A matanza do porco
Unha actividade inseparable da data do San Martiño (11 de Novembro) e das tradicións de comezo do inverno celta, é a matanza do porco, mesmo de grande importancia económica para as familias, polo menos antigamente.
O porco mátase sobre un banco ou similar, suxeitándoo polas pernas namentras o matachín (que pode matar nun mesmo San Martiño máis dunha ducia de porcos en diversas casas) fai o seu cruento traballo. Este é o traballo dos homes.
As mulleres encárganse de recoller o sangue, e de ao ir remexendo para que non calle, e que se ha comer en forma de filloas de sangue ou mesturado con faragullas de pan pasado pola tixola, ou en forma de morcilla. O matachín cando remata fai unha cruz no sangue co seu coitelo.
O seguinte paso consiste ou ben en chamuscar o porco ou escaldalo. Ao tempo se lle arrincas as pezuñas.
O matachín despois raña ben co coitelo toda a pel do animal, para a deixar limpiña, xunto coas orellas, ollos, pes, etc.
O traballo máis complexo é abrir o animal en canle, que se fai no propio banco ou enriba dunha mesa. Sácanselle o unto, as tripas, e todos os interiores, cos que se farán os diversos alimentos, e que van sendo organizados polas mulleres enriba dunha segunda mesa.
Despois cólgase o porco aberto. Ao día seguinte prepáranse para salgadoiro outras partes: raxos, aranguelo, pás, touciño, xamóns, lacóns, cachucha... Aínda que segundo as casas, poden deixar cousas para comer frescas, como o raxo, e mais facer os roxóns.
Se non hai necesidade de que quede todo o produto do porco na mesma casa, as partes que se lles reparten aos veciños que non fan matanza chámanas probas.
O MAGOSTO
Celébrase cando o castaño empeza a dar o seu froito xeralmente no cambio de estación. O magosto consiste en asar ou cocer as castañas.
O lume no que se fan as castañas é un dos moitos lumes sagrados dos galegos, e non se pode cuspir nel nin apagalo de golpe: ten de se apagar só, para quencer ás ánimas dos mortos.
Os lugares de facer o Magosto son: o souto, a eira, ou dentro da casa, a lareira.
O método de asar as castañas consiste en sinalalas para que non estalen, e botarlles leña por riba para que se asen a modiño.
Outra forma de as consumir son cocidas (en auga cun pouco de fiuncho ou anís, ou en leite).
O samhaín
. Segundo as nosas vellas tradicións, as almas viñan á terra no "día de defuntos" con moi diversas fins. Por iso nuns lugares púñanlles de comer, para que non pasasen fame; noutros botaban ese día un gran pao ao lume, para que quentasen no caso de teren frío; noutros era considerado pecado varrer pola noite a cociña porque se lles daba para atrás, impedíndo-lles que se acheguen á lareira; e noutros tense por acción inhumana pechar de golpe as cancelas ou portelos, porque se mancaban.
Se se busca nos libros de etnoloxía polas celebracións que se fan en Galiza con ocasión do "día de defuntos" atoparemos unha serie de costumes ancestrais própias da nosa nación. Desde o deixar un óco na mesa ou racións de comida e/ou bebida para os defuntos até facer colares coas castañas novas. A pouco que se pregunte a persoas de máis de corenta anos de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía, Sanxenxo, Quiroga, Carballeda de Ávia...) lembrarán-nos que tamén era habitual polo día de Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles uns pauciños coma dentes e deixa-las nos camiños para asustar aos viandantes. Todo isto con ocasión da festa dos Defuntos, o dous de novembro. Este costume coincide co americano de Halloween e aínda co máis antigo celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na escuridade con candeas no seu interior.
En Galiza mesmo chéga-se a ver como a cabaza tallada séca-se e consérva-se para emprega-la como máscara no Entroido. A antiga festividade celta do Samaín foi descrita habitualmente como unha comuñón cos espíritos dos defuntos que, nesta data, terían autorización para camiñar entre os vivos. Abrían-se as portas entre este mundo e o Alén, dándolle á xente a posibilidade de se reuniren cos seus antepasados mortos.
A festa do Samaín, a máis importante do período precristián, marcaba para os celtas o comezo dun novo ano. Nesa data prendían-se lumes sagrados frotando pólas de serbal e teixo, e con esta fogueira inicial alimentában-se as lareiras de todas as casas.
Polo Samain era costume baleirar nabos de grande tamaño ? non foron cabazas até que chegaron de América - para poñer-lles dentro candeas. Nas Rías Baixas, os nenos xogaban tales días coma estes coas cabazas, facendo caras con elas, e poñéndolles pelo e bigotes con barbuxa de millo, antes de acender-lles velas. Varios séculos despois esta tradición, que se mantén aínda viva en Galiza, ten continuidade nas festas de Halloween, que exportaron aos Estados Unidos os irlandeses no século XIX.
(...)
Durante a noite do 31 de outubro os druidas (a casta sacerdotal dos celtas) recollían cunha fouce de ouro as baias do visco dos troncos de aciñeiras e carvallos. E por que unha fouce de ouro? Moi sinxelo. Os celtas consideraban a este metal como un metal enxebre, e era polo tanto o único que se podia utilizar para estes quefaceres. Unha vez subidos ao tronco dun carvallo ou aciñeira, os druidas cortaban baia por baia de visco mentres recitaban uns mantras, que seguramente eran para atribuir mais poder ao visco. Por desgraza, os druidas non deixaron restos escritos pois así, como dixo Xúlio César, "evitaban que o seu sistema de adestramento caise en mans do vulgo e que os estudantes descoidaran o exercizo da sua memória por confiar na palabra escrita".
Acto seguido os druidas depositaban esas baias nun caldeiriño ou tiraban-as a un manto branco que sustiña outro druida no chan. A descrición deste ritual debemos-lla ao historiador Plínio. Despois, esas baias tan especiais terian indubidábeis poderes curativas para a xente, e para as suas elaboracións máxicas. Era nesta festa onde os druidas podían comer carne de cocho e beber viño. Durante eses días antes do aninovo, tiñan lugar sacrifizos de animais: pola data había que comezar a almacenar para facer fronte aos duros meses que viñan por diante. Estes sacrifizos de animais facian-se co obxectivo de se provisionaren de carne e de pel para o inverno. Era a sua peculiar matanza, como a que se celebra en Galiza por San Martiño.
A noite do 31 de outubro está relacionada moi directamente co mundo dos mortos e esta crenza estaba moi arraigada no povo celta. Eles crian que esa noite, unha "porta" se abría, e a dimensión dos vivos ficaba en comunicación coa dimensión do mundo dos mortos, alomenos por unhas horas. Durante este período non se podia sair da comunidade, pois nesta noite, a comunidade non se puña en contacto con outras comunidades se non que se puñan en contacto cos seus próprios antepasados. Durante esas horas, podia-se tocar, apalpar e mesmo se podía traspasar ao mundo dos mortos. Por iso en toda a aldea había fogueiras. Non se acendian coa intención de horrorizar aos malos espíritos, se non que se acendian para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopasen aos seus parentes e lares, e se puidesen quencer co calor do lume do lar.
Os celtas, esa noite, amoreaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e as pintaban. En Galiza temos nas encrucilladas amoreamentos de pedras (os milladoiros) e ten-se o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, famoso porque posue unha grande cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alá é sinal de que non se terá mala fortuna durante o que fica de viaxe, e por iso os pelegríns adoitan levar unha pedra desde a sua lugar de orixe, ou ben a apañan antes de chegar ao milladoiro.
Outro costume clásicamente galego é o de dar de comer á xente que ven ao enterro. O convite fúnebre, o mesmo que o banquete fúnebre, non son privativos de Galiza, pois tamén existiron en Irlanda, en Astúrias e noutros países. En opinión de Murguía eran unha especie de holocausto que viña directamente dos ritos funerários célticos e obedecían ao precepto popular de considerar sagradas as almas dos devanceiros.
Moitos coidan que as almas das persoas que morreron volvían por veces a este mundo. Foi moi común en Galiza a crenza na aparición das ánimas xa sexa con fasquía de bolboretas ou de aves comúns, xa de animais e réptiles. Segundo a doutrina dos druídas (metempsicose), as almas non finan senón que pasan duns a outros; e hai escritores que afirman que a Vía Láctea chámase no noso idioma "Camiño de Santiago" porque é, en realidade, o camiño que levan as almas dos mortos cara á rexión das sombras, unha procesión de estrelas ou multitude de almas.
Amisa do galo
Celebrase o 24 de Decembro, é unha celebración relixiosa que ten lugar na medianoite do día 24 na igrexa.
En alguns lugares é tradición levar un galo e facelo cantar mentar oficiábase a misa.
Noutros lugares tiñan a costume de facer bromas na propia misa
Os maios
Cuándo se celebra: entre el 1 y 3 de Mayo
Dónde se celebra: por toda Galicia
A festa dos maios celébrase os primeiros días de maio e ten como fin festexar a chegada da primavera.
Chámase ?Maios? a celebración e as representacions que se fan, que consiste en cantar coplas ou diálogos adicados a primavera, aunque en alguns lugares tamén componse coplas de crítica a certas persoas ou institucions de lugar.
Maio figurativo:
Especie de monumento feito de táboas e cuberto de musgo que se decora con flores, follas e ramos verdes.
Maio humano:
Neste caso é representado por un mozo, en ocasions disfrazado dalgún persoaxe popular (no caso de ser unha rapaza, vestida de branco) que é o xefe do grupo e se adorna con flores, espadañas, herbas aromáticas, follas e as veces cun pau na man.
Maias:
Nenas e rapazas vestidas de branco, con coroas e arcos de flores que cantan os Maios facendo ofrendas a algún santo.
Árbore de Maio:
Nalgunos lugares de Galicia colocanse na praza principal unha árbore (o máis alto que poidan conseguir os rapaces).
Nos lugares que non se celebra a Festa da Árbore do Maio, acostumbrase celebrar-la Festa do Ramo, a cal non ten unha fecha concreta, xa que elixese o mes con menos festas e polo tanto menos propicio para o encontro dos xovenes de diferentes sexos.
Organizan esta festa as rapazas duna aldea determinada, que encarganlle a un carpinteiro un ramo composto dun gran pau de madeira do que colganse rosquillas, caramelos, doces e froita.
Todo o mundo ponse arredor do ramo e elixese un mozo para reparti-los doces (motivo da maioría das veces de enfrentamentos entre os mozos de diferentes parroquias) e fanse un concurso de coplas (regueifas), sendo gañador o que teña sempre unha resposta cantada a calquer copla que se lle diga ata derrotar ao resto de participantes.
Durante moitos anos na Festa do Ramo estiveron prohibidos os bailes e a música de panderetas e gaitas, limitándose a festa das coplas e doces.
Ademáis destas celebracions acostúmase a regalar ramos de flores a cambio de aguinaldo e a decora-los carros, das casas e incluso das hortas con flores.
Creado por:Sara.G e Marta.H |