blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS HERBAS DE SAN XOÁN
Debemos preguntar nas nosas casas e aos nosos maiores cales son as Herbas de San Xoán. Peropara quen non poida botádelle un ollo a este vídeo:

Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 24-06-2021 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
CONTIDOS PROBA DE RECUPERACIÓN
Repaso 3ª avaliación:

LÉXICO: Os oficios. (páx. 214)
Sinonimia/Antonimia páx. 195- 215
Tipos de topónimos (ver no blog)

GRAMÁTICA:
Verbos IRREGULARES (páx. 218 e apéndice 276 e seguintes)
Palabras Invariables: Preposicións, Adverbios e Conxuncións (Páx. 238-239)

ORTOGRAFÍA: V/B e H (páx.197, 217, 237)

LINGUA E SOCIEDADE (EXPRESIÓN): Que aprendín neste curso de galego?.

LITERATURA: O Teatro. Subxéneros dramáticos (Castelao) páx. 222-223
Letras Galegas 2021.

Tradición Oral: As Mouras (resumos na libreta ou no blog)

2ª avaliación

LÉXICO: A Casa (no blog)
Campo semántico/ familia léxica.

GRAMÁTICA: Pronomes persoais átonos (páx. 150-151- 170-171 ou no blog).

ORTOGRAFÍA: Acentuación diacrítica.

LINGUA E SOCIEDADE: As variedades da lingua (páx. 108)

Literatura: Xénero da Lírica (páx 114-115) e Rosalía de Castro (no blog ou na libreta)

Tradición oral: Lobishomes (no blog ou na libreta)


Repaso 1ª avaliación:

LÉXICO: O corpo humano

GRAMÁTICA:
Clases de palabras. As palabras variables. O xénero e o número de substantivos e adxectvos.
Verbos Regulares.(páx. 198-199 ou no blog)

ORTOGRAFÍA: Acentuación.

LINGUA E SOCIEDADE: As linguas da península. A perda de falantes dos últimos 100 anos. (no blog ou na libreta)

LITERATURA: Xénero narrativo. A novela, o conto e o mito.

TRADICIÓN ORAL: A Compaña.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2021 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Contidos 3ª Avaliación
UNIDADE 9:
Os nomes das cousas:
- Os deportes (páx.194)
- A sinonimia(páx.195)

Ortografía:
-Uso do "B"(páx. 197)

Gramática:
- O verbo: Estrutura. (Páxina 198-199)
- Repaso de Pronomes persoais átonos.
Literatura:
- O xénero dramático (páx. 202-203)
- LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS (no blog ou na libreta)

Tradición oral:
- Os Mouros e As Mouras (resumos na libreta)

Lingua e Sociedade:
- Prexuízos lingüísticos I (páx. 196)

Obradoiro de expresión:
- A noticia (páx.193)

UNIDADE 10-11 e 12
Os nomes das cousas:
- Os oficios (páx.214)
- A antonimia(páx.215)
- Polisemia
- Homonimia

Ortografía:
- Uso do "V"(páx. 217)
- Uso do "H"(páx. 237)

Gramática:
- Os verbos irregulares (Páxina 218 e apéndice 276-277 e seguintes)
- Preposición, conxuncións e adverbios (páx. 238-239).

Literatura:
- Subxéneros dramáticos (páx. 222-223)

Lingua e Sociedade:
- Prexuízos lingüísticos II (páx. 216)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2021 20:29
# Ligazón permanente a este artigo
OS MOUROS E AS MOURAS



A PENA DA MOURA DE REMESAR

A MOURA PRETA DE REDONDELA
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 27-05-2021 06:37
# Ligazón permanente a este artigo
O TRASNO DAS LETRAS GALEGAS

Éche este transno coma todos os trasnos aos que lles gusta revolver e facer trasnadas na casa na que entran, pero á vez é moi particular, porque só vai a aquelas casas ás que lle invitan por carta a entrar e só aparece nelas na noite do 16 para o 17 de maio. O máis característico deste trasno é que tras facer das súas pola casa adiante deixa un agasallo como compensación que pode ser un libro, un CD ou un cómic sempre, sempre, sempre en galego. Adoita deixalo nos lugares máis insospeitados, gústalle por exemplo meter os libros na neveira á que acode con frecuencia na procura de leite durante a noite.

Este curso comezou visitando xa algunhas casas despois de recibir cartas como estas:

Estimado Trasno das Letras Galegas:
Ata hoxe non te coñecía, pero agora que sei das cousas xenais que fas encantaríame que me fixeras unha visita. Como sei que che encanta, douche permiso para desordenar todos os currunchos da miña casa e se pode ser, tráeme algún libro en galego e agáchao onde queiras. Entendo que non queiras que te vexa, xa que sei que non che gusta, pero por favor, vén a verme o Día das Letras Galegas será todo máis divertido. Espero a túa visita!!



Querido Trasno Das Letras Galegas:

Quería dicirche que este ano fun unha boa rapaza e que me gusta falar galego coma ti xa sabes, e non estaría mal que me trouxeras un libro, porque xa nos estamos achegando ao Día das Letras Galegas. Eu teño moitos libros, pero a gran maioría son en castelán, entón quero que ti me agasalles un en galego.
Non me revolvas moito a casa, por favor!

Un saúdo!


(Ilustración de Antía Argibay e textos de Paula Rosales e Emma Freire)
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 22-05-2021 07:55
# Ligazón permanente a este artigo
XELA ARIAS (Tríptico limiar)


Vide.
Convídovos ó espectáculo de non ser para ser de todo.
Vide que vos convido
a vos ver.
Ven que te reto
a te ver a ti desde ti en ti.

Hasme oír, hasme oír:
agora busco que coxugues
ben o verbo dos posibles,
e que ti esquezas esa radio de cousas previas
amarrada sempre ós pensamentos,
sempre ós pensamentos.

Incéndiate
á calor da observación.
E repasa logo a ollada
no pouso dos afectos.

Hasme oír, hasme oír: deixa
que te percibas a ti,
que te percibas
tamén ti atropelada das palabras,
á procura de trazos que nos
describan.
que nos describan.
Intempestiva,
serse intempestiva.

E domea-la furia, e domea-la furia, e domea-la furia
á procura
da froita
madura.

Vencerse é cousa
de se tratar.

DA SÚA VIDA E DA SÚA OBRA



DAS SÚAS CREACIÓNS



"FACENDO CORPO": Curiosear sobre tres facetas de Xela: A súa imaxe, un poema e a súa rebeldía.

- A miña foto preferida de Xela Arias.
- Un poema
- Unha visión da súa vida de rebeldía.
Comentarios (1) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 11-05-2021 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
CONTIDOS DO 3º AVANCE
UNIDADE 6
OS NOMES DAS COUSAS:
A comida páx. 126
A familia léxica páx. 127

GRAMÁTICA: Pronomes determinantes (II)
- Os pronomes cuantificadores, os identificadores, os interrogativos e exclamativos páx. 130-131

LITERATURA: A lírica: métrica e rima. Tipos de estrofas páx. 134-135.

UNIDADE 7
OS NOMES DAS COUSAS:
-A paisaxe páx. 148
-Os Tipos de Topónimos (blog e/ ou libreta)

LITERATURA
- Tipos de estrofas páx. 154-155.

UNIDADE 8
EXPRESIÓN: O diálogo. Características lingüísticas e ortográficas. Estilo directo e indirecto. páx. 165

OS NOMES DAS COUSAS
Os animais páx. 166
O campo semántico páx. 167

UNIDADE 9-10
O verbo. Conxugacións, lexemas e desinencias páx. 198-199
Verbos regulares e irregulares páx 218

GRAMÁTICA: OS VERBOS REGULARES e IRREGULARES
Podes consultar no libro do terceiro trimestre páxinas 275-277.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-04-2021 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
Os verbos regulares e irregulares en Galego

Para estudar e saber os verbos en galego é útil usar unha táboa para ver cal é a súa estrutura.

Dintinguiremos verbo Regular do Irregular polo seu lexema. Fíxate nas diferenzas entre un verbo regular e outro irregular
Regular: cant-o, cant-aba, cant-arei, cant-ei
Irregular: fag-o, fac-ía, fa-rei, fix-en

Consulta a táboa dos tempos e modos no verbo regular.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA GALEGA - Publicado o 26-04-2021 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
TIPOS DE TOPÓNIMOS: Recuperando os microtopónimos de Marín

TIPOS DE TOPÓNIMOS
Podemos establecer distintos criterios para clasificar os topónimos pola entidade (tamaño do territorio ao que se fai referencia) xa falamos de:
Macrotopónimos: Galicia, Pontevedra(provincia), Marín
Microtopónimos: Chan do Monte, A Suvidá, A Mouta…

Pero as tipoloxías máis usuais responden a:
A) Tipos de topónimos segundo o seu significado
B) Tipos de topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe

POLO SEU SIGNIFICADO
A) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo ao significado, usaremos a seguinte tipoloxía:

Oronimia ou orotopónimos: Referidos a xeografía ou forma do terreo (As Pedreiras, Arealonga, Penizas, Cantodarea, Mogor, Chan do Monte, O Montecelo, Seixo, O Tombo…)

Hidronimia ou hidrotopónimos: relacionados coa auga (Fonfría, A Lagoa, As Regueiras, Sar…)

Fitonimia ou fitotopónimos: relacionados coa vexetación (O Carballal, O Cerqueiro, O Fragueiro, O Loureiro, O Souto, O Toxal, O Xestal…)

Zoonimia ou zootopónimos: relacionados con animais (O Cabalón, O Chirléu, O Formigoso, A Moscosa, Niñada, A Toupeira…)

Antrotopónimos (etnotopónimos): Derivados de nomes de persoas, xentilicios ( Ardán, Novexil, Omil, Pidre, Marín, Mimáns, O Rial…)

Haxiotopónimos: Relacionados coa relixión (San Xián, O Santo, As Cregas, Santomé…)

Outras categorías:
Situación e aspecto: Descrición do espazo (Asperela, Branco, Cabodavila, A Costa, Redondo…)

Agrícolas e servidume: Patrimonio, oficios e usos agrícolas ou poboacionais (Agrela, Batán, A Calzada, O Campo, A Corredoira, Currás, A Pastoriza, A Pesqueira…)

POLA SÚA ORIXE

B) Seguindo a Elixio Rivas e atendendo á orixe ou etapa de nacemento, imos falar dos seguintes tipos de topónimos sen entrar a máis profundidades nesta tipoloxía realmente complexa e aberta a debates:
Topónimos segundo á etapa ou época da súa orixe antes ou despois de Roma:
- PREROMANOS: Adoitan ser menos transparente o seu significado: Gagán, Mogor, Sar... son máis abundantes entre os orónimos ou hidrónimos.
- POSROMANOS: Son de significado máis evidente: Marín, Portocelo, O Peirao...



RECUPERANDO OS MICROTOPÓNIMOS DE MARÍN

Trátase dun exercicio para lograr recuperar o maior número posible de microtopónimos de Marín.

1º Teremos que consultar nas nosas casas para que nos indiquen os nomes dos lugares máis próximos á nosa casa ou aos lugares de residencia dalgún familiar ou ambas cousas.

2º Localizar nun plano dos cadrantes do mapa do noso blog da Toponimia de Marín escritos con números os lugares recollidos e logo engadir a listaxe numerada cos nomes dos microtopónimos.

3º Comezar a investigar sobre a orixe e significado dos topónimos que se logren reunir na aula.
Comentarios (0) - Categoría: TOPONIMIA - Publicado o 20-04-2021 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
PARA UN DÍA DO TEATRO

EN QUE CONSISTE O TEATRO?


Afonso Daniel Rodríguez CASTELAO:Vida e obra.
Naveu en Rianxo un 30 de xaneiro de 1886. Con once anos reúnese co seu pai e nai en 1895 como emigrado en Arxentina. Volve a estudar a Galiza Mediciña en Compostaela. Pero será unha profesión que non exerza: "Fixen mediciña por amor ao meu pai, pero deixei a medidiña por amor á humanidade". Gustáballe a arte e pintar e especializouse na caricatura.

Debuxante: Comeza a colaborar en 1911 revistas e prensa cos seus debuxos algo qu enon deixará de facer. Son moi coñecidas as súas caricaturas publicadas baixo o título: "Cousas da vida". Traballará logo en Pontevedra a ata 1936 para o Instituto de Estatística onde comezarán os seus contactos co Galeguismo que dará paso a súa vida política. Outros traballos gráficos serán Galicia Mártir, "Atila en Galiza" ou "As cruces de pedra na Galiza"

Político: Membro fundador do Partido Galeguista promoverá a craeción do 1º Estatuto de Autonomía de Galicia que s eaprobará en referendo en 1936. Razón pola cal Castelao estará en Madrid cando se produce o Golpe de estado de Franco e a Guerra civil. Esta é a causa que provocará o seu exilio en América e a súa participación co goberno republicano exiliado. Durante a

Escritor: a)Ensaísta. Coñecemos xa algúns textos do seu libro Sempre en Galiza
b) Como narrador ten novelas como: Os dous de sempre, pero destaca tamén bna creación de relatos curtos como: Cousas, Retrincos.
c) Como dramaturgo ou autor teatral só escribe unha das referencias paara o teatro moderno en galego: Os vellos non deben namorarse que estrea en 1941 en Arxentina ao non poder volver a Galiza a causa do triunfo do Franquismo.

Castelao morrerá sen poder volver a súa terra en 7 de xaneiro do ano 1950.

OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE
Comentarios (0) - Categoría: TEATRO - Publicado o 25-03-2021 07:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0