 Que relación garda o mes de febreiro cos lobos? Cal é o motivo que no Entroido galego apareza a figura do lobo?
Hoxe descubriremos como as Lupercales que celebraban os romanos ao deus da fertilidade pode coincidir nas súas raíces co tradicional entroido de Galicia. Os romanos na antigüidade eran un pobo de pastores que temían ao lobo e de feito tiñan un deus denominado Luperco da fertilidade e dos rabaños, ao cal rendían culto no mes de febreiro dun xeito moi semellante ao que se segue a celebrar hoxe en día nalgunhas das zonas onde mellor se conserva o entroido tradicional de Galicia. Falamos dos peliqueiros de Laza ou dos cigarróns de Verín que saen ás rúas cunhas máscaras moi particulares nas que debe haber unha fera pintada (un lobo habitualmente como animal totémico temido en toda Europa). Estas máscaras perseguen aos viandantes e danlles cos látegos mentres fan soar as chocas profusamente.
Este parecido indica que este tipo de ritual estaba estendido por toda Europa entre os pobos pastores, lembrade que Galicia unha terra de montes, ten aínda hoxe unha actividae pastoril moi notable.
Apuntamento: A palabra ENTROIDO
O NOSO ENTROIDO COMO É?
|