-Veña pra acá,afiador,
afíe a navalla miña.
Teño festa na Virxe
de facer trinta feridas!
-Xa fican poucas navallas,
rapaz, pra malinxe miña.
Roúbaas a Garda Cevil
aos mozos nas romarías!
-Afiador, peleriño
de corredoiras e vilas
cando non tes que afiar
¿que fas?
-Afío cantigas.
|