IGUAIS, PERO DIFERENTES.
Como unha especie de ponte cara ao primeiro tema do libro imos falar da identidade, que aínda que é unha palabra cuxo sinónimo é ?igualdade?(se es idéntico a alguén, es igual a esa persoa) curiosamente é unha cualidade que nos fai realmente distintos a uns dos outros. Aplicado este termo a unha comunidade estable en relación coa Natureza, ao longo da Historia, nun Territorio, cunha Cultura e unha Lingua propias, fai de nós un país.
Vaiamos ao dicionario: IDENTIDADE: Conxunto de características ou elementos que definen unha persoa ou cousa fronte ás demais, o que fai que sexa recoñecida como tal.
LINGUA, HISTORIA E SOCIEDADE.
Como somos seres que vivimos en sociedade, como somos persoas con Historia insertos nunha comunidade con pasado imos reparar na nosa árbore filolóxica ou de identidade para saber de quen veño sendo eu, cales son as raíces idiomáticas que me unen a esta Terra que se chama Galicia, para logo poder analizar o presente e mesmo planear a miña actitude futura cara ao galego. Unha autora moi nova, Berta Dávila, dixo recentemente nunha entrevista:
"...a identidade pasa por entender quen somos, quen fomos e por que somos. Somos en función do pasado, do que fomos antes"? ? a lingua vennos dada, pero nunha situación de conflito como a que temos nós, tamén é unha elección.?
NA PROCURA DA ETIMOLOXíA DA PALABRA: GALICIA
Etimos + logos son dúas palabras gregas en orixe. Procurar a orixe verdadeira das palabras é buscar a etimoloxía dunha palabra, indagar de onde procede e cal é o seu significado orixinario.
Imos saber hoxe de onde procede a palabra GALICIA, quen nos puxo este nome, e mesmo coñecer un sufixo moi usado na nosa lingua, tanto que aparece na palabra gal-ego. Visualiza este dous vídeos e logo responde as cuestións:
Cuestións:
1- Cal é o obxectivo do micro programa "Ben falado"?
2- O galego vén do latín, o latín vén a ser a nai da nosa lingua, pero quen é a avoa do galego?
3- Quen lle puxo o nome de Gallaecia a Nosa Terra:
4- Dos sufixos latinos aic /eic = -ego naceu un sufixo moi galego. Cita tres palabras que o conteñan.
5- Por que cres que a montaxe que inclúe o primeiro dos vídeos denomínase "palabras milenarias"? Argumenta a resposta.
6- "Chover miudiño" e ?ás cuncas" ou "a cachón?, "a caldeiro"... Que diferenza hai?
7- Cal é a etimoloxía de "Galicia"ou de Callaecia?
8- O galego forma parte do privilexiado 5% que significa isto?
9-En que continentes hai máis linguas?
10-Cantas das linguas do mundo se falan en Europa?
11-De quen depende a continuidade das nosas linguas?
12- Expresa coas túas palabras como cres que nace un idioma e por que é tan importante a súa pervivencia no mundo.
PROXECTO DE AULA: DA LINGUA DE 1900 ATA HOXE Indaga logo: E TI DE QUEN VÉS SENDO? .
A MIÑA ÁRBORE DE IDENTIDADE
1º Que falaban os meus bisavós entre eles e que lle falaron aos meus avós?
2º Que falaban os meus avós paternos entre eles e que lle falaron aos meus pais? / que falaban meus avós maternos e que lle falaron a miña nai? Uns e outros, sobre que ano naceron, onde viviron, que oficio tiveron? Todas estas cousas influiron no idioma que falan.
3º Que fala o meu pai coa miña nai e en que idioma me fala a min?/ en que idioma fala miña nai ao meu pai e en que idioma me fala ela a min?
Imos saber que tres recomendacións faremos a falta de folión ou fogueiras comunitarias de San Xoán.
En primeiro lugar, cinco minutiños para cumprir coa tradición nada mellor que ir buscar o cacho de San Xoán, as 7 herbas e as augas de 7 fontes:
En segundo lugar recomendamos escoitar música galega relacionada coa data de San Xoán: Noite de San Xoán, cantiga feita a partir dos versos do autor do himno galego, Eduardo Pondal, que escribiu para esta noite máxica. A segunda sobre os Feitizos:
E como xa estamos entrando no verán, imos recomendar finalmente unha serie de lecturas para este tempo de lecer:
A saga de aventuras do Dragón galego: DRAGAL escrita por unha xornalista e escritora marinense, Elena Gallego Abad.
- Seguiremos as normas do Ateneo SANTA CECILIA os organizadores do Concurso de Maios e Embarcacións de Marín establecen:
- Poden participar todos os nenos e nenas que queiran, ben de maneira individual ou con familiares que convivan na mesma casa, ata os 12 anos de idade inclusive.
- Terán que compoñer unha copla orixinal en galego, do tipo tradicional que non excesa as seis estrofas.
En que consisten estas coplas. Falan de temas de actualidade de diversa índole. Normalmente unha primeira copla é de introdución ou entrada e a final que serve de despedida.
A mellor forma de entender o sentido destas estrofas é ver exemplos ou escoitar un vídeo dos maios doutros anos.
MODELOS OU COPLAS DO MAIO e DE EMBARCACIÓN de MARÍN:
Aquí vén a Bruxa
feita unha centella
por culpa da crise
que acaba con ela.
Tiña catro chicas
metidas nos bancos
levoullas Facenda
e agora anda a saltos.
Xa está todo preparado
vai haber as eleccións
hai que ter moito coidado
que non se metan os chupóns.
E a nosa Bruxa tola
por se acaso anda a mirar
se a collen nunha lista
que tamén quere chupar.
Ela quere ser alcaldesa
cunha maneira nova
vai arranxar os problemas
empregando a súa escoba.
Dique agora no concello
hai que arranxar moitos casos
e se non andan dereitos
vainos mancar a escobazos...
Xa levamos a esta Bruxa
porque se vai presentar
este ano a Eurovisión
e ten moito que ensaiar.
Tende moito coidadiño
señoriños do xurado
porque o ollo desta Bruxa
anda medio revirado.
2011
EMBARCACIÓN
Estas copliñas
que lle vamos a cantar
costou moito traballo
podelas axeitar.
Vímoslle a traer
a nosa embarcación
que todos fixemos
con toda ilusión.
Fumos navegar
con ela pola Ría
pescamos unha lorcha
e unha polmonía.
Colleunos a tormenta
indo pra Mogor
e tivemos que virar
trinta graos a babor.
O vento arreciaba
e tirounos ó mar
a punto estivemos
todos de afogar.
Non quedou nada
da nosa "Chalupa"
nin sequera un anaco
mirando con lupa.
Esta é a suplente
que tivemos que facer
despois de secarnos
e a todo correr.
1973