DONA
Coma un vento, lixeira,
eu ben te vin chegar.
Tranguías unha estrela
beillándoche a man.
¡Qué noite namorada
a brilar nos teus ollos!
¡Qué alamíos da iauga
arredor do teu corpo!
-¡Deus, si me deras dona
para un fondo querer,
para unha vida fonda!
¡Ai, si me deras, Deus!
E foi coma un miragre
na noite o noso amor.
¡Aínda van polos ares
túa voz e a miña voz!
subido por:Sara.G e Marta.H |