blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GALICIA PAíS DOS MORTOS
Sabes como se lle chama ao mes de novembro en Galicia?

O mes de novembro é para os galegos o mes de Defuntos tradicionalmente. Este nome non o leva por casualidade. Galicia garda dende a prehistoria unha estreita relación coa morte, tanto como para que desde tempos remotos a nosa terra sexa o País dos mortos. Queres saber por que?

Para responder temos que ir investigando sobre os costumes que conservamos xeración tras xeración en relación con estas datas.

Viaxemos á prehistoria:



Nesta pequena reportaxe vemos que a costa galega e algunhas illas en particular tiveron unha particular importancia como lugar de enterramento e como estes rituais antigos sobre a morte teñen unha relación coa mitoloxía. Afondaremos nesta conexión entre a nosa terra e os mitos relacionados coa morte para sabernos por que Galicia é o país dos mortos, pero antes investigaremos nas nosas propias casas, na tradición oral dos nosos familiares.


CUESTIÓNS:
Falaremos cos nosos familiares do que hoxe coñecemos como Samaín, pero ese non era o nome que lle daban os nosos avós e avoas a este costume de tallar calacús.



Preguntaremos nas casas e aos nosos familiares sobre que se adoita ou adoitaba facer nos días 1 e 2 de novembro tanto nos cemiterios como sobre todo nas casas. Que se vai facer no cemiterio? Antes facíase algo distinto ao que se fai estes día alí? Que se come ou comía tradicionalmente eses días? Por que? Que se facía despois da cea en relación cos defuntos?...
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 29-10-2019 08:10
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA QUE NOS IDENTIFICA

Imos realizar un primeiro traballo de investigación sobre a nosa lingua, esa que nos identifica.
En primeiro lugar traballaremos coa etimoloxía da palabra Galicia e o concepto de palabras milenarias e logo situaremos o galego no contexto das linguas do mundo.
En segundo lugar abordaremos unha pequena investigación sobre a lingua dos nosos avós.
Imos titular esta investigación:

A MIÑA ÁRBORE DE IDENTIDADE

Como somos seres que vivimos en sociedade, como somos persoas con historia insertos nunha comunidade con pasado imos realizar finalmente unha árbore filolóxica ou de identidade para saber de quen veño sendo eu, cales son as raíces idiomáticas que me unen a esta Terra que se chama Galicia, para logo poder analizar o presente e mesmo planear a miña actitude futura cara o galego. Unha autora moi nova, Berta Dávila, dixo recentemente nunha entrevista:
"...a identidade pasa por entender quen somos, quen fomos e porque somos en función do pasado, do que fomos antes"? ? a lingua vennos dada, pero nunha situación de conflito como a que temos nós, tamén é unha elección.?

Indaga logo: E TI DE QUEN VÉS SENDO?
1º Que falaban os meus bisavós paternos entre eles e que lle falaron aos meus avós paternos?/ Que falaban os meus bisavós maternos entre eles e que lle falaron aos meus avós maternos? Uns e outros, sobre que ano naceron, onde naceron e viviron, que oficio tiveron?

2º Que falaban os meus avós paternos entre eles e que lle falaron aos meus pai? / que falaban meus avós maternos e que lle falaron a miña nai? Uns e outros, sobre que ano naceron, onde naceron e viviron, que oficio tiveron?

3º Que fala o meu pai coa miña nai e en que idioma me fala a min?/ en que idioma fala miña nai ao meu pai e en que idioma me fala ela a min? Sobre que ano naceron, onde naceron, onde viven, que oficio teñen?

Tras reunir estes datos teremos a posibilidades de analizar cales son as nosas raíces lingüísticas.

A LINGUA QUE NOS IDENTIFICA
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 21-10-2019 06:31
# Ligazón permanente a este artigo
O AVÓ OU A LINGUA AVOA DO GALEGO, QUEN VÉN SENDO?

1- O AVÓ ou A LINGUA AVOA DO GALEGO, quen vén sendo?

O galego, coma a maioría das linguas de Europa e un bo número das de Asia, deriva do indoeuropeo, podemos dicir que é o seu avó ou avoa.

1.1 Cuestión: Procura unha boa definición do indoeuropeo e representa unha árbore xenealóxica ou esquema de todas das 12 grupos ou familias fillas do antigo indoeuropeo: Albanés, Anatolio, Ilirio (paleo-balcánico), Grego, Celta, Tocario, Báltico-Eslavo, Itálico, Xermánico, Indo-Iraní e Armenio, procura tamén poñer o nome de algunhas das linguas máis importantes de cada unha destas familias (podes informarte nesta dirección da galipedia. Non esquezas situar na árbore o galego indicando quen foi a súa lingua nai.

1.2 Cuestión: As cinco grandes familias de linguas no mundo son a indoeuropea, a sino-austrina (Asia oriental e oceanía), as camito-semitas, as africanas e as amerindias. Fai un pequeno esquema no que coloques un par de exemplos de linguas de cada familia, procura que sexan linguas o máis coñecidas posibles por todos os compañeir@S Podes informarte en : http://gl.wikipedia.org/wiki/Linguas_do_mundo

2- CALES PODEN SER AS CAUSAS DA DESAPARICIÓN DAS LINGUAS E DA EXPANSIÓN DOUTRAS?

O Imperio Romano chegou ao noso territorio cara o 137 a.C. Esta terra tiña unha cultura prerromana que chamamos castrexa que seguramente facía uso de diversas linguas non escritas. Os romanos someten á poboación tras diversas guerras con galaicos, cántabros e astures e establecen unha división provincial na Península dentro do gran Imperio creado por eles. Gallaecia será unha provincia romana (maior do territorio actual de Galicia, pois chegaba polo sur ao río Douro e polo leste ata Cantabria. O latín, traído por soldados, administradores, comerciantes... substituíu ás linguas dos anteriores poboadores que desapareceron, pero sobre o latín créase a base da que nacerá máis adiante o galego cara o século IX d. C.

Comentarios (0) - Categoría: AS LINGUAS DO MUNDO - Publicado o 03-10-2019 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
26 de setembro Día europeo das Linguas

Proposta de traballo:
O IDIOMA É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO
Comentarios (0) - Categoría: AS LINGUAS DO MUNDO - Publicado o 25-09-2019 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
Un sentimento de Liberdade

"Un sentimento da liberdade" será o lema deste curso 2019/20. Despois de analizar na aula os textos:
Por que as linguas nos fan humanos?
Por que a lingua nos fai universais?
Por que temos dereito a ser diferentes?
Imos abordar hoxe a relación que ten a lingua coa liberdade:


" O galego culto que hoxe se exprese en galego, por ese só feito demostra levar na alma un nidio sentimento de liberdade; un nobre afán de asolagar a súa intelixencia nas augas vivas do traballo enxebre, co fin de lles dar o tempero preciso para que poidan fecundar mortas terras, cheas de lixos de escravitude, trocándoas en viveiros de vizosa democracia.

...Eses que viven de costas ás orixes dificilmente poderán redimirse da servidume do mimetismo. Que cousa máis orixinal que a lingua dun pobo, xerada por accións e reaccións seculares entre o home e a Natureza, para facelo diverso no universo?
"

Antón Vilar Ponte, Pensamento e sementeira.

1- Que relación ten a liberdade coa nosa lingua? Falar galego representa un compromiso, por que?

2- Explica as metáforas contrapostas da liberdade e da escravitude neste texto.

3- Como podes traducir coas túas palabras ?redimirse da servidume do mimetismo?.

4- Por que parece tan importante ser orixinais no universo?

5- Ponlle un título a este texto.



Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 22-09-2019 21:44
# Ligazón permanente a este artigo
ENTRADA DE VERÁN
Probas modelo do curso 2017/18.

Lecturas recomendadas para os que non teñen que recuperar en setembro nada.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2019 07:16
# Ligazón permanente a este artigo
RECUPERACIÓNS
1ª AVALIACIÓN:
UNIDADE O: Sementadores de esperanza.
Lingua e sociedade
- A lingua fainos humanos
- A lingua fainos orixinais
- A lingua, unha semente que ofrecemos ao mundo


UNIDADE 1 (no libro):
Os nomes das cousas:
- Léxico as partes do corpo páx. 18 e no blog.
- A formación de palabras páx. 19

Obradoiro de expresión:
- A descrición páx. 17

Lingua e sociedade:
- As linguas do mundo páx.20 e no blog

Gramática:
- A comunicación e as clases de palabras páx.22-24

Literatura:
- Os xéneros literarios páx. 27-28

UNIDADE 2:

A derivación: Prefixos páx. 39

Lingua e sociedade:
As linguas románicas páx. 40. (no blog)

Ortografía:
As regras de acentuación páx. 41

Gramática:
O substantivo (tipos) pax. 42 e 43.


Literatura:
O xénero narrativo: o argumento, os narradores e personaxes. páx 46-47



UNIDADE 3:
Os nomes das cousas:
A derivación: Tipos de sufixos páx. 59

Lingua e sociedade:
As linguas da península páx. 60 (no blog)

Gramática:
O substantivo: xénero e número páx. 62-63
A coherencia textual(1) páx. 65

Literatura:
O xénero narrativo: espazo, tempos(interno/externo) e estrutura páx. 66-67

UNIDADE 4:
Os nomes das cousas:
- A composición de palabras (páx. 79 do libro)

Ortografía:
- O acento diacrítico (páx. 81 do libro)

Gramática:
- O adxectivo (páx.82-83 do libro)

Literatura:
- Os subxéneros narrativos (páx. 86-87)

2ª AVALIACIÓN:
UNIDADE 5:
Os nomes das cousas:
- A casa (páx.106 do libro) no blog.
- A parasintaxe (páx.107 do libro)

Lingua e sociedade:
- As variedades da lingua (páx. 108)

Gramática:
-Os pronomes persoais no blog e libreta.

Literatura:
- Plan lector. Memorias dun neno labrego


UNIDADE 5 (só a gramática e literatura) e 6:
Os nomes das cousas:
- A familia léxica (páx.127)

Gramática:
- Pronomes/determinantes(Demostrativos,posesivos páx.110-111).
- Pronomes/determinantes(cuantificadores, identificadores, interrogativos e exclamativos (páx.130-131
Literatura:
- A lírica características, métrica (páx.114-115)
- A lírica:a rima e as estrofas (páx. 134-135)

UNIDADE 7:
Os nomes das cousas:
- A paisaxe (páx.146)

Gramática:
- Os pronomes persoais tónicos (páxina 150-151)
- Os pronomes átonos:(páx.170-171) repaso do 2º avance.

3ª AVALIACIÓN
UNIDADE 8:
Os nomes das cousas:
- O campo semántico (páx.167)

Ortografía:
- Signos de puntuación: As maiúsculas (páx.169)

Gramática:
- Os pronomes persoais átonos:(páx.170-171) repaso do 2º avaliación.

Obradoiro de expresión:
- O himno galego (ver blog)

UNIDADE 9:
Os nomes das cousas:
- A sinonimia(páx.195)

Ortografía:
-Uso do "B"(páx. 197)

Gramática:
- O verbo: Estrutura. (Páxina 198-199)

Literatura:
- O xénero dramático (páx. 202-203)
- LETRAS GALEGAS 2019: Antón Fraguas (no blog ou na libreta)


UNIDADE 10-11 e 12
Os nomes das cousas:
- Os oficios (páx.214)
- A antonimia(páx.215)

Ortografía:
-Uso do "V"(páx. 217)
- Uso do "H"(páx. 237)

Gramática:
- O verbo: regulares, con alternancia vocálica (ver na libreta ou no blog) e irregulares (Páxina 218 e apéndice 276-277 e seguintes)

- A oración (ampliando o xa visto na 2ª avaliación)(páx.258-259)

Literatura:
- Subxéneros dramáticos (páx. 222-223)


Plan lector: Proba de lectura independente presentando os resumos de cada capítulo
O can dos Baskervile de A. Conan Doyle
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-06-2019 07:49
# Ligazón permanente a este artigo
3ª Avaliación 2019
UNIDADE 8:
Os nomes das cousas:
- Os animais (páx.166)
- O campo semántico (páx.167)

Ortografía:
- Signos de puntuación: As maiúsculas (páx.169)

Gramática:
- Os pronomes persoais átonos:(páx.170-171) repaso do 2º avaliación.

Obradoiro de expresión:
- O himno galego (ver blog)

UNIDADE 9:
Os nomes das cousas:
- Os deportes (páx.194)
- A sinonimia(páx.195)

Ortografía:
-Uso do "B"(páx. 197)

Gramática:
- O verbo: Estrutura. (Páxina 198-199)

Literatura:
- O xénero dramático (páx. 202-203)
- LETRAS GALEGAS 2019: Antón Fraguas (no blog ou na libreta)

Tradición oral:
- O lobishome ou lobo da xente (resumos na libreta)

Lingua e Sociedade:
- Prexuízos lingüísticos I (páx. 196)

Obradoiro de expresión:
- A noticia (páx.193)

UNIDADE 10-11 e 12
Os nomes das cousas:
- Os oficios (páx.214)
- A antonimia(páx.215)

Ortografía:
-Uso do "V"(páx. 217)
- Uso do "H"(páx. 237)

Gramática:
- O verbo: regulares, con alternancia vocálica (ver na libreta ou no blog) e irregulares (Páxina 218 e apéndice 276-277 e seguintes)
- Preposición, conxuncións e adverbios ( páx. 238-239).
- A oración (ampliando o xa visto na 2ª avaliación)(páx.258-259)

Literatura:
- Subxéneros dramáticos (páx. 222-223)

Lingua e Sociedade:
- Prexuízos lingüísticos II (páx. 216)

Plan lector: Proba de lectura independente cos resumos de cada capítulo (venres 6 de xuño)
O can dos Baskervile de A. Conan Doyle
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-05-2019 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
ANTÓN FRAGUAS, LETRAS GALEGAS 2019


BIOGRAFÍA NA RAG

EXPOSICIÓN: INSUELA

GUÍA DIDÁCTICA E ACTIVIDADES DA EXPOSICIÓN

Léxico: Os seres máxicos do universo de Fraguas


Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 07-05-2019 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de Teatro no San Narciso do 11 de abril.
Para celebrar o Día do Teatro e o Día da Poesía, cada curso preparamos unha pequena intervención para recitar ou representar pequenas escenas de teatro en diversos idiomas.

A nós tocounos algo realmente complexo, o recitado dunha peza en francés de Louane Emera unha cantautora e actriz francesa da que escollemos Je vais t'aimer...

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-04-2019 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [5] [6] [7] 8 [9] [10] [11] ... [45]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0