POUSA, POUSA
Fun á taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire:
e como é cousa de encantamento
fun polo aire e vin polo vento.
E pousa, pousa, pousa,
e non me toques naquela cousa: BIS
e pousa, pousa axiña,
e non me toques naquela cousiña. BIS
Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas: BIS
eso é verdá, eu non o nego,
que eu andiven a loitas co crego. BIS
E pousa, pousa..
Cando me case xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo; BIS
cando me case xa teño un polo,
xa miña nai non me ten que dar todo. BIS
E pousa, pousa..
VER BAILAR CARMIÑA
Ver bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela,
con zapato branco,
con media de seda,
con media de seda
de seda calada,
ver bailar Carmiña,
miña namorada.
Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos,
as raparigas bonitas
piden rapaciños guapos.
Ver bailar Carmiña |