerables coitas das nosas mulleres.
A emigrazón i o Rei arrebátanlles de contino o amante, o irmán, o seu home . Soias o máis do tempo, tendo que traballar de sol a sol e sin axuda pra mal manterse, para manter ós seus fillos parecen condenadas a non atoparen nunca reposo se non na tomba.
Heroínas que viven e morren levando a cabo feitos marabillosos por sempre iñorados, pero cheos de milagres de amor e de abismos de perdón. Historias dinas de ser cantadas por mellores poetas do que en son, e cuias santas harmonías deberan ser espresadas cunha soia nota e nunha soia corda, na corda do subrime, e na nota da delor. Anque sin forzas pra tanto, tentei algo deso, sobre todo no libro titulado As viudas dos vivos e as viudas dos mortos.
Prólogo Follas Novas
Rosalía vén ao mundo na Compostela do ano 1837.
O seu nacemento como filla dunha nai solteira, dona Tereixa Castro, unha fidalga padronesa, e o seu pai, Xosé Martínez Viojo, cura da Escravitude, vai marcar dende os seus primeiros días a súa traxectoria como muller nun século especialmente cargado de dificultades para a condición feminina.
Debemos destacar a súa infancia en Ortoño e Padrón, o seu contacto co mundo do rural que lle permite coñecer a fondo a súa lingua materna: o galego.
Súa nai soubo darlle unha educación peculiar e axiña destacará entre a mocidade do Liceo da Xuventude compostelán polas súas calidades como actriz. Tocaba varios instrumentos, sabía francés e era unha gran recitadora.
Consciente das limitacións da muller, con só 20 anos rebélase contra as convencións da súa época:
"Só cantos de independencia e liberdade balbuciron os meus beizos aínda que ao meu redor sentirá dende o berce xa, o ruido das cadeas que debían aprisionarme para sempre, porque o patrimonio da muller son as cadeas da escravitude.
Eu, sen embargo, son libre, libre como os paxaros, como as brisas, como os árabes no deserto e o pirata no mar. Libre é o meu corazón, libre a miña alma, e libre o meu pensamento que se ergue ata o ceo, e descende ata a terra, soberbio como Luzbel, e doce como unha esperanza. Cando os Señores da terra me ameazan cunha mirada, ou queren lixar a miña fronte cunha mancha de oprobio, eu me río como eles rin, e fago, en apariencia, a miña iniquidade máis grande que a súa iniquidade. No fondo, non obstante, o meu corazón é bo, pero non acato os mandatos dos meus iguais e creo que a súa feitura é igual a miña feitura, e que a súa carne é igual a miña carne. Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino?.
Desde moi nova participa con intelectuais como Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal(era amiga da familia e, especialmente, de Eduarda que morrerá en 1853) en eventos de carácter progresista como o Banquete de Conxo(1856), pero non será ata máis tarde cando madure de xeito definitivo este contacto co galeguismo emerxente ao que estaban adscritos un bo número de intelectuais liberais da Galicia de mediados do XIX, tras acontecementos como a matanza dos denominados Mártires de Carral e as Guerras Carlistas.
Amiga das letras dende moi nova comeza unha carreira literaria en Madrid, publicando o seu primeiro libro La flor (1857).
Casa con Manuel Murguía en 1858 e un ano despois nace Alejandra, a primeira dos sete fillos que terá o matrimonio, comeza así a partillar as cargas familiares coa súa vocación por seguir escribindo e editando. En 1859 sairá do prelo a novela La hija del mar.
A súa unión con Murguía suporá, tamén, o comezo dunha vida itinerante que a levará a residir en diferentes lugares: Madrid, Valladolid, A Coruña... que marcarán tematicamente parte da súa obra, como pode ser a súa estadía en Castela.
En 1863 publica A mi madre e Cantares gallegos, obra considerada clave no Rexurdimento literario de Galicia .
1864: Edítase o seu único conto en galego, coñecido baixo o título Contos da miña terra.
1865: Las literatas , artigo sobre a condición feminina.
1866: Ruinas, novela publicada por entregas.
1867: Publica a súa novela máis longa e ambiciosa: El caballero de las botas azules.
1868: Murguía é nomeado director do Arquivo de Simancas (Valladolid) cargo que exercerá ata 1870. Rosalía neste tempo escribe grande parte do poemario Follas Novas. A finais de 1870 e inicios de 1871 reside en Madrid, onde coñece a Bécquer.
Nestes anos Murguía é trasladado ao Arquivo do Reino de Galicia e a familia pasa a vivir na cidade da Coruña, onde reside ata 1874.
1880 Publícase Follas Novas, obra que a consagra como poeta galega.
1881: Publicación de El primer loco
1884: Publica o seu último libro de poemas: En las orillas del Sar