A bandeira galega, con orixe no século XIX, inspirada na bandeira da Comandancia Naval da Coruña, ten fondo branco e presenta unha franza azul dende o ángulo superior esquerdo ata o inferior dereito. A franxa azul posúe un ancho igual á terceira parte do alto da bandeira.
Outras Bandeiras e Símbolos Históricos
O nacionalismo de esquerdas adopta a estreleira (bandeira galega coa estrela vermella) como símbolo de liberación nacional e social. Este símbolo é o máis usado en manifestacións nacionalistas ou partidos de futbol. É a bandeira da principal Central Sindical (CIG: Confederación Intersindical Galega) e dos partidos de esquerda nacionalista.
O deseño do escudo de Castelao para unha república galega independiente co texto "Denantes Mortos que Escravos" rodeando a unha serea cunha fouce e unha estrela.
Durante a Marea Negra do Prestige tamén se usou a bandeira galega, con fondo negro e co texto de Nunca Máis.
O Santo Graal é o símbolo histórico que máis longo ven representando a Galiza como institución política. O Santo Graal aparece documentado por primeira vez como armas dos reis de Galyce no Armorial Segar de Inglaterra do ano c.1282. A representación gráfica das armas do Reino de Galiza foi evolucionando continuamente através dos séculos; do orixinario Graal pechado nun relicario (armoriais Bergshammar, Suecia, 1436, e Gymnich, Flandres, 1445) pasouse á sua representación en forma aberta; o orixinal campo azul da bandeira diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal Graal en campo liso sen nengún engadido pasou a conter decoración diversa como anxos e un número variable de cruces, entre unha, seis, sete, ou en campo sementado. A estandarización gráfica moderna das Armas ou Escudo de Galiza foi establecida no ano 1972 pola Real Academia Galega.
Sara García Villanueva |