blogalizando



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Lobishome Romasanta



O lobo da xente máis coñecido
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 24-03-2021 20:39
# Ligazón permanente a este artigo
OS LOBOS E O ENTROIDO

Que relación garda o mes de febreiro cos lobos? Cal é o motivo que no Entroido galego apareza a figura do lobo?

Hoxe descubriremos como as Lupercales que celebraban os romanos ao deus da fertilidade pode coincidir nas súas raíces co tradicional entroido de Galicia. Os romanos na antigüidade eran un pobo de pastores que temían ao lobo e de feito tiñan un deus denominado Luperco da fertilidade e dos rabaños, ao cal rendían culto no mes de febreiro dun xeito moi semellante ao que se segue a celebrar hoxe en día nalgunhas das zonas onde mellor se conserva o entroido tradicional de Galicia. Falamos dos peliqueiros de Laza ou dos cigarróns de Verín que saen ás rúas cunhas máscaras moi particulares nas que debe haber unha fera pintada (un lobo habitualmente como animal totémico temido en toda Europa). Estas máscaras perseguen aos viandantes e danlles cos látegos mentres fan soar as chocas profusamente.

Este parecido indica que este tipo de ritual estaba estendido por toda Europa entre os pobos pastores, lembrade que Galicia unha terra de montes, ten aínda hoxe unha actividae pastoril moi notable.

Apuntamento: A palabra ENTROIDO
O NOSO ENTROIDO COMO É?
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 10-02-2021 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
AS TRECE LÚAS DAS NOITES DE NADAL
A primeira referencia que temos de que se achega un ciclo novo, o do Nadal hoxe recibímola a través da publicidade na TV:




Todo isto de seren galegxs mola, iso de de estar orgullosos do noso está moi ben, pero imos máis alá mergullemos nas raíces do Nadal en Galicia.
O CICLO AGRARIO DO SOLSTICIO DE INVERNO

O ciclo do ano do Sol e da Lúa dende moi antigo foron marcas para organizar os traballos do campo en toda Europa. Os romanos por exemplo celebraban por estas datas da entrada do inverno e de falta de luz, o Sol Invictus

A nosa tradición oral conserva fórmulas propias de Galicia coas que se entra neste ciclo de Nadal ou do Solsticio de Inverno que podemos denominar das trece lúas.

Estamos a poucos días de que dea comezo o ciclo das trece lúas que van do 24 de decembro ata o 6 de xaneiro, trece noites máxicas e moi longas para rematar o ano e convivir con figuras tan curiosas como o noso Apalpador.

Para achegarmos de verdade ao significado deste ciclo de Trece noites coas trece lúas.

A CELEBRACIÓN CRISTIÁ DO NADAL

Comecemos polo que celebramos no día 24 de Nadal, é dicir, o nacemento e utilicemos este vídeo e unha fermosa cantiga tradicional adaptada recentemente polo grupo Berroguetto:



Este é o texto dunha panxoliña, é dicir, unha cantiga de nadal tradicional ou vilancico:

Cara Belén camiña unha Niña ocupada
fermosa canda ela San Xosé a acompaña.

Chegaron a Belén e pediron pousada,
responderon desde dentro con voz alborotada
-Quen chama a miña porta, quen a miña porta chama?
-Somos Xosé e María que pedimos pousada
- Se traen cartos que entren e se non que se vaian.
- Cartos non traerei máis que real de prata
-Iso é poucos cartos, pídano noutra parte.

San Xosé se apenaba, María o consolaba.
Non te apenes Xosé, non te apenes por nada,
que máis cartos ti queres que Isto que me acompaña?


O Cristianismo cando se oficializou a relixión por parte do Imperio Romano fixo coincidir a festa do Solsticio coa chegada ao mundo do Neno Xesús simbolizando a luz e a vida, os mesmos atributos que tiña o Sol Invictus.

O APALPADOR

Camiñando entre a Noite Boa e a Noite Vella non podemos esquecer unha figura tradicional das nosas montañas como o Apalpador:



O ciclo, o de Nadal, que remata o 6 de xaneiro coas danzas de Reis coma estas:



1- Por que se chama a este ciclo Nadal, que significa esta palabra?
2- Investiga e explica coas túas palabras a razón de chamarlle tamén das trece lúas.
3- Que personaxes aparecen na panxoliña tradicional? Que intención ou conclusión podemos deducir das palabras finais do vilancico?
4- En que consiste o costume do Apalpador? Como o describirías?

Rematamos cunha mensaxe do Apalpador e logo a súa canción:





Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 16-12-2020 05:55
# Ligazón permanente a este artigo
Unha esmoliña para os defuntiños que van alá!


Comenzamos preguntándonos por que o mes no que estamos ademais de mes de novembro é coñecido en Galicia como mes de Defuntos.

Estamos no Tempo de Defuntos

RELATOS SOBRE O MES DE DEFUNTOS:

A MORTE BRANCA E A MORTE MOURA
O PAXARO DA MORTE
AS LUCIÑAS
ÁNIMAS E PANTASMAS
OS RUÍNS
A SOCIEDADE SO ÓSO
O BERGANTÍN PANTASMA
A PEREGRINA
ASOMBRAMENTO NOS CASTIÑEIROS
A COMPAÑA
SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 05-11-2020 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA LENDA HISTÓRICA
Hoxe toca coñecer os amores tráxicos de Floralba e o peregrino no castelo de Sobroso en Ponteareas.


Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 17-06-2020 08:24
# Ligazón permanente a este artigo
CONTOS E CANTOS DE MARÍN
Disque contan os nosos avós que na praia de Mogor hai unha serea (non unha sirena que iso é unha bucina) falamos dun ser máxico co corpo dunha muller, pero con cola de peixe que seica canta moi ben. E un deses avós de Mogor tamén contou que nunha cova da illa agochábase un tesouro dos mouros, disque esa é a Illa de Ons, pero que nos saibamos nesta illa polo menos hai unha cova da moura no Castro e outra furna ou buraco chamado do Inferno:
"Hai un buraco que se tiras unha pedra óese como se estiveras cortando unha árbore. Por terra non se pode ir pero por mar sí, e cando a marea está chea mírase a auga desde enriba?... ?En días de temporal óense berros e salaios das almas que ten atrapadas o diaño?... ?Un soldado ao achegarse sentiu como se o estiveran empuxando para que caíra e así pasou. Foron varias as expedicións a dentro del, pero non o atoparon. Sospeitase que o soldado estea nun asento de pedra?...

Subamos nun barco con dous do continente a ver que nos contan alí:



E logo xa de volta, como empezabos falando dos cantos das sereas, nunha taberna mariñeira escoitamos un canto mariñeiro que fala de Marín.

En Marín tamén é terra de cantos, consérvanse cantos populares. Podes coñecer no vídeo do seguinte enlace a historia dunha cantiga emblemática de Marín a do Rodaballo:

Nunha lancha de Marín
coa proa de carballo, BIS
catro rapaces da Pobra
ui, ai, ai
roubaron un rodaballo.BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

O patrón que os mandaba
tamén era de Marín BIS
e díxolle ao rodaballo:
ui, ai, ai
moito miras para min! BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

Fórono vender á lonxa
e con moito disimulo BIS
e quen o foi a comprar
ui, ai, ai
a filla do Cachirulo! BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa

Aquí se acaba a historia
deste peixe rodaballo BIS
que por non haber aceite,
ui, ai, ai,
houbo que comelo asado. BIS

Mala chispa te coma,
mala chispa che dea,
mala chispa te trague,
ai, ai, ié. BIS a estrofa


Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 11-06-2020 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
LENDA DE SANTA MARIÑA
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 09-06-2020 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
A MOURA PRETA de Negros (Redondela)


Despois de ver o vídeo resume o seu contido.
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 13-04-2020 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
A PENA DA MOURA DE REMESAR


CUESTIÓNS:
1-Despois de ver o vídeo realiza un resumo do mito desta Pena da Moura do lugar de Remesar no concello lugués de Bóveda.
2- Logo procura definir que é unha moura, co que se asocia esta figura?
Comentarios (3) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 02-04-2020 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chega o Entroido!
Investiguemos sobre o noso entroido tradicional, un referente internacional, por que?



O NOSO ENTERRO DA SARDIÑA
Comentarios (0) - Categoría: TRADICIÓN ORAL - Publicado o 19-02-2020 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0