 Hoxe tivemos os alumnos/as de 1º da ESO o Encontro da Biblioteca coa autora Elena Gallego Abad. Explicounos inicialmente as razóns que a levaron a escribir o libro, a documentación básica coa que comezou unha historia que logo se foi desenvolvendo e que hoxe xa está a piques de presentar o cuarto volume (espera saír no próximo mes de abril). Tamén verá a luz neste ano o cómic do DRAGRAL.
Os alumnos/as de 1º da ESO despois de preguntarlle dúbidas e incertidumes tras da lectura , tamén de comunicarlle a súa experiecia tras ler o primeiro dos libros entregoulle unha serie de traballos en grupo realizados nestes días na procura das orixes do dragón galego.
Se queredes ver unha reportaxe gráfica máis completa das fotos podedes consultar o enlace da Biblioteca de Secundaria. |