?Polo laranxal?
Polo laranxal,
tres avelaíñas andan a voar.
Unha, dúas, tres,
de presa que voan, vense e non se ven.
Polo laranxal,
tres avelaíñas andan a chuchar.
Unha, dúas, tres,
de tanto que chuchan, borrachas de mel.
¡Caídas no chan,
tres avelaíñas polo laranxal!

Elexía a unha muller do campo
Pepa de Cascallar, eu ben quixera
agora que xa estás ? cinza na cinza ?
a descansar para sempre, dar ao mundo
razón cabal de ti.
Lle falarías
daquelas duras mans, rexas gadoupas
para termar do legón e da manceira,
mans de escrava da terra,
non afeitas a máis regalo e minimo
que o dos ubres das vacas? Eu louvaría
aquiles pés ispidos, mouros, fortes,
coma poutas de boi, que agatuñaban
polos montes atal que dous teixugos.
Teus pés de ferro, ai Pepa!
E logo, si tivese a gracia que me falla,
eu faría un retrato verdadeiro
da tua face ?que che estou lembrando
ao craro sol do meu ollar de neno!-
Que estrana face a túa, tan laida e tan amiga,
enrugada e escura coma codia de broa!
Aquila face dos olliños pitos,
dos beizos murchos, dos cabelos raros,
dos catro dentes e do narís torto.
Aquila face, a, Pepa!
que á nosa nai lle daba cuasi espanto
e a nós, os nenos, nos aloumiñaba?
Porque eras ti, Quero que agora o saibas,
agora que xa podes escoitarme,
a fala cariñeira do misterio
que enchía os nosos corazóns inxeles.
Cando, á noitiña, viñas ti co leite,
ouveada de cans polos camiños,
xa o sono que nos tiñan derrubados
fuxía, coma o fume do fumeiro.
E ti falabas?
Ben escoito aínda
o parolar aquil, tan suspirado,
que a nosa nai segía blandamente
co asentimento da fermosa testa.
-Ai, señora, parécelle unha historia!
Non se pode crer?
Pero sabías
que todo acreditábamos os nenos?
Pepa de Cascallar, eu ben quixera
pagarche, ao cabo d etan longo tempo,
o falar cantareiro que aínda sinto
cando, ás veces, a vida se me fende,
sin eu pensalo, por mitá do peito!

GARCÍA ARAUJO,Pablo
DOCAMPO HERNÁNDEZ,Adrián |