NO TENPO AQUIL
CANDO OS ANIMALES FALABAN
DECIR LIBERTÁ non era triste,
decir verdá era coma un rio,
decir amor,
decir amigo
era igual que nomear a primavera
ninguén sabía dos aldraxes
cando os animais falaban
os homes cantaban nos solpores
ponbas de luz e silgaros de sol.
decir teu e meu non se entendia
decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin xenso,un aire que mancaba
o corazon da xente
¿cando
cando se perdeu,
iste gran reino?
angel area e pablo torres |