 Despois de ler en Nadal o libro de Dragal I A herdanza do dragón de Elena Gallego Abad. Hoxe 18 de marzo teremos un Encontro coa autora organizado pola Bilioteca de Secundaria San Narciso e o Departamento de Galego coa intención de que os alumnos/as de 1º da ESO teñan unha experiencia lectora completa ao compartir as dúbidas, emocións e sentimentos que a lectura deste libro provocou coa súa escritora, ademais de escoitar da súa propia voz as vicisitudes da creación literaria e o seu complexo proceso.
Ao se tratar dun libro e dunha saga que está gozando dunha calorosa acollida, que conta xa con traducións a diversas linguas, esoutra faceta do mundo editorial tamén enriquecerá o coñecemento dos alumnos/as sobre o mundo do libro e contribuirá a que sigan lendo máis e medrando en cultura. |