Imos escoitar e aprender algo máis sobre os Cantares Gallegos de Rosalía.
Cal é o tema que dá cohesión ao libro?
A dignificación de Galicia, das súas xentes e da súa lingua. Por iso o canto á paisaxe galega é constante. Pero se o fío condutor do libro é esa autoestima pola Terra, podemos aínda así, vela plasmada de xeito diferente en tres temáticas:
- A dos amores,
- A dos costumes e tradicións,
- A da denuncia dos problemas dos galegos/as.
Inspirada nas coplas de tradición oral, Rosalía cédelle a voz a pobo galego, en cada poema canta un home ou unha muller, mesmo dialogan distintas persoas, galegos ou galegas de condición humilde.
Pero ademais debemos engadir un pequeno grupo de poemas nos que podeýaimos dicir que quen canta é Rosalía.
Imos ver como se concreta estas temáticas con diversos poemas:
O máis coñecido: Adiós ríos, adiós fontes...
Tras escoitalo, fíxate nestas estrofas que coinciden coa metade do poema e que a 3ª non aparece nesta versión cantada con ser unha moi importante para observar a intención do poema de Rosalía:
¡Adiós groria! ¡Adiós contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños, 25
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...
.........................................
Mais son probe e, ¡mal pecado!, a miña terra n'é miña, 30
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.
1- A que temática cres que pertence? Por que?
2- Escoita agora este, a se sabe indicar a cal temáticas antes citadas pertence? Logo razóa a resposta:
3-Le as seguintes estrofas e despois responde en cal das temáticas o encadrarías?
-Cantan os galos pra o día;
érguete, meu ben, e vaite.
-¿Como me hei de ir, queridiña;
como me hei de ir e deixarte?
-Deses teus olliños negros
como doas relumbrantes,
hastra as nosas maus unidas
as bágoas ardentes caen.
¿Como me hei de ir si te quero?
¿Como me hei de ir e deixarte,
si ca lengua me desbotas
e co corazón me atraes?
4- Escoita ben estoutro poema e a ver se es quen de saber a cal das temáticas pertencería , argumentando a resposta.
5- Este será o último que escoitemos e intentemos asociar a unha das temáticas antes ditas. Fíxate ben, se cadra é o máis complicadao, por iso debes argumentar ben a resposta: