blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ATOPARSE COAS MOURAS


Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 25-01-2013 06:23
# Ligazón permanente a este artigo
RAIÑA LUPA, A MOURA MÁIS FAMOSA




A Raíña Lupa pasa por ser a moura máis coñecida de Galicia. Pero nós que sabemos sobre ela?

Trátase dun mito precristiá curiosamente cristianizado e do que hai moito escrito.
Que é unha moura?

Aquí atopamos outra información no blog do Arqueólogo Manuel Gago
A información máis común é a que transmite a galipedia e un traballo moito máis complexo é este do concello de Boqueixón

E tamén deixamos aquí este vídeo do lugar do Monte Pindo onde din que está soterrada:

Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 22-01-2013 23:57
# Ligazón permanente a este artigo
Lembrando as 13 noites de Nadal:
Na cultura tradicional galega hai diversos
ciclos claramente caracterizados que responden ao sincretismo( é dicir a fusión) de manifestacións populares pagás ou/e cristiás, unhas moi antigas, outras máis recentes. Hoxe son costumes ben a piques de perderse, ou ben nun proceso de franca revitalización. Falamos do ciclo de Entroido, os Maios, San Xoán ou do Ciclo de Nadal.

O Nadal é un ciclo que podemos resumir en 13 noites que serían como xa dixemos e que van dende o 24 de decembro ata o 6 de xaneiro:

Unha característica común e moi estendida en toda Galicia é o canto de panxoliñas ou vilancicos sobre o nacemento e primeiros feitos do Neno Xesús e que tamén se chaman aguinaldos (porque estes cantos realizados normalmente de casa en casa pola parroquia remataban pedindo un donativo como doces ou algún tipo de alimento denominado "aguinaldo"). Estes cantos, segundo o día que se realicen poden recibir o nome de Nadais (noite 24, Manueles (noite do 31 de decembro para o 1 de xaneiro) Reis(días anteriores e o día propio do 6 de xaneiro.

24 Nadal: É unha das principais noites do ciclo, Noiteboa como precedente do 25, día de Nadal e onde se aglutinan máis e diversas manifestacións propias destas datas.

Do 24 de decembro:
- Canto de Nadais
- Colares de castañas que os nenos coam se foran caramelos levaban colgando e ían comendo ao longo do día.
- Misa do galo
- Dar as Pascuas
- O Tizón de Nadal
- O Apalpador un curioso personaxe que a algúns lembra a figura de Papá Noel por aquilo dos agasallos que trae.




Do 25 ao 30 de decembro:
- Rondas (habituais para pedir o aguinaldo de cara a acumular doazóns para ao rematar o ciclo facer unha merendola)

- O 28 de decembro:
-Día dos Santos Inocentes (realízanse bromas de todo tipo).
-Celebración dos bispiños

-Noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro: Trátase doutra das noites máis sinaladas do ano, a Noitevella, unha noite data a cantos, ceas e bromas:
- Aninovos ou Manueles
- San Silvestre
- As pedras do sal
- Lumes e fogueiras

Do 3 ao 5 de xaneiro:
- As Xaneiras
- Cantos e danzas de Reis ou profanos, como os do Cebreiro que xa adiantan formas típicas doutro ciclo como é a das máscaras.

6 de xaneiro:
- Reis litúrxicos

Para rematar imos facer dúas reflexións sobre o idioma de moitos destes cantos de Nadal. O idioma da igrexa inicialmente era o latín e logo utilizou na prédica da misa o castelán, por iso moitos destes Nadais que falan de temas relixiosos e que preparaban moitas veces os propios párrocos cos veciños da parroquia estaban e cantábanos en castelán, aínda que por veces usasen o galego para as coplas do aguinaldo. Pola contra en moitas catedrais da Península como Toledo ou Sevilla, ademais das galegas, houbo unha tradición dende o século XVI pola que os vilancicos facíanse con textos parcial ou totalmente porque se vía gran parecido entre o mundo pastoril dos galileos e o dos galegos (fixádevos na curiosa semellanza tamén dos nomes que algo debeu axudar á hora de establecer dita comparación).
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 07-01-2013 08:29
# Ligazón permanente a este artigo
Boa sesión de Teatro Nadal

Un grupo nutrido dos alumnos/as de 1º da ESO A e a súa titora da que partiu a idea, fixéronnos pasar un bo rato para despedir o primeiro trimestre e comezar as vacacións de Nadal cunha pequena e intensa representación na que se representaba un nacemento moi especial. Ademais a obra foi representada en galego, polo que fixeron un bo exercicio de expresión oral na nosa lingua e unha moi boa actuación. Desexamos que co 2013 siguades así de creativos/as.
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 07-01-2013 08:29
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0