blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para preparar a proba do avance
Temas do libro de texto:

Tema 4 (do tomo do Primeiro Trimestre)
páxinas 78,79- 81,82,83-86-87 94-95

Tema 5 (do tomo do Segundo Trimestre)
páxinas 106,107, 108,109 110,111 114,115

e do Tema 6, 7 e 8
páxinas 126, 130,131 / 150,151 / 170/171

OUTROS
Literatura
Memorias dun neno labrego (Unha pregunta da lectura).

Comprensión e Expresión sobre a tradición Oral "Os Mouros".

Sociolingüística: LUSOFONÍA (ver no libro e no blog galaicos e lusos).

Ver o blog tamén para o vocabulario da casa.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-02-2017 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
DO BARRIO DA CIDADE Á CASA RURAL

NO BARRIO DA CIDADE
Asocia os seguintes conceptos do espazo urbano aos números da imaxe:

-unha rúa peonil
-un restaurante
-un parque
-contedores de lixo
-caixeiro automático
-teléfono público
-centro comercial
-unha tenda de roupa
-bares
-un aparcadoiro
-unha escola
-unha biblioteca
-un supermercado
-unha parada de autobús

2- Saberías explicar que son:
-un concello
- unha parroquia

A CASA RURAL
Comentarios (0) - Categoría: O NOME DAS COUSAS - Publicado o 16-02-2017 06:31
# Ligazón permanente a este artigo
PRONOMES E PRONOMICIDIOS

IDENTIFICAR PRONOMES PERSOAIS
Agora que estamos traballando cos pronomes primeiro imos saber que tipo de palabra son antes de traballar afondo contra os pronomicidios.

EVITAR OS PRONOMICIDIOS
Deixamos aquí unha pequena indicación a ter en conta para usar correctamente os pronomes átonos evitando os "pronomicidios":

Os pronomes átonos colócanse normalmente despois do verbo e unidos a el: (dígocho), pero hai ocasións en que se debe colocar o pronome antes do verbo.

CASOS EN QUE O PRONOME ÁTONO VAI ANTES DO VERBO:

1- Cando vai nunha oración negativa ou desiderativa:
( non te quero, oxalá cho dixesen hoxe!)

2- Cando vai nunha subordinada: (dixo que te amaba).

3- Cando vai nunha interrogativa parcial cun pronome interrogativo ou tras un exclamativo:
Quen che preguntou iso?
Como me alegro da túa boa nota!

4-Cando a oración comeza por algúns indefinidos (algo, alguén, todos...) e adverbios só, case, tamén, xa, sempre, aínda, seica, ben, mal...): (alguén mo dixo, seica me falara). Cousa que non ocorre con adverbios como os de tempo e lugar: Mañá achégome alí.


OS PRONOMES ÁTONOS en galego teñen unha certa dificultade, especialmente para os que falan máis castelán que galego ou para os neofalantes. Imos logo darlle un repaso a colocación correcta destes pronomes neste curso, xa que o ano pasado xa os vimos.

Despois do repaso cómpre realizar uns cantos exercicios cos pronomes

Por último neste rápido repaso lembremos de novo o uso do "te" e do "che" e o uso de "llo/lla" e "llelo/llela".

Aquí quedan unha chea de exercicios cos pronomes e a súa solución.
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 09-02-2017 06:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0