blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VIDA E GRANDES LOGROS DE XOSÉ MARÍA

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ

Foi escritor de poesía, novela e teatro; investigou a literatura galega do pasado, o folklore e a prehistoria e foi o cofundador da primeira editorial no noso idioma. Son algúns dos méritos polos que Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) acaba de pasar a engrosar a listaxe dos homenaxeados no Día das Letras Galegas. A Real Academia Galega decidiu que o 17 de maio do 2008 honre a súa figura.
 
Xohán Xesús González, Lois Pereiro, Fiz Vergara Vilariño, Eusebio Lorenzo Baleirón, Carvalho Calero, Ernesto Guerra da Cal ou Jenaro Marinhas del Valle eran algúns dos nomes que figuraban nas quinielas para o Día das Letras Galegas de 2008. Este sábado, os membros da Real Academia Galega decidiron que tal honra recaera en Xosé María Álvarez Blázquez, candidatura que apoiaba o concello no que naceu este polifacético galeguista hai case cen anos.

O Álvarez escritor
Premio finalista do premoi Nadal de novela en 1944, premio ?Historia? dos Xogos Florais de Vigo, premio de poesía do CEBA en 1954, premio de novela Pérez Galdós en 1955, premio de novela ?López Cuevillas?? son algúns dos múltiples recoñecementos que Xosé María Álvarez Blázque recibiu pola súa prolífica obra literaria que arrincou en Pontevedra en 1932 co poemario ?Abril?. Despois chegarían obras como ?Poesía do teu mencer? ou ?Romance dos pescados peleriño?. Poemarios que reivincaban un espazo popular e de ampla difusión que el tanto buscou para a lírica galega. E que resolveu con gran acerto que ata compositores como Rogelio Groba ou Freitas Braunio puxéronlle música ás súas letras. Pero non foi o único xénero que cultivou. Como autor teatral escribiu ?O zapato do cristal?, que foi escenificado en Vigo o 2 de xaneiro de 1947, ou ?Os pazos altivos?, unha comedia en tres actos en verso que foi estreada en Xixón o 11 de xuño de 1947. Como novelista deixou títulos como ?Os ruíns?, ?Una cabaña en el cielo? ou ? Apega rabilonga e outras historias de tesouros?.

O Blázquez comprometido
O seu compromiso con Galicia fica ben claro en todo o seu universo literario pero, non conforme con isto, en 1950 funda Edicións Monterrey, a primeira editora en lingua galega. Unha empresa que refunda en 1967 baixo o nome de ?Castrelos? da que foi o seu director-xerente. Á fronte de Castrelos publica o primeiro best-seller da literatura galega ?O catecismo do labrego? de Valentín Lamas Carbajal. Sería a obra que inaugurou a colección literaria ?O moncho? coa lenda de ?Libro de pobo para o pobo? que tivo moi boa acollida.

Entre as inquietudes de Xosé María estaba a arqueoloxía, que se plasma en descubrimentos como a serie de lendas sepulcrais da época romana en Vigo, das industrias paleolíticas do Baixo Miño e das Gándaras de Budiño, dos restos dunha instalación romana de obtención de aceite de diva en Teis (Pontevedra) dunha cisterna con pezas funerarias da época de bronce en Atrios, tamén en Ponteverda.

Completa o perfil deste polifacético galeguista a súa relación cos medios de comunicación. A BBC de Londres, Radio Vigo xunto con cabeceiras de Galicia, Portugal e América convertéronse en altofalantes asiduos das súas ideas, as mesmas que expuxo en numerosas conferencias tanto en España como no estranxeiro. Agora, a Real Academia Galega, da que foi membro numerario, acaba de determinar que o 2008 sexa o seu ano. No que se recuperará abondoso material que permanece inédito, pequenos anacos que servirán para completar o crebacabezas deste intelectual que ten unha obra tan ampla como dispersa.
CULTURAGALEGA PUNTO ORG - Santiago - 2 do 7 de 2007 Xosé María Álvarez Blázquez será o novo homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008 Foi escritor de poesía, novela e teatro; investigou a literatura galega do pasado, o folklore e a prehistoria e foi o cofundador da primeira editorial no noso idioma. Son algúns dos méritos polos que Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) acaba de pasar a engrosar a listaxe dos homenaxeados no Día das Letras Galegas. A Real Academia Galega decidiu que o 17 de maio do 2008 honre a súa figura.
Xohán Xesús González, Lois Pereiro, Fiz Vergara Vilariño, Eusebio Lorenzo Baleirón, Carvalho Calero, Ernesto Guerra da Cal ou Jenaro Marinhas del Valle eran algúns dos nomes que figuraban nas quinielas para o Día das Letras Galegas de 2008. Este sábado, os membros da Real Academia Galega decidiron que tal honra recaera en Xosé María Álvarez Blázquez, candidatura que apoiaba o concello no que naceu este polifacético galeguista hai case cen anos.

O Álvarez escritor
Premio finalista do premoi Nadal de novela en 1944, premio ?Historia? dos Xogos Florais de Vigo, premio de poesía do CEBA en 1954, premio de novela Pérez Galdós en 1955, premio de novela ?López Cuevillas?? son algúns dos múltiples recoñecementos que Xosé María Álvarez Blázque recibiu pola súa prolífica obra literaria que arrincou en Pontevedra en 1932 co poemario ?Abril?. Despois chegarían obras como ?Poesía do teu mencer? ou ?Romance dos pescados peleriño?. Poemarios que reivincaban un espazo popular e de ampla difusión que el tanto buscou para a lírica galega. E que resolveu con gran acerto que ata compositores como Rogelio Groba ou Freitas Braunio puxéronlle música ás súas letras. Pero non foi o único xénero que cultivou. Como autor teatral escribiu ?O zapato do cristal?, que foi escenificado en Vigo o 2 de xaneiro de 1947, ou ?Os pazos altivos?, unha comedia en tres actos en verso que foi estreada en Xixón o 11 de xuño de 1947. Como novelista deixou títulos como ?Os ruíns?, ?Una cabaña en el cielo? ou ? Apega rabilonga e outras historias de tesouros?.

O Blázquez comprometido
O seu compromiso con Galicia fica ben claro en todo o seu universo literario pero, non conforme con isto, en 1950 funda Edicións Monterrey, a primeira editora en lingua galega. Unha empresa que refunda en 1967 baixo o nome de ?Castrelos? da que foi o seu director-xerente. Á fronte de Castrelos publica o primeiro best-seller da literatura galega ?O catecismo do labrego? de Valentín Lamas Carbajal. Sería a obra que inaugurou a colección literaria ?O moncho? coa lenda de ?Libro de pobo para o pobo? que tivo moi boa acollida.

Entre as inquietudes de Xosé María estaba a arqueoloxía, que se plasma en descubrimentos como a serie de lendas sepulcrais da época romana en Vigo, das industrias paleolíticas do Baixo Miño e das Gándaras de Budiño, dos restos dunha instalación romana de obtención de aceite de diva en Teis (Pontevedra) dunha cisterna con pezas funerarias da época de bronce en Atrios, tamén en Ponteverda.

Completa o perfil deste polifacético galeguista a súa relación cos medios de comunicación. A BBC de Londres, Radio Vigo xunto con cabeceiras de Galicia, Portugal e América convertéronse en altofalantes asiduos das súas ideas, as mesmas que expuxo en numerosas conferencias tanto en España como no estranxeiro. Agora, a Real Academia Galega, da que foi membro numerario, acaba de determinar que o 2008 sexa o seu ano. No que se recuperará abondoso material que permanece inédito, pequenos anacos que servirán para completar o crebacabezas deste intelectual que ten unha obra tan ampla como dispersa.

Alejandro Buceta Domimguez
Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 15-05-2008 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 pringi<#blgtk08#br />
Comentario por x (15-05-2008 10:56)
2 estades todos mortos s#blgtk08#olo que non o sabedes
Comentario por (25-11-2009 19:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0