|
|
|
Prepara ben o 1º avance do curso |
|
UNIDADE O: Sementadores de esperanza.
Lingua e sociedade
- A lingua fainos humanos
- A lingua fainos orixinais
- A lingua, unha semente que ofrecemos ao mundo
- A chave coa que abrimos o mundo
- A lingua que nos identifica
- A avoa da nosa lingua.
- A lingua dos nosos avós.
UNIDADE 1 (no libro):
Os nomes das cousas:
- Léxico as partes do corpo páx. 18 e no blog.
- A formación de palabras páx. 19
Obradoiro de expresión:
- A descrición páx. 17
Lingua e sociedade:
- As linguas do mundo páx.20 e no blog
Ortografía:
- Sílaba, ditongos e hiatos páx. 21
Gramática:
- A comunicación e as clases de palabra páx. 22-24
- O texto páx. 25
Literatura:
- O texto literario páx. 26
- Os xéneros literarios páx. 27-28
|
|
|
|
A ÁRBORE FILOLÓXICA DE 1º ESO A Curso 2018-19 |
|
 Observa a árbore xenealóxica da nosa aula. Cal cres que é a razón de semellante perda de galego falantes nos últimos 100 anos?
Que podemos facer para frear esa situación herdada e inxusta?
Situacións que influíron no uso do galego:
1900: O galego cumpre 1000 anos de uso.
1920- O GALEGUISMO: Reclamaba o galego como lingua oficial o que permitiría a súa introdución na administración e nas escolas.
1936- 1976- O FRANQUISMO:Declara oficial exclusivamente o castelán, na escola, medios de comunicación e na administración só se pode usar o castelán. A represión,a acción dos medios de comunicación en castelán e a desruralización de Galicia contribuíron á perda de falantes de galego de forma drástica.
1980-2018: COA VOLTA DA DEMOCRACIA converte ao galego en idioma cooficial en Galicia, comezan as emisiones da RTVG e a introdución do galego nas escolas. |
|
|
|
Sementando palabras |
|
 Lembrando o que estudamos o ano pasado en Primaria imos dar un repaso e ampliar a 50 palabras que debemos coñecer sobre o léxico do noso corpo, a casa dos sentidos. Probemos a facer unha descrición do noso corpo dos pés á cabeza poñéndolle nome a cadansúa parte ata chegar a usar esas 50 palabras no texto.
Podemos ademais xogar e aprender máis con varias propostas que esperan por nós no portal das palabras. Outros espazos para xogar aprendendo na rede e dun xeito interactivo coas distintas partes do corpo en educaplay
Uns exercicios prácticos na rede.
Para consultas: Dicionario RAG |
|
|
|
A AVOA DA NOSA LINGUA |
|
 Imos coñecer algo máis sobre a que se considera a avoa da nosa lingua, unha hipótese lingüística denominada tradicionalmente Indoeuropeo.
Comunmente se preguntamos quen é a lingua nai do galego, respondemos que o latín. Pero o latín tamén ten a súa historia, polo tanto se preguntamos pola lingua que sería a avoa da nosa lingua temos que viaxar á prehistoria, ao momento no que só se falaba (non hai textos escritos), razón pola que temos qu efalar dunha hipótese lingüística como sería o indoeuropeo, da que xa na época histórica nacería en territorios dispersos ddo continente euroasiático linguas como o Latín, o Grego, o Xermánico, o Celta, o Indio-iranio, o Eslavo,... varias familias de linguas que ocupan practicamente todo o territorio Europeo actual e parte de Asia.
Investiguemos |
|
|
|