O lema deste curso xira arredor do sentido crítico, como sempre imos adaptar o lema central vicenciano que di "O que a ti te move, móvese contigo, se crítico!? a nosa circunstancia e lelo dende a óptica da materia de galego. Despois dunha pequena reflexión sobre a importancia do espertar a conciencia sobre o uso da nosa lingua, o compromiso coa nosa cultura nesta viaxe que realizamos cada curso cara á esencia do noso país e da nosa identidade, acordamos o lema: ?Os tempos son chegados!? un verso do nos himno que tanto repara na transcendencia do tempo, o paso do tempo que invita a observar que todo está en movemento, que todo cambia, e a importancia de tomar a determinación de actuar de formar opinión de facer posible e visible os compromisos.
Castelao dinos: o verdadeiro heroísmo consiste en trocar os anceios en realidades, as ideias en feitos? e confesa logo ser un home que non se resigna a morrer sen ver realizado o seu ideal .
Unha frase para a reflexión a modo de dedicatoria: ?o pasado, pai do presente, non nos deixou máis que desilusións de vida e complexos de inferioridade. Agora pois son tempos de emprender un camiño de progreso.
Analiza con sentido crítico o seguinte poema de Manuel María.
Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque sí
as rosas do xardín municipal.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
Prohíbeselle á lúa que anda tola
andar ceiba no ceo.
Que a lúa é unha tola que anda espida
e dando mal exemplo ...
Están fora da Lei
a Primavera,
as flores e os carballos,
as estrelas, os peixes e os paxaros.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
Pagarán polos trabucos os poetas.
Prohíbese soñar ...
Prohíbese tamén derramar bágoas.
e pódese chorar ...
e pódese chorar cando hai sequía
pra que enchan os pantanos.
Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.
E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.
Dase este bando en tal e cuale
pra que se cumpra de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado.
EXAMINA O TEU SENTIDO CRÍTICO: Escoita esta versión cantada do poema e responde. Que che di esta canción? Que te chama a atención?
Cal cres que é o tema que trata?
|