A primeira referencia que temos do Nadal hoxe chega a través da publicidade na TV:
Todo isto de ser teimudos de crear, de estar orgullosos do noso está moi ben, pero imos máis alá mergullemos nas raíces do Nadal en Galicia:
A nosa tradición oral tamén conserva fórmulas propias de Galicia coas que se entra neste ciclo de Nadal ou do Solsticio de Inverno que podemos denominar das trece lúas.
Estamos a poucos días de que dea comezo o ciclo das trece lúas que van do 24 de decembro ata o 6 de xaneiro, trece noites máxicas para rematar o ano e recibir a figuras tan curiosas como o noso Apalpador.
Comecemos polo que celebramos no día 24 de Nadal, é dicir, o nacemento e utilicemos este vídeo e unha fermosa cantiga tradicional adaptada recentemente polo grupo Berroguetto:
Este é o texto dunha panxoliña, é dicir, unha cantiga de nadal tradicional ou vilancico:
Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.
Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.
San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?
Camiñando entre a Noite Boa e a Noite Vella non podemos esquecer unha figura tradicional das nosas montañas como o Apalpador:
O ciclo, o de Nadal, que remata o 6 de xaneiro coas danzas de Reis coma estas:
1- Por que se chama a este ciclo Nadal, que significa esta palabra?
2- Investiga e explica coas túas palabras a razón de chamarlle tamén das trece lúas.
3- Que personaxes aparecen na panxoliña tradicional? Que intención ou conclusión podemos deducir das palabras finais do vilancico?
4- En que consiste o costume do Apalpador? Como o describirías?
Rematamos cunha mensaxe do Apalpador e logo a súa canción:
Gustoume moito iste apartado das 13 luas, pareceme moi interesante isto, a min os meus avos non me tiñan dito nada e por se fora pouco dician que as tradicions orais so servian para meter medo(nalguns casos) a xente boa.
Sempre e pensado en se tiñan razon pero ninguen a sabid#blgtk08#o explicarme porque pensaban asi,que pensades?
Mola moito que tamen se poñan videos e mais divertido aprender e moito menos traballoso, refirome a que nestes videos explican de maneira que todos podamos entender o significado das 13 luas.
En resumen encantoume!
Comentario por galego ao poder (17-12-2017 19:07)
2
Este apartado e moi extraño e interesante...Luas so hai unha,pero claro...Gustame moito o solsticio de inverno, pero#blgtk08#,en veran daremos o solsticio de veran???
Oinno no tele asiq pareceme que existe ou eso creo
:)
Comentario por @mola1ºA (18-12-2017 16:25)
3
Hola,son Martina e vivo en Souto Maior,eu mais meus pais vamos a mudarnos a Marin e o Colexio ao que eu vou a ir,en principio e o San Narciso,puxemme a mirar e encontrei iste blog,por agora so e lido iste apartado pero encantoume,sobre todo a entrevista co suposto "apalpador" na miña familia dende que era paquena falabanme do papa noel,salbo a miña aboa que em falaba do apalpador que#blgtk08# ia apalparme a barriguiña e cantabame unha preciosa cantiga,pero a miña avoa xa non se encontra entre nos asique aos meus pais non lles gusta que recorde a cancion porque iso trae recordos moi tristes.
Grazas por facer que recorde todo isto tan bonito,as tardes que pasabamos a miña avoa mais eu...
Espero que o rfesto que se colgue siga sendo tan interesante como isto!