blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xosé María Álvarez Blázquez
Biografía


  Nacín en Vigo o 6 de xullo de 1950. O barrio de As Travesas e as praias de Coruxo son os espazos da miña nenez. Santiago de Compostela, onde fixen estudos de Filoloxía Románica, constitúe o referente crucial da miña mocidade. Desde o ano 1973 veño exercendo a docencia como profesor de Literatura en Institutos de Santiago, Ourense e Vigo e vivo, desde 1990, na aldea de Vilar (Vilaboa), fronte á illa de San Simón.
     Ademais de poesía, teño publicado relatos breves e fixen algunha incursión no xénero teatral. A miña adicación aos estudos literarios céntrase na poesía galega da segunda metade do século XX. Ultimamente descubrín o esixente placer da literatura para crianzas e o territorio complementario da poesía obxectual.
     Obtiven os premios "Esquío", "González Garcés" e "Arume de Poesía para Nenos" e os da Crítica de Galiza e de España.
     Formei parte do consello editorial das coleccións de Poesía "Mogor" (1976-1980) e "Pero Meogo" (1980) e dos consellos de redacción dos suplementos "Galicia Literaria" de Diario 16 de Galicia (1990-1992) e "Faro das Letras" de Faro de Vigo (1993-1996). Entre os anos 1984 e 2002 integrei a equipa directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega, onde desempeñei o cárrego de Presidente durante algúns meses de 2002. Coordenei as revistas da A.E.LG. "Nó" e "Contemporánea". Fun membro fundador do "Foro da Cultura" e de "Esculca Observatorio para a defensa dos direitos e as liberdades". Actualmente formo parte do colectivo "Burla Negra" e do consello de redacción da revista "Grial".



Foi escritor de poesía, novela e teatro; investigou a literatura galega do pasado, o folklore e a prehistoria e foi o cofundador da primeira editorial no noso idioma. Son algúns dos méritos polos que Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985) acaba de pasar a engrosar a listaxe dos homenaxeados no Día das Letras Galegas. A Real Academia Galega decidiu que o 17 de maio do 2008 honre a súa figura.


Nuria Bouzas Pousada
Comentarios (0) - Categoría: GALEGO - Publicado o 30-04-2008 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0