blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A LINGUA DOS NOSOS AVÓS E AVOAS 1º ESO A curso 22/23

Despois de analizar os resultados das enquisas da árbore filolóxica da clase intentamos dar resposta as preguntas que nos faciamos.
Cal é a razón de que o galego dende a época dos nosos avós/as a hoxe tivese un descenso considerable no número de falantes?:

Atopamos na aula inicialmente tres respostas posibles a esta cuestión tan complexa:
- A ditadura de Franco. O medo e a represión.
- O ser o castelán o único idioma oficial e das clases acomodadas, logo asociado ao éxito social e o galego ao idioma dos "pobres".
- O non nos falar os nosos pais/ nais en galego a nós a pesar de ter recuperado a Democracia.
- O feito de que haxa un ambiente pouco propicio (amigos/as, compañeiros de clase, etc) que só nos falen en castelán.

Iremos pois analizando estas respostas, unha a unha ao longo deste trimestre.
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 21-11-2022 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
RELATOS DO TEMPO DE DEFUNTOS

Iremos facendo memoria deste Tempo de Defuntos
MORTE BRANCA, MORTE MOURA
O PAXARO DA MORTE
AS LUCIÑAS
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 13-11-2022 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
DAS PALABRAS ÁS FRASES

Se non coñeces ben as clases de palabras que usamos en galego debes consultar as distintas categorías de palabras.

As frases son unidades superiores ás palabras, un conxunto de palabras relacionadas e con sentido, pero sen verbo. Imos trabalar con este tipo de unidades para comezar con est aparte da gramática que lle chamamos sintaxe.

Unha vez superado o exercicio de repaso das clases de palabras podes
entrar e ler no enlace Tipos de frases que son as frases simples, complexas e compostas antes de pasar a facer os exercicios e traballar con exemplos de cadaseu modelo analizándoas e tamén desenvolvendo a súa estrutura en árbore.

ACTIVIDADES SOBRE AS FRASES
1-Escribe no teu caderno un par de frases simples seguindo os modelos de análise da estrutura da mesma en árbore como aparece na ilustración.


2- Analiza as frases seguintes en forma de árbore:

A casa de Pedro.

O coche de portas amarelas.
Comentarios (2) - Categoría: GRAMÁTICA GALEGA - Publicado o 03-11-2022 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
TEMPO DE DEFUNTOS



TEMPO DE DEFUNTOS
Chega o Día de Defuntos. En todas as partes comezamos a ver cabazas que representan caras aterradoras que nos invitan a celebrar o Halloween. Pro atención!, non é americano todo o que parece. Ata hai trinta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai máis lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma do Samaín.

Hai aproximadamente 2600 anos chegaron a Galicia os pobos celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume) que representaban tanto forzas da natureza como as condicións do espírito. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios. En concreto a festa do 1 de novembro era na honra á deidade Samaín (as follas comezaban a caer, facíase de noite antes e a temperatura baixaba).

Igual que outros pobos, os celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra como o cerne dos misterios do ser humano. Crían que aquel que posuise unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma.
Cando chegaban as celebracións do Samaín (ao chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unhas candeas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruzamentos de camiños, nos arredores e nas murallas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos. Pensaban que tal día como ese as portas entre o mundo dos vivos e dos mortos estaban abertas, era un día en que os mortos e os vivos podían comunicarse.

É curioso que moitos anos despois o Cristianismo escolleu estas datas para celebraren o Día dos Defuntos e de Todos os Santos. Orixinalmente esta festa druídica celta chamábase "a vixilia de Samaín", así que de onde vén o nome de Halloween? Vén do intento de cristianizar esta festa pagá. Concretamente cando no ano 830 o papa Gregorio IV dedicou unha capela da igrexa vaticana a "Todos os Santos" o día 1 de novembro, mudando así a festa que antes se viña celebrando no mes de maio. O novo día foi chamada "Día de Todos os Santos" (ou All Hallow´s Day en inglés) e cedo chegou o costume de chamar á tardiña antes All Halloweén, que acurtando é Halloween.

Se se busca en libros de etnoloxía polas celebracións que se fan no noso país con ocasión do Día de Defuntos, atoparemos unha serie de costumes ancestrais propios. Desde deixar un oco na mesa ou racións de comida para os defuntos ata facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Portonovo, Quiroga)lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar os viandantes.


CUESTIÓNS:
Falaremos cos nosos familiares do que hoxe coñecemos como Samaín, pero ese non era o nome que lle daban os nosos avós e avoas a este costume de tallar calacús.

Preguntaremos nas casas e aos nosos familiares sobre que se adoita ou adoitaba facer nos días 1 e 2 de novembro tanto nos cemiterios como sobre todo nas casas. Que se vai facer no cemiterio? Antes facíase algo distinto ao que se fai estes día alí? Que se come ou comía tradicionalmente eses días? Por que? Que se facía despois da cea en relación cos defuntos?...
Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 27-10-2022 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Contidos do 1º avance do curso 22-23
LINGUA E SOCIEDADE
Unidade 0:
Galicia, o país das marabillas (I) (blog e libreta)
Comprensión lectora dos textos:
- A divesidade lingüística fainos humanos.
- O dereito a seren diferentes.
- Como seren orixinais no universo?

Galicia, o país das marabillas(e II)(blog e libreta)
- Como nace un idioma?
Cuestións a partir de documentos audiovisuais:
- Ben falado cap. 1 e 2.
Comprensión lectora:
- O idioma é a chave coa que abrimos o mundo.

Unidade 1 do libro.
COMUNICACIÓN E EXPRESIÓN
- A comunicación.páx. 8

LÉXICO
- Os dicionarios: polisemia das palabras (acepcións) páx. 14

ORTOGRAFÍA
- Regras de acentuación páx. 15

GRAMÁTICA
- A palabra. As clases de palabras. Variables e invariables. páx 16
- Os costituíntes da palabras: Os tipos de morfemas.
- Palabras simples, derivadas, compostas e parasintéticas. páx. 17

LITERATURA
- Que é a literatura? a linguaxe literaria. páx. 20
- Características e funcións da literatura.páx.20-21
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-10-2022 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA, O PAÍS DAS MARABILLAS (e II)

COMO NACE UN IDIOMA?

Un idioma nace das accións e reaccións seculares dunha comunidade de seres humanos coa Natureza nunha terra concreta.
Un idioma é coma unha persoa, ten unha nai, a terra na que nacerá, e un pai que adoita ser outro idioma.

O Latín é o idioma pai do galego,
como unha semente que trouxeron
os romanos a esta terra Gallaecia
hai 2000 anos e que medrou
coma un fillo.

O NOME DA TERRA
Visualiza os seguintes vídeos e logo responde as cuestións:





1- Cal é o obxectivo do micro programa "Ben falado"?
2- O galego vén do latín, o latín vén a ser a nai do galego, pero quen é a avoa da nosa lingua?
3- Quen lle puxo o nome de Gallaecia a Nosa Terra:
4- Dos sufixos latinas aic /aec = -ego naceu un sufixo moi galego. Cita tres palabras que o conteñan.
5- Por que cres que a montaxe que inclúe o primeiro dos vídeos denomínase "palabras milenarias"? Argumenta a resposta.
6- "Chover miudiño" e ?ás cuncas" ou "a cachón? Que diferenza hai?
7- Cal é a etimoloxía de "Galicia" de Callaecia?
8- O galego forma parte do privilexiado 5% que significa isto?
9-En que continentes hai máis linguas?
10-Cantas linguas do mundo hai en Europa?
11-De quen depende a continuidade das nosas linguas?
12- Despois de ler o seguinte texto e consultando as dúbidas de vocabulario que teñas, intenta expresar coas túas palabras o que nos quere dicir.

Un poema para comentar:

O IDIOMA É A CHAVE COA QUE ABRIMOS O MUNDO



O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor
o murmurio do vento
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén
se perdemos a fala
non seremos ninguén.

O idioma é o amor
o latexo, a verdade
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer
precisamos a lingua
se queremos vencer.
Manuel María.

Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 20-09-2022 23:20
# Ligazón permanente a este artigo
GALICIA O PAÍS DAS MARABILLAS (I)

Coñeces un relato que se titula: Alicia no país das marabillas?

É un relato de Lewis Carroll, un pseudónimo, dun autor galés no que unha nena chamada Alicia vive unha serie de aventuras nun mundo descoñecido tras quedarse trasposta. Logo de espertar percibe que dalgún xeito dita experiencia no mundo dos soños con cantidade de interrogantes e situacións novas e marabillosas servíllonlle para medrar como persoa.

Como verás ao longo do curso imos tentar que sexas como Alicia e que dalgún xeito coñezas mellor ese mundo marabilloso que se chama Galicia. Para iso deberás atreverte a liberar os soños da gaiola. Deberás desprenderte algo da túa inocencia infantil e entender mellor os dobres sentidos, os xogos de palabras e as metáforas da vida. Terás que saber saír do tobo, o que pode significar un sombreiro, coñecer a pedantería do croquet e algunha que outra palabra nova e máis dun personaxe mitolóxico do qu enon tiñas nin idea, tentarás xogar aos naipes por aburrimento e nunca esquecer o que é un sorriso. Daquela aprenderás a ousadía de colocarte ante o espello.

Consultas: No seguinte enlace podes consultar e curiosear sobre algunhas palabras que aparecen no relato de LeWis Carroll: Alicia no país das marabillas

Galicia somos nós:
a xente e maila fala.
Se buscas a Galicia,
en ti tes que atopala!

MANUEL MARÍA. Os soños na gaiola

A DIVERSIDADE LINGÜÏSTICA FAINOS HUMANOS

Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produce a sabedoría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais. Velaí vai a demostración: Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal.
CASTELAO, Sempre en Galiza

Cuestións:
1- Por que cres que pode haber algúns homes que poidan sentir envexa das formigas e das abellas?

2- E por que esas mesmas persoas consideran un castigo o mito da Torre de Babel? Que sabes ti sobre este pasaxe da Biblia? Quererías ti que existise un idioma universal ou conformaríaste con saber idiomas? Por que?

3- Segundo Castelao, que caracteriza ao ser humano fronte ás restantes especies animais?

Consulta o 2º texto no seguinte enlace:
O DEREITO DE SEREN DIFERENTES

Consulta o 3º texto no seguinte enlace:
COMO SEREN ORIXINAIS NO UNIVERSO
Comentarios (0) - Categoría: UNIDADE 0 GALEGO - Publicado o 08-09-2022 08:11
# Ligazón permanente a este artigo
PROBAS DE RECUPERACIÓN
Para os alumnos/as que deben realizar as probas de recuperación traballaremos especialmente cos contidos que entraban na 3ª avaliación que xa incluían elementso de repaso como son:
- A colocación dos pronomes átonos
- Os verbos regulares e irregulares

OS CONTIDOS SON OS SEGUINTES:

UNIDADE 9
LÉXICO: Imos á praza de abastos(no blog)
Os deportes páx. 194 do libro
Sinonimia páx. 195 do libro

ORTOGRAFÍA Usos do "B" páx. 197

GRAMÁTICA: Verbos conxugacións, lexemas e desinencias en galego 198-199

LITERATURA: O xénero dramático páx. 202-203

UNIDADE 10
LÉXICO: Os oficios páx- 214
Antonimia páx. 215

ORTOGRAFÍA: Usos do "v" páx. 217

GRAMÁTICA: Verbos Regulares e Irregulares páx. 218

TRADICIóN ORAL: Os Maios.

LINGUA E SOCIEDADE: Os prexuízos páx. 216

GRAMÁTICA: Repaso: Colocación dos pronomes átonos.
- Conxugación verbos irregulares páx. 277-279-280

LITERATURA
-LETRAS GALEGAS 2022: Florencio Delgado Gurriarán: Vida e obra (ver no blog)

TRADICIÓN ORAL: A Moura (ver no blog. ou na libreta)

PLAN LECTOR: Poderemos incluír algunha cuestión sobre a lectura Os vellos non deben namorarse de Castelao que estamos a ler na aula.

UNIDADE 11
LÉXICO: Medios de transporte páx. 234
A polisemia páx.235

ORTOGRAFÍA: Uso do "h" páx. 237

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2022 06:51
# Ligazón permanente a este artigo
OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE

Abordamos a lectura da 3ª avaliación na aula.

OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE

Comentarios (0) - Categoría: PLAN LECTOR - Publicado o 26-05-2022 06:59
# Ligazón permanente a este artigo
Contidos da 3ª avaliación
UNIDADE 9
LÉXICO: Imos á praza de abastos(no blog)
Os deportes páx. 194 do libro
Sinonimia páx. 195 do libro

ORTOGRAFÍA Usos do "B" páx. 197

GRAMÁTICA: Verbos conxugacións, lexemas e desinencias en galego 198-199

LITERATURA: O xénero dramático páx. 202-203

UNIDADE 10
LÉXICO: Os oficios páx- 214
Antonimia páx. 215

ORTOGRAFÍA: Usos do "v" páx. 217

GRAMÁTICA: Verbos Regulares e Irregulares páx. 218

TRADICIóN ORAL: Os Maios.

LINGUA E SOCIEDADE: Os prexuízos páx. 216

GRAMÁTICA: Repaso: Colocación dos pronomes átonos.
- Conxugación verbos irregulares páx. 277-279-280

LITERATURA
-LETRAS GALEGAS 2022: Florencio Delgado Gurriarán: Vida e obra (ver no blog)

TRADICIÓN ORAL: A Moura (ver no blog. ou na libreta)

PLAN LECTOR: Comezaremos coa lectura Os vellos non deben namorarse de Castelao a partir do día 26 de maio na aula.

UNIDADE 11
LÉXICO: Medios de transporte páx. 234
A polisemia páx.235

ORTOGRAFÍA: Uso do "h" páx. 237

Comentarios (0) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 19-05-2022 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0