blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NADAL: TEMPO DAS TRECE LÚAS
Lembrade... comezabamos o curso preguntándonos se vivíamos como galegos. Por iso decidimos tomarnos tempo e, ao longo do curso, día a día, ir sabendo máis e máis de como somos os galegos, que significa ser galego. Agora chega o Nadal e xa empezan a bombardeanos coa publicidade como todos os anos:




E entre anuncios que reclaman a nosa atención debemos saber achegarmos de verdade ao significado deste ciclo de Trece noites coas trece lúas,.
Comecemos polo que celebramos no día 24 de Nadal, é dicir, o nacemento e utilicemos este vídeo e unha fermosa cantiga tradicional adaptada recentemente polo grupo Berroguetto:



Este é o texto do nadal tradicional:

Cara Belén camiña unha nena ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.

San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?


Outra das particularidades do noso Nadal é a figura do Apalpador:





Un ciclo, o de Nadal, que remata o 6 de xaneiro coas danzas de Reis coma estas:


Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-12-2013 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
LECTURAS DO PREMIO SARMIENTO 2014
As lecturas que imos realizar na primeira parte do curso son, coma sempre, as que propoñen dende a Coordinadora dos EDLG das Escolas Católicas de Galicia, para o Premio Martín Sarmiento. Un premio que outorgan os lectores aos autores en función do seu criterio tras ler os libros propostos polos convocantes.

Este curso os libros para 1º da ESO son:

Misterio resolto, de Concha Blanco (Editorial Everest)e que propoñemos ter lido despois do Nadal, logo, podedes pedilo como agasallo ou se queredes podedes intentar conseguir un dos exemplares da Biblioteca de Secundaria que xa ten a túa disposición (lamentablemente non hai libros de préstamo para todos).

O segundo libro que será para o mes de Marzo titúlase O elefante branco, de Xesús Fraga (editorial Tambre).

Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 04-12-2013 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
A COMPAÑA e O LÉXICO DE DEFUNTOS:
A mal chamada Santa Compaña pasa por ser un dos máis estendidos exemplos da nosa mitoloxía relacionada coa morte. Esta procesión de mortos onde hai un vivo e pode ser aviso da morte ten un fondo arraigo entre os galegos como podemos comprobar no seguinte vídeo:



No tocante ao LÉXICO DE DEFUNTOS imos enumerar aquí os que vimos usando ao longo deste mes que comeza co día 1 de Todos os Santos e 2, o dos Defuntos o día dos magostos que pola zona adoita coincidir co 11 día de San Martiño e remata co 30, día de Santo André, que tamén dixemos que ten unha íntima relación cos camiños dos mortos cara o Alén:

MES DE DEFUNTOS (Léxico da morte)
Mes de Santos ou Defuntos ou San Martiño
Outono (auctum + annum ?ano medrado, maduro?)
Día de Todos os Santos 1 de novembro.
Día de Defuntos 2 de novembro.
Día de San Martiño 11 de novembro. ? polo san Martiño...trompos ao camiño?
Día de Santo André 30 de novembro.
Festa do Samaín, 1 de novembro
Caveira (cráneo) / cabaza (calacú)
Candea, vela, cirio
Medo, susto , arrepío, calafrío.
Morrer, finar, falecer
Defunto, morto, finado e cadáver ( carne + dada + aos vermes)
Mortalla
Sudario
Enterro
Caixa, ataúde, féretro, cadaleito
Tumba, cova, terra
Inhumar (ósos) / incinerar (cinzas)
Esqueleto / corpo
Lápida,epitafio
tanatorio
velorio
Cemiterio, camposanto
Ánima, alma, espírito, pantasma
Morte Moura, Morte Branca
Agoiros ou avisos de Morte
Paxaro da Morte, avelaiona (corvo, pega, moucho, curuxa...cabra do aire)
avelaiñas (bolboretas da noite brancas e negras)
A Compaña, Estadea (cruz) procesión, acompañamento
Igrexa, parroquia, adro
Ánima en pena, peto de ánimas e cruceiros
Circo ou círculo no chan
Purgatorio
Magosto
As castañas símbolo dos ánimas
campá
Asombramento nos castiñeiros
Urco
Peregrina
Afogada
Bergantín pantasma
O barqueiro e o Río do Esquecemento.
Deceso, óbito, .... necrolóxica
Funeral, fúnebre ?funus?

Rito/ culto aos mortos
Santuario ofrecidos romaría
Morte, pasamento (pasar) soño eterno
Camiño dos mortos, Santiago, Teixido...
Galicia País dos mortos
Cidades asolagadas en lagoas.
Inferno, Averno, mundo dos mortos
Ruín Hábito (rachar o hábito)
Lume, lapas, laparadas
Illa dos mortos, illa do Alén
Alén: Máis Alá, Outro Mundo

FHai tamén moitos ditos e refráns
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 01-12-2013 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0