blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GALAICOS E LUSOS


GALAICOS

Gallaecia era a terra dos galaicos (os "callaecos" fíxate na ilustración onde estaban situados) para os soldados de Roma, que escolleron tamén o nome de Galicia para denominar este territorio que axiña sería unha das provincias do Imperio romano. na páxina 53 do noso libro ou neste enlace podemos ampliar os noso coñecementos sobre os galaicos, a primeira cultura coñecida que habitou as terras que nos veron nacer. Os romanos trouxeron o latín que pasando o tempo nestas terras do noroeste deu paso ao nacemento do galego-portugués. Esta lingua era a lingua que se falaba e escribía ao norte e ao sur do Miño.

LUSITANOS

Lusitania era o territorio que na época da conquista de Roma da nosa Península estaba ao sur da Gallaecia. Logo na Idade medieval nacería un reino chamado Portugal, agrupando territorios da provincia da Gallecia romana cos da Lusitania. Este reino falaba e escribía o galego-portugués que comezou a diferenciarse segundo se falase ao norte do Miño ou ao sul xa na idade moderna, é dicir, a partir do 1500.

GALICIA E A LUSOFONÍA



O galego e o portugués naceron logo coma unha soa lingua e son irmáns xemelgos e a pesar de pertenceren a estados distintos seguen sendo linguas irmás. Podes saber máis no libro na páxina 94 e realizar actividades da páxina 95.

Para facer máis doado estas actividades podes usar os seguintes enlaces sobre a Lusofonía:
- Multiplicar por 100 o galego.

-Investiga cantos países lusófonos hai no mundo.
Comentarios (1) - Categoría: A LINGUA DOS NOSOS AVÓS - Publicado o 08-01-2017 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 excelente artigo e de gran paso blog tamén!#blgtk08# Grazas por todos os seus consellos
Comentario por voyance par mail en ligne (10-01-2017 12:44)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0