|
|
|
DAS PALABRAS ÁS FRASES |
|
 Se non coñeces ben as clases de palabras que usamos en galego debes consultar as distintas categorías de palabras.
As frases son unidades superiores ás palabras, un conxunto de palabras relacionadas e con sentido, pero sen verbo. Imos trabalar con este tipo de unidades para comezar con est aparte da gramática que lle chamamos sintaxe.
Unha vez superado o exercicio de repaso das clases de palabras podes
entrar e ler no enlace Tipos de frases que son as frases simples, complexas e compostas antes de pasar a facer os exercicios e traballar con exemplos de cadaseu modelo analizándoas e tamén desenvolvendo a súa estrutura en árbore.
ACTIVIDADES SOBRE AS FRASES
1-Escribe no teu caderno un par de frases simples seguindo os modelos de análise da estrutura da mesma en árbore como aparece na ilustración.
2- Analiza as frases seguintes en forma de árbore:
A casa de Pedro.
O coche de portas amarelas. |
|
|
|
Imos cos Pronomes persoais en galego |
|
 Utiliza o enlace para ver e entender os cadros dos pronomes persoais e logo para saber como se colocan os pronomes átonos en galego.
Poderás facer multitude de exercicios para aprender a usalos ben. |
|
|
|
Os verbos regulares e irregulares en Galego |
|
 Para estudar e saber os verbos en galego é útil usar unha táboa para ver cal é a súa estrutura.
Dintinguiremos verbo Regular do Irregular polo seu lexema. Fíxate nas diferenzas entre un verbo regular e outro irregular
Regular: cant-o, cant-aba, cant-arei, cant-ei
Irregular: fag-o, fac-ía, fa-rei, fix-en
Consulta a táboa dos tempos e modos no verbo regular.
|
|
|
|
Comecemos por usar ben os pronomes persoais átonos |
|
 Utiliza o enlace para ver os cadros dos pronomes persoais e coñecer como se colocan os pronomes átonos en galego.
Poderás facer multitude de exercicios para aprender a usalos ben. |
|
|
|
REPASO GRAMATICAL DE PRONOMES ÁTONOS |
|
 Seguro que lembras os pronomes átonos que vimos na 2ª avaliación. Hoxe toca repasar. Primeiro o cadro que tes máis arriba.
CUESTIONARIO:UN PRONOME ÁTONO NUNCA PODE COMEZAR UNHA ORACIÓN
1-Logo as posibles colocacións dun pronome átono cales eran?
Posición natural ou habitual:
As 4 excepcións:
-
-
2- Imos sustituir os Complementos directos e os Complementos indirectos en pronomes átonos. Fixándonos no cadro témolo feito.
Exemplos de modelo: Mercou mazás para eles.
Primeiro identificamos o verbo: Mercou.
Agora se lle preguntamos ao verbo: "que cousa responde o CD ou OD (pódense chamar das dúas formas). Que mercou? mazás (OD)
Logo preguntámoslle: A quen ou para quen? Para eles (OI).
O segundo paso é transformar os OD e OI en pronomes átonos de 1ª, 2ª ou 3ª persoa, a que corresponda. Para iso temos un cadro marabilloso que tamén copiaramos na libreta.
Se te fixas no cadro, nesta oración son todas formas de 3ª persoa plural e serían:
- as para o OD (substitúe a mazás)
- lles (OI) referido a eles.
Agora xa o podemos colocar:
Mercoullelas (xa sabes que con lles + as contraen os pronomes e que no lugar do -s de lles se coloca un -l-).
Probemos con outro exemplo:
Non comprou unha rosa para ela.
Verbo: comprou.
OD unha rosa,
OI para ela.
Logo os pronomes neste caso son:
- a(OD)
- lle (OI)
Como contraen: lle + a= lla.
Só resta colocar no seu sitio os pronomes, e aquí temos un problema é negativa a oración: Hai un non, logo o pronome átono ten que colocarse diante:
Non lla comprou.
A seguir faino ti coas seguintes oracións:
-Levou un coche para o seu sobriño.
- Fixo unhas filloas para seu irmán.
- Non quixo facer filloas para as súas tías.
- Dáme un queixo para min.
- Trouxo un libro para ti?
- O profesor mercou mascarillas para todos.
|
|
|
|
Xa están aquí os pronomes persoais! |
|
 Pronomes persoais
Contra os pronomicidios
Bótalle un ollo ao seguinte vídeo:
http://www.crtvg.es/informativos/aprende-a-colocar-pronomes-en-1-minuto-digochoeu target=_blank class=tEnlac> A colocación dos pronomes nun minuto |
|
|
|
Xa están aquí os pronomes persoais! |
|
 Pronomes persoais
Contra os pronomicidios |
|
|
|
Obxectivo: controlar os complementos básicos da oración |
|

UN EXERCICIO DE INVESTIGACIÓN GRAMATICAL: Como saber cando estou ante un complemento directo ou ante un complemento indirecto?
- As típicas preguntas ao verbo.
- A substitución de pronomes átonos.
- A conversión á pasiva.
Te ou che?
Uso llo, lla/ llelo, llela |
|
|
|
Chegaron os pronomes: PRONOMES PERSOAIS |
|
 Pronomes persoais
Contra os pronomicidios |
|
|
|
SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS |
|
 Imos traballar con estas dúas clases de palabras variables, ver como se identifican, o seu xénero e número e como concordan entre si á hora de apareceren xuntas.
OS SUBSTANTIVOS: Son palabras variables que designan entidades como persoas, animais, plantas, cousas, sentimentos ou ideas. Por exemplo: rapaza, vaca, castaña, ordenador, amor, adolescencia, xustiza.
COMO SE RECOÑECEN
Son con frecuencia o núcleo na frase substantiva ou da frase nominal, poden desempeñar a función de suxeito nas oracións.
TIPOS DE SUBSTANTIVOS
Comúns e Propios:
Concretos e Abstractos:
Contables e incontables:
Individuais e Colectivos:
O XÉNERO DOS SUBSTANTIVOS
Son masculinos en galego: Os nomes das letras ( o eme, o ele), os rematados en -ote (dote, lote), -me (costume, legume, lume).
Son femininos en galego: moitas árbores ( a laranxeira, a figueira, a oliveira), os substantivos rematados en -axe (paisaxe, sondaxe, agás o traxe, o paxe , o garaxe e o/a personaxe) e os rematados en -se, -ite (a análise, a dermatite).
Podes ampliar esta lista aquí.
Os susbtantivos poden variar de xénero seguindo este cadro:
MASCULINO / FEMININO / Exemplos
-o, -e / -a fillo/-a, presidente/-a
-eu / -ía xudeu/ xudía
-ó,-r,-l,-z,-s,-ín/ -a avó/-a, señor/-a,...
-án / -á ou -ana/ ancián/-á,paspán/-ana
- ón /-oa ou -ona/ patrón/-a abusón/-ona
A FORMACIÓN DO PLURAL
SINGULAR rematado en: / PLURAL / EXEMPLOS
vogal , ditongo ou-n / -s café/-s rei/-s can/-s
-r, -z, -s(agudas monosílabas)/-es/ calor/-es mes/-es
-s(graves, esdrúxulas, grupo cons)/non varía/ lapis/ luns
- x /non varía/ fax, unisex
-l (monosilábico, polisílabo grave)/-es/ val/-es/túnel/-es
-l (polisílabo agudo) /-is/ papel/papeis
OS ADXECTIVOS
Os adxectivos cualificativos son palabras variables que nomean as calidades ou os estados que se poden dicir dos substantivos.
COMO SE RECOÑECEN
Son frecuentemente modificadores nas frases substantivas ao complementar aos substantivos e concordar en xénero e número con eles.
TIPOS DE ADXECTIVOS
XÉNERO E NÚMERO DOS ADXECTIVOS
Seguen as mesmas que os substantivos como podes comprobar aquí.
O GRAO DOS ADXECTIVOS
Os adxectivos poden presentar distintos graos: positivo, comparativo e superlativo.
EXERCICIOS CON SUBSTANTIVOS E ADXECTIVOS |
|
|
|
|
|
|