blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

curuxa
Tyto alba (Scop).
Clase: aves
Orden: Strigiformes
Familia: Tytonidae
Xénero: Tyto
Especie: Tyto alba
Dimensións:



34 cms.  350 grs de peso. Envergadura media 95 cm.
Identificación:


É un ave de rapiña, de figura branca, fantasmagórica; cabeza moi grande con ollos negros, o peteiro ganchudo , as ás longas redondeadas. Rabo curto, rostro en forma de corazón. Realmente moi doada de identificar.



Hai duas variedades según sexa o peito, branco liso ou xaspeado
Alimentación:

Aliméntase de todo tipo de pequenos mamíferos: ratóns sobre todo.
Ás veces caza paxaros, morcegos, ras e moi rara vez algunha donicela. Caza de ouvida aínda na oscuridade.
Fundamental: anda moito pola noite (semella o voar prácticamente branca). É noiteira típica.

É curioso que os restos dos alimentos non dixeridos, como as plumas, por exemplo, devólveos en forma de pelotillas que se chaman egagrópilas.
Habitats
Gústanlle as zonas de cultivo, tamén zonas abertas e nucleos habitados.
Mora sempre na misma bisbarra.
Ten carencia polas antiguas escuelas unitarias que hoxe están máis que abandonadas.
Por suposto gusta moito dos campanarios. Di Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén) no libro "Fauna invertebrada do Ribeiro" que cría na maioría dos campanarios da comarca onde é doado ver as súas egragópilas ou bolas que expulsa pola boca...
Niños
 
Construe o niño en oquedades dos edificios, raramente en ocos naturais.
Gústanlle moito as bóvedas das igrexas, as casas vellas, faiados, palleiras, e tódolos buratos que poida onde vexa que non vai ser molestada.
Nestos lugares hai ovos dende finais de marzo, os polos xa voan en octubro.
Pon, repito, no mes de maio de 3 a 7 ovos que fai chocar en 30 días, inda que hai coruxas que poñen dúas ou tres veces o ano.
VESE NOS MESES DE?

Dende febreiro  ata  finais do verán perfectamente.
Realmente a curuxa pode verse todo o ano.
Protección:
Está protexida pero vense moitas nos bares galegos momificados. Mal síntoma.
A caza da curuxa está prohibida. 50.000 pts. (300 ?)  de multa o cazador que se colla cunha curuxa.
Curiosidades:



//// Na carballeira da Pena //// está a curuxa pousada;/// non lle teñas medo, nena //// a curuxa non fai nada./// 
(Texto sacado do sensacional libro "Aprendendo coas aves" de  Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Tamén o dibuxo) .
As curuxas son consideradas como predictoras do tempo, así o dito "Curuxas na carballeira, caldeiros á goteira".

Dicen que tamén son predictoras da morte. Tamén se asocian co demo e os agoiros.
Realmente tense a coruxa como ave de mal agoiro, moito mais cando anda a voar arredor das casas onde hai enfermos, nas nosas aldeas ténselle medo pois hai xente que pensa que o seu voar silandeiro leva a desgracia e a morte sobor de todo cando vota o seu axurido perto dalgunha casa. 
A verdade é que eu non creo no anterior inda que fai anos as coincidencias poden ser reais e a xente asocia, a curuxa é evidente ten que voar, ten que cazar e ten que facerse ouvir, o resto son causalidades e producto da lei de probabilidades. É unha opinión.
A expresión "parece unha curuxa" é típica en Galicia para decir que é unha muller vella.
Dicen que bebe o aceite nas igrexas ( esto é unha tradición). Por suposto non é certo.
 
Hai moitos ditos populares sobre a curuxa:
"Curuxa noiteira, maiadores á eira", este refrán refírese a que si se ve moito pola noite, hai que facer a malla e preparar o pan na eira que son tempos...
"Xa lle vín os ollos a curuxa", este refrán dícese daquela persoa que xa pasou por todo na vida.
"Curuxa tardega, auga noitega", este é un refrán metereolóxico, é unha broma, pero é certa. Si se ve unha curuxa pola tarde, quere decir que pola noite vai chover, normalmente estos ditos teñen moito que ver coa realidade.


///Se canto son unha tola //// se non canto, unha curuxa;//// se me lavo unha profana;/// se non me lavo unha sucia////
Canción popular.









ANTÓN FERNÁNDEZ,elba
Comentarios (2) - Categoría: GALEGO - Publicado o 16-04-2008 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 e unha mer#blgtk08#da
Comentario por (16-04-2008 12:21)
2 si ahora que?xa esta #blgtk08#mellor ou sigue soso
Comentario por (16-04-2008 12:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0