Un día 24 de febreiro nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela, escollemos este día para comezar a traballar máis polo miúdo a poesía na clase de galego de 1º ESO, escoitamos versoso de Rosalía e comentamos temas e estilo dunha poesía que bebe das fontes da tradición oral, porque esa é a forma primeira que teñen para o galego moitas das manifestacións da nosa literatura. Neste camiño da descuberta da Galicia que levamos dentro o campo emotivo emocional vai ser percorrido grazas en gran medida a poesía galega que terá o seu punto álxido no mes de maio cando cheguemos a comentar e coñecer mellor un poema que como algúns dos poemas de Rosalía tamén nos representa a todos nós e que é o Himno galego de Eduardo Pondal. |