blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Que imos ler en Nadal?

Comezamos coas lecturas deste curso neste Nadal. Trátase da lectura dun clásico: Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas.

Como imos ler este libro?
Hai que facer un resumo de cada capítulo e incorporar a un vocabulario as palabras que non coñecemos de cadanseu capítulo. Podes consultar aquí parte das palabras e expresións que aparecen en cada capítulo do libro.

A proba de lectura e entrega dos resumos dos 16 capítulos e léxico consultado do libro será o próximo 16 de xaneiro.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 11-12-2018 21:21
# Ligazón permanente a este artigo
Para a proba da 1ª Avaliación.
UNIDADE 2:
Os nomes das cousas:
O Léxico da aula (ver blog e libreta).
A derivación: Prefixos páx. 39

Obradoiro de expresión:(na aula e na libreta)
Resumo escrito de textos e audiovisuais.


Lingua e sociedade:
As linguas románicas páx. 40. (no blog)

Ortografía:
As regras de acentuación páx. 41

Gramática:
O substantivo (tipos) pax. 42 e 43.
Adecuación textual páx. 45

Literatura:
O xénero narrativo: o argumento, os narradores e personaxes. páx 46-47

Tradición oral: MES DE DEFUNTOS (blog e libreta)

UNIDADE 3:
Os nomes das cousas:
O léxico da morte (ver blog)
A derivación: Tipos de sufixos páx. 59

Obradoiro de expresión:
Textos en prosa: narración e descrición.

Lingua e sociedade:
As linguas da península páx. 60 (no blog)

Ortografía:
Casos especiais de acentuación páx. 61

Gramática:
O substantivo: xénero e número páx. 62-63
A coherencia textual(1) páx. 65

Literatura:
O xénero narrativo: espazo, tempos(interno/externo) e estrutura páx. 66-67
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-12-2018 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0