.jpg) Imos ler esta obra clásica que significará un pequeno paso máis na vosa formación como lectores. Trátase de ler un texto clásico das letras galegas que é unha obra recoñecida, tanto en galicia como fóra (por ser unha traducida a moitas linguas).
Esta lectura presentará as seguintes dificultades:
- Un léxico específico
- Sitúanos nos anos 40 do século pasado
- Desenvólvese nun mundo rural
Para axudarvos envíovos un vocabulario coas palabras que seguro precisaredes consultar e que non sempre é doado atopalas nos dicionarios.
Imos ler cada capítulo e resumindo o seu contido para podelo logo lembrar na proba de lectura e comprensión que realizaremos ao rematala de ler.
RESUMO DO CAPÍTULO PRIMEIRO
O primeiro dos capítulos é a presentación do personaxe principal, Balbino, que se define como alguén sen importancia e pobre en oposición a outro personaxe, Manolito, ao que se repecta. É un neno de aldea fronte aos da vila. Está desexoso de ver mundo porque a aldea lle queda pequena e vese triste como os seus semellantes, tamén de escribir un libro. Finalmente dinos que escribe as súas reflexións sobre o mundo que adoece por entender e que a ninguén conta pois pensa que igual está algo tolo. Escribe para envorcar os seus sentimentos cada noite e liberarse desa pobreza que o abafa.
Narrador protagonista, é o personaxe principal, aínda que retrata tamén aos que son coma el de aldea. Outros personaxes con certos trazos de antagonistas: son Manolito (ao que se lle respecta) e os nenos da vila (distintos dos da aldea). Cítase a un tal Landeiro do que se di que lle deu un libro escrito por Smith.
O espazo ao que fai referencia é unha aldea galega, aínda que fala en concreto dende unha casa, a de Landeiro, na que vive e escribe.
Os tempos son imprecisos ao realizar unha reflexión sobre a súa curta vida no verán e no inverno, unha revisión do seu pasado dá a impresión dun tempo interno dunha secuencia reducida de varios anos da súa infancia na aldea na casa onde naceu e criou. O tempo externo: Os anos 40.
|