blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Florencio Delgado Gurriarán 2022
Este ano o Día das Letras celebra a un autor de Valdeorras: Florencio Delgado Gurriarán:


CUESTIONARIO SOBRE a VIDA e A OBRA de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
1- Onde e en que ano naceu?
2- Que é o exilio?
3- Cal foi o motivo do seu exilio? Onde estivo exiliado?
4- Lembra que el é un poeta hilozoista que significa que dá voz á alma da paisaxe, faino coa personificación dos elementos que constitúen a paisaxe. Localiza e explica as personificacións nestes dous exemplos tirados dos versos do seu libro Bebedeira:
O ventiño namorouse
da rosa dunha roseira.
Negoulle a roseira a rosa
e o vento fuxiu con ela.


Casou don Godello
con dona Mencía
e van pór a casa
polo “ val das viñas”



5- Florencio dise que é o cantor de Valdeorras por que? En que libros ten moi presenta a paisaxe e a fala desta comarca?

Valdeorras
Miña noiva
Miña terra;
Á beira do Sil deitada,
Para ollar a túa beleza
do mesmo xeito que a “ Venus
do espello”, nel se contempla.

6- Florencio tamén é un poeta civil, das libertades e combativo. O seu libro Cancioneiro da loita galega inicia esta temática, cal foi a causa que provocou este poemario?



7-A nova etapa da vida que inicia en México ten os seus froitos literarios, que libro escribe en 1963 como se reflicte ou se entende a galeguidade nesta obra?

8- Dise que Florencio foi unha ponte entre os galegos que vivían en Galicia e os galegos do exilio ou emigrados. Que ten isto que ver coa revista Vieiros?

9- Co libro Cantarenas escrito en 1981, o autor comeza un regreso a que lugares e a que estilo?

10- Explica o fío condutor do seu derradeiro libro.

11- Que son os prexuízos lingüísticos? Cal é o tema que trata nos seguintes versos?

Volten, de Valdeorras, os nomes xenuinos:
Non máis “Correjanes” nin “vega Molinos”;
sín Veiga Muiños e máis Correxais,
pois xa os “castrapismos” están por demáis


O crego da aldea
do inferno a berrar
pra meterlle medo
ao pobre aldeán
FALA CASTELÁN.

O señoritiño
da vila de Tal,
con vento na testa,
sen calos na man,
FALA CASTELÁN.


12. Florencio morreu en América, en que ano? Como volvería ao pobo natal?
¡Quén, no teu tépedo colo,
pra sempre acougar poidera!
¡quén poidera, cos teus brazos,
cinguirse en eterna aperta!

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 09-05-2022 06:20
# Ligazón permanente a este artigo
IMOS Á PRAZA DE ABASTOS



A ACTIVIDADE: Reúne 50 palabras con produtos do mar que poidas atopar nunha Praza de Abastos.
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 01-04-2022 06:41
# Ligazón permanente a este artigo
CONTIDOS PARA 2ª AVALIACIÓN

UNIDADE 5:
Gramática: Tipos de pronomes. Demostrativos e posesivos.(páx. 110,111)

Literatura: A lírica I (páx. 114-115)

Tradición oral: Os Lobishomes.(Na libreta)

UNIDADE 6:
Léxico A comida pax. 126
A Familia léxica páx. 127

Pronomes determinantes II : Cuantificadores páx. 130, Identificadores, interrogativos e exclamativos pax. 131

A lírica (II) A rima páx. 134- As estrofas: 135

UNIDADE 7:
Léxico . A paisaxe páx. 146
Ortografía Signos de puntuación (III) Dous Puntos e puntos suspensivos 149
Gramática: Pronomes persoais tónicos (páx.150-151)
Lírica (III) Estrofas páx 154 Romance e soneto.páx. 155

LITERATURA: ROSALÍA DE CASTRO Vida e obra
Temas recorrentes nas súas obras en galego.

UNIDADE 8:
Gramática: Pronomes persoais átonos. (páx.170-171)
No blog Colocación dos pronomes átonos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-03-2022 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
MEMORIAS DUN NENO LABREGO (LECTURA)

Imos ler esta obra clásica que significará un pequeno paso máis na vosa formación como lectores. Trátase de ler un texto clásico das letras galegas que é unha obra recoñecida, tanto en galicia como fóra (por ser unha traducida a moitas linguas).

Esta lectura presentará as seguintes dificultades:

- Un léxico específico
- Sitúanos nos anos 40 do século pasado
- Desenvólvese nun mundo rural

Para axudarvos envíovos un vocabulario coas palabras que seguro precisaredes consultar e que non sempre é doado atopalas nos dicionarios.

Imos ler cada capítulo e resumindo o seu contido para podelo logo lembrar na proba de lectura e comprensión que realizaremos ao rematala de ler.

RESUMO DO CAPÍTULO PRIMEIRO
O primeiro dos capítulos é a presentación do personaxe principal, Balbino, que se define como alguén sen importancia e pobre en oposición a outro personaxe, Manolito, ao que se repecta. É un neno de aldea fronte aos da vila. Está desexoso de ver mundo porque a aldea lle queda pequena e vese triste como os seus semellantes, tamén de escribir un libro. Finalmente dinos que escribe as súas reflexións sobre o mundo que adoece por entender e que a ninguén conta pois pensa que igual está algo tolo. Escribe para envorcar os seus sentimentos cada noite e liberarse desa pobreza que o abafa.

Narrador protagonista, é o personaxe principal, aínda que retrata tamén aos que son coma el de aldea. Outros personaxes con certos trazos de antagonistas: son Manolito (ao que se lle respecta) e os nenos da vila (distintos dos da aldea). Cítase a un tal Landeiro do que se di que lle deu un libro escrito por Smith.

O espazo ao que fai referencia é unha aldea galega, aínda que fala en concreto dende unha casa, a de Landeiro, na que vive e escribe.
Os tempos son imprecisos ao realizar unha reflexión sobre a súa curta vida no verán e no inverno, unha revisión do seu pasado dá a impresión dun tempo interno dunha secuencia reducida de varios anos da súa infancia na aldea na casa onde naceu e criou. O tempo externo: Os anos 40.
Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 25-02-2022 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA POETA SEN FRONTEIRAS


Imos celebrar o Día de Rosalía realizando unha aproximacción á figura da autora con estes tres obxectivos:

1º Realizar unha biografía: Rosalía libre de pensamento
2º Ler os seus textos: Poemas de Rosalía
3º Recitar de memoria os seus versos.

Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 21-02-2022 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
A PENA DA MOURA DE REMESAR


Despois de visualizar o vídeo, resumimos o seu contido.
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 03-02-2022 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
O DÍA NO QUE CASAN OS PAXAROS

AS CANDELAS

Na Candeloria , medio inverno fóra! Esta data do 2 de febreiro ten moitas referencias ao comezo dun cambio estacional, son anuncios previos do que a nivel festivo coñecemos como Entroido.
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 03-02-2022 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
Para o 2º Avance do curso 2021-22
Unidade 5

O NOME DAS COUSAS:
A casa páx. 106
No blog a casa rural
Para un contexto máis urbano: O barrio da cidade.

A parasintaxe páx. 107

GRAMÁTICA: Os pronomes persoais: tónicos e átonos.
Estudalos pola libreta e polo blog.

- A colocación dos pronomes átonos.

LINGUA E SOCIEDADE:
As variedades da lingua páx. 108

LITERATURA (Tradición Oral na libreta): O país da Mourindade.

ORTOGRAFÍA e EXPRESIÓN: Como multiplicar por 100 o número de falantes da nosa lingua?

No anexo do libro do Primeiro trimestre:
- Lusofonía páx. 94-95

Cando vaias estudar a Lusofonía, non esquezas saber quen era Camoes e cal era o título da súa obra máis coñecida
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2022 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
O país dos mouros e das mouras


O país da Mourindade, é o pais da vella Gallaecia que estaba habitado por mouros e mouras que hoxe están enfeitizados e viven debaixo de castros, penedos e castelos (ou debaixo da auga das lagoas) tras ser derrotados por Carlomagno e os seus exércitos.

Os mouros déixanse ver por aqueles que eles queren e poden facer tratos cos humanos. O trato debe ser segredo, non se pode contar porque se non os tesouros prometidos en lugar de ouro convértense en carbón ou en cagallas.

As mouras, peiteándose a carón dunha fonte ou dunha cova tamén gardan tesouros e están encantadas polo que, quen as desencante debe ter o valor de bicar a unha cobra para a librar do encantamento, ademais, como non, de gardar o segredo do trato. As vinganzas polos incumprimentos son perigosas e temidas entre as xentes do común.
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 23-01-2022 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Imos cos Pronomes persoais en galego

Utiliza o enlace para ver e entender os cadros dos pronomes persoais e logo para saber como se colocan os pronomes átonos en galego.

Poderás facer multitude de exercicios para aprender a usalos ben.
Comentarios (0) - Categoría: GRAMÁTICA GALEGA - Publicado o 13-01-2022 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0