blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

AS TRECE LÚAS

As trece lúas conforman o ciclo de Nadal que arredor do Solsticio de Inverno e as súas vellas tradicións fusionadas co Cristianismo viven na tradición de Galicia.

Hoxe celebramos as festas do nacemento de Xesús, a Luz e a Vida, os primeiros cristiáns fixéronas coincidir co Solsticio de inverno.

O SOL E A LÚA E O NADAL

O ano solar de 365 días (a non ser o bisexto de 366) e o ano lunar 354 días (logo o ano solar son case 13 ciclos da lúa) non coinciden.

Da noite de Nadal (24 decembro) á de Reis (6 de xaneiro) van 13 lúas tamén.

Os deuses do sol no Mediterráneo (como o exipcio Horus ou grego Helios, tamén romanos, hindús, tibetanos…) celebrados no solsticio de inverno como Xesús Cristo.

CELEBRACIÓNS DE GALICIA NAS TRECE LÚAS
24 Nadal: Noiteboa
Tizón de Nadal
Bacallau e pan de noces
Roldas de paxoliñas, vilancicos e a misa do galo.
Nadais e aguinaldos.
28 de decembro: Santos Inocentes e outras trasnadas.
31 de decembro: Noitevella.
Lumeiras e o Apalpador.
Aninovos e Manueles.
A Noite de Reis do 5 de xaneiro.
Cantos e Danzas de Reis (Fin do mundo,
reixes do Cebreiro… precedentes do Entroido)


Pero de onde saíron logo a Arboriña de Nadal e papá Noel?

Son dous elementos que tradicionalmente, hai cincuenta anos comezaron a introducirse nas nosas casas por influencia doutras culturas.
Nós celebrabamos o Nadal con beléns e cántigas, e aínda que había tamén figuras como o Apalpador nas montañas de Lugo e Ourense, en xeral esperabamos os agasallos na noite de Reis.
Había dous lugares para comunicarse coas divinidades antigamente:

O primeiro era o fanum, que era un lugar sen construcción onde se manifesta a divindade (árbore, fonte ou rocha) logo mellor que culto ás árbores será nas árbores!
O segundo o templum, que era unha edificación feita polos humanos para un deus; por iso moitos templos teñen árbores, fontes ou rochas sagradas asociadas a ese novo lugar de culto.

Logo levamos ás casas a árbore sagrada: Nesa árbore colgábanse as candeas que simbolizaban a volta do sol e a esperanza no renacer fértil do ano, os froitos, viandas, simbolizadas nos agasallos e outros adornos. Así o fanum ou o templum e o poder máxico desexado están dalgún xeito nas nosas casas.

O Cristianismo cando se oficializou a relixión por parte do Imperio Romano fixo coincidir a festa do Solsticio coa chegada ao mundo do Neno Xesús simbolizando a luz e a vida, os mesmos atributos que tiña o Sol Invictus.

O APALPADOR

Camiñando entre a Noite Boa e a Noite Vella non podemos esquecer unha figura tradicional das nosas montañas como o Apalpador.

CUESTIÓN: Investiga quen é esta figura do Apalpador.


Imos agora traballar un vilancico tradicional galego:
.

Este é o texto dunha panxoliña, é dicir, unha cantiga de nadal tradicional ou vilancico:

Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.

San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?


CUESTIÓN: Copia o texto no teu caderno para logo podelo comentar na aula.



Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 16-12-2021 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
CONTIDOS DA 1ª AVALIACIÓN
UNIDADE 2:

Obradoiro de expresión:(na aula e na libreta)
Resumo escrito de textos e audiovisuais.
A LINGUA DOS AVÓS/AVOAS (Ver árbore xenealóxica 1º ESO A 2021-22)
Non esquecer repasar as causas da perda de galego falantes nestes 100 últimos anos. Podes velas na libreta tamén.

Lingua e sociedade:
As linguas románicas páx. 40. (no blog)

Ortografía:
As regras de acentuación páx. 41

Tradición oral: MES DE DEFUNTOS (blog e libreta)

UNIDADE 3:
Os nomes das cousas: saúde e enfermidade páx. 58

O léxico da morte (ver blog)

A derivación: Tipos de sufixos páx. 59

Obradoiro de expresión:
Textos en prosa: Narración e descrición. Resumos.

Lingua e sociedade:
As linguas da península páx. 60 (no blog)

Ortografía:
Casos especiais de acentuación páx. 61

Gramática:
O substantivo: xénero e número páx. 62-63
A coherencia textual(I) páx. 65 (importante para crear textos como os resumos diarios).


UNIDADE 4
Os nomes das cousas: A roupa e os complementos páx. 78

A composición: páx. 79

Ortografía: O Acento diacrítico páx. 81

Gramática o Adxectivo tipos. Xénero e número. O grao do adxectivo páx. 82-83

A coherencia (II) páx. 85

Literatura: Os subxéneros narrativos: Conto, lenda, mito e novela. páx, 86-87

* Obradoiro de expresión: O Blog (non entra como pregunta do exame, pero o uso axeitado do blog da materia será neceario para incorporar os coñecementos precisos para esta proba)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-11-2021 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
A ÁRBORE FILOLÓXICA DE 1º ESO A 2021-22

Analicemos agor aestes datos e as causas da perda de galegofalantes nestes cen últimos anos
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 18-11-2021 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Mes de Defuntos


Por que estamos no mes de Defuntos?

Morte Branca e Morte Moura

O paxaro da Morte

As LUCIÑAS E OS RUÍNS

ÁNIMAS DO PURGATORIO E PANTASMAS
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 01-11-2021 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Contidos do 1º avance do curso
UNIDADE CERO

O CAMIÑO DA IDENTIDADE

UNIDADE 1: A LINGUA DOS NOSOS AVOS/AS
Actividades no Blog sobre: O nome de Galicia
e as linguas do Mundo.


- EXPRESIÓN: A descrición páx. 17 do libro.
- OS NOMES DAS COUSAS:
- As partes do corpo páx. 18...
ver no blog.léxico do corpo
- Léxico da aula.
- A formación de palabras páx. 19

-LINGUA E SOCIEDADE:
- As linguas do mundo páx 20 e o blog: O galego, a lingua que nos identifica.

ORTOGRAFÍA: -A sílaba o ditongo e os hiatos páx. 21.

GRAMÁTICA:
- A comunicación páx. 22
- A estrutura da palabra e as clases de palabras de palabras páx. 23
- O texto e as súas propiedades páx. 26

LITERATURA: O texto literario e os xéneros literarios páx. 26-27

UNIDADE 2 e 3:
LÉXICO: A derivación: prefixos páx. 39
ORTOGRAFÍA: As regras de acentuación páx.41
GRAMÁTICA: O Substantivo: tipos páx. 42-43
LITERATURA: O xénero narrativo páx. 46-47 e 66-67

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-10-2021 06:10
# Ligazón permanente a este artigo
Aprendendo os nomes das cousas

Imos procurar incrementar o noso vocabulario, coñecer máis palabras que podamos usar cada día e comezaremos por dous campos semánticos que ben próximos a nós:

O CORPO HUMANO

NA AULA
Comentarios (0) - Categoría: O NOME DAS COUSAS - Publicado o 03-10-2021 07:53
# Ligazón permanente a este artigo
90 aniversario

Tal día coma hoxe, hai 90 anos, Clara Campoamor conseguía que se aprobase no Congreso o sufraxio feminino.

"A única maneira de camiñar para exercer a liberdade é camiñar dentro da liberdade"
Comentarios (0) - Categoría: VOZ DE MULLER - Publicado o 01-10-2021 06:20
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA DOS NOSOS AVÓS/ AS

IGUAIS, PERO DIFERENTES.
Como unha especie de ponte cara ao primeiro tema do libro imos falar da identidade, que aínda que é unha palabra cuxo sinónimo é ?igualdade?(se es idéntico a alguén, es igual a esa persoa) curiosamente é unha cualidade que nos fai realmente distintos a uns dos outros. Aplicado este termo a unha comunidade estable en relación coa Natureza, ao longo da Historia, nun Territorio, cunha Cultura e unha Lingua propias, fai de nós un país.

Vaiamos ao dicionario: IDENTIDADE: Conxunto de características ou elementos que definen unha persoa ou cousa fronte ás demais, o que fai que sexa recoñecida como tal.


LINGUA, HISTORIA E SOCIEDADE.

Como somos seres que vivimos en sociedade, como somos persoas con Historia insertos nunha comunidade con pasado imos reparar na nosa árbore filolóxica ou de identidade para saber de quen veño sendo eu, cales son as raíces idiomáticas que me unen a esta Terra que se chama Galicia, para logo poder analizar o presente e mesmo planear a miña actitude futura cara ao galego. Unha autora moi nova, Berta Dávila, dixo recentemente nunha entrevista:
"...a identidade pasa por entender quen somos, quen fomos e por que somos. Somos en función do pasado, do que fomos antes"? ? a lingua vennos dada, pero nunha situación de conflito como a que temos nós, tamén é unha elección.?


NA PROCURA DA ETIMOLOXíA DA PALABRA: GALICIA

Etimos + logos son dúas palabras gregas en orixe. Procurar a orixe verdadeira das palabras é buscar a etimoloxía dunha palabra, indagar de onde procede e cal é o seu significado orixinario.

Imos saber hoxe de onde procede a palabra GALICIA, quen nos puxo este nome, e mesmo coñecer un sufixo moi usado na nosa lingua, tanto que aparece na palabra gal-ego. Visualiza este dous vídeos e logo responde as cuestións:






Cuestións:
1- Cal é o obxectivo do micro programa "Ben falado"?
2- O galego vén do latín, o latín vén a ser a nai da nosa lingua, pero quen é a avoa do galego?
3- Quen lle puxo o nome de Gallaecia a Nosa Terra:
4- Dos sufixos latinos aic /eic = -ego naceu un sufixo moi galego. Cita tres palabras que o conteñan.
5- Por que cres que a montaxe que inclúe o primeiro dos vídeos denomínase "palabras milenarias"? Argumenta a resposta.

6- "Chover miudiño" e ?ás cuncas" ou "a cachón?, "a caldeiro"... Que diferenza hai?
7- Cal é a etimoloxía de "Galicia"ou de Callaecia?
8- O galego forma parte do privilexiado 5% que significa isto?
9-En que continentes hai máis linguas?
10-Cantas das linguas do mundo se falan en Europa?
11-De quen depende a continuidade das nosas linguas?
12- Expresa coas túas palabras como cres que nace un idioma e por que é tan importante a súa pervivencia no mundo.


PROXECTO DE AULA: DA LINGUA DE 1900 ATA HOXE Indaga logo: E TI DE QUEN VÉS SENDO? .
A MIÑA ÁRBORE DE IDENTIDADE
1º Que falaban os meus bisavós entre eles e que lle falaron aos meus avós?
2º Que falaban os meus avós paternos entre eles e que lle falaron aos meus pais? / que falaban meus avós maternos e que lle falaron a miña nai? Uns e outros, sobre que ano naceron, onde viviron, que oficio tiveron? Todas estas cousas influiron no idioma que falan.
3º Que fala o meu pai coa miña nai e en que idioma me fala a min?/ en que idioma fala miña nai ao meu pai e en que idioma me fala ela a min?
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 26-09-2021 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
O CAMIÑO DA IDENTIDADE

Benvidos/as a este curso 2021/2022 e a esta vosa materia de galego na etapa da ESO. Imos dar os primeiros pasos, como non, poñendo a mirada ao que deixamos atrás para percibir mellor a dimensión do camiño que se nos abre na Secundaria que hoxe comezamos.
Que significa, por que agora afrontamos este cambio e, sobre todo, para que emprendemos esta nova viaxe? Que pinta o galego en todo isto?

Imos ir respondendo a estas preguntas servíndonos dos seguintes textos:

A LINGUA FAINOS HUMANOS

UNHA LINGUA QUE NOS FAI ORIXINAIS E UNIVERSAIS

A LINGUA; O DEREITO A SERMOS DIFERENTES

O IDIOMA A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO



No Día Europeo das Linguas e da Tradución ímolo celebrar co noso idioma:

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor
o murmurio do vento
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén
se perdemos a fala
non seremos ninguén.

O idioma é o amor
o latexo, a verdade
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer

precisamos a lingua
se queremos vencer.

Manuel María.

11- PROXECTO DE AULA DA UNIDADE 0: O poeta emprega unha morea de metáforas para definir o idioma: Unha metáfora é unha identificación dun termo real (o idioma) cun termo imaxinario ( a chave) que é posible porque hai un elemento que as une (o idioma e a chave abren algo).

Atopa outras dúas metáforas no poema e indica cal é o seu termo real e o imaxinario.

12- Crea a túa propia metáfora e logo, reunindo todas as da clase, será a primeira banda deseñada do curso coas distintas ideas que realicemos.
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 14-09-2021 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
CONTIDOS DA PROBA DE SETEMBRO 2021
1- GRAMÁTICA:
- Tipos de palabras (páx. 23) Variables e invariables.
- O xénero e o número de substantivos e adxectivos. Páx. 62-63
- Pronomes átonos e tónicos (páx. 150-151 e 170-171 do libro)
- Verbos regulares (ademais do libro, anexo páx. 275, no blog ou na libreta).
- A colocación pronomes átonos (páx. 170-171 do libro repaso 2ª avaliación) (Exercicios prácticos) No blog.
- Verbos irregulares (páx.218 e no anexo: 276-280).

2-LÉXICO E ORTOGRAFÍA, PRODUCIÓN DE TEXTOS, EXPRESIÓN ORAL E ESCRITA.(Acentuación, casos especiais e acento diacrítico páx. 41,61 e 81 e repaso aos signos de puntuación na segunda avaliación). ORTOGRAFÍA: Uso do V/B e H (páx.197, 217, 237)
Vocabularios específicos: A Corpo humano no blog.
A Casa no blog
Campo semántico/ A familia léxica. (Páx.167, 127)
Os oficios. (páx. 214)
Sinonimia/Antonimia páx. 195- 215
Tipos de topónimos (ver no blog)

3- LITERATURA: Xéneros literarios: Xénero narrativo. A estrutura narrativa: argumento, narradores, personaxes, tempos (interno –externo) e espazo. (páx. 46-47, 66-67)
- A autora do Día das Letras Galegas 2021.
A Lírica (páx.114-115). O teatro (páx. 202-203 e 222 -223 do libro).

4- SOCIOLINGÜÍSTICA: As linguas da península.
As variedades da lingua (páx. 108)
A perda de falantes dos últimos 100 anos. (no blog ou na libreta)

5- TRADICIÓN ORAL: Os lobishomes, Os Mouras e Mouras (no blog e libreta do curso)
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-06-2021 04:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0