Para a lectura deste Nadal,Memorias dun neno labrego de X. Neira Vilas ios ir lendo cada capítulo e consultando as palabras ou expresións que non coñezamos e cando rematemos o capítulo realizar un breve resumo procurando manter a estrutura do propio relato (un parágrafo ou dous parágrafos) co argumento do mesmo, indicando o tipo de narrador, os personaxes, os espazos e os tempos que aparezan nese capítulo.
1-Vocabulario do capítulo
2-Resumo co argumento do capítulo
3- Narrador e personaxes.
4- Espazos e tempos.
A continuación poremos un exemplo do que hai que facer co primeiro dos capítulos:
EU SON...
1- Vocabulario: "ser un ninguén":ser unha persoa a que non se considera, marxinada ou despreciada.
non hai quen lle tusa: persoa á que se lle ten respecto. Alancar: dar pasos grandes Brocha: chatola restrebar ou xuntar monllos: volver a labrar unha leira/ monllo é un atado de herba ou semellantes. moxardos: moscas muíños apeados: parados (por encherse de auga) espeteiras: táboa con espetos ou garfos para colgar Murnas: mancha na pel por efecto de achegarse ao lume. fridas: (feridas) Gurrucho: grolo Broa: pan de millo os trafegos da terra os labores da terra Cortizo: colmea
Adoezo: estar falto ou desexoso de algo. Tripando: pisar baldeirar o corazón: baleirar os sentimentos e preocupacións.
2- O primeiro dos capítulos é a presentación do personaxe principal, Balbino, que se define como alguén sen importancia e pobre en oposición a outro personaxe, Manolito, ao que se repecta. É un neno de aldea fronte aos da vila. Está desexoso de ver mundo porque a aldea lle queda pequena e vese triste como os seus semellantes, tamén deescribir un libro. Finalmente dinos que escribe as súas reflexións sobre o mundo que adoece por entender e que a ninguén conta pois pensa que igual está algo tolo. Escribe para envorcar os seus sentimentos cada noite e liberarse desa pobreza que o abafa.
3-Narrador protagonista, é o personaxe principal, aínda que retrata tamén aos que son coma el de aldea. Outros personaxes con certos trazos de antagonistas: son Manolito (ao que se lle respecta) e os nenos da vila (distintos dos da aldea). Cítase a un tal Landeiro do que se di que lle deu un libro escrito por Smith.
4-O espazo ao que fai referencia é unha aldea galega, aínda que fala en concreto dende unha casa, a de Landeiro, na que vive e escribe.
Os tempos son imprecisos ao realizar unha reflexión sobre a súa curta vida no verán e no inverno, unha revisión do seu pasado dá a impresión dun tempo interno dunha secuencia reducida de varios anos da súa infancia na aldea na casa onde naceu e criou. O tempo externo: Os anos 40.
Imos ler un gran libro da nosa literatura para comezar co plan lector deste curso:
MEMORIAS DUN NENO LABREGO de Xosé Neira Vilas.
Este autor que estivo hai uns anos no colexio, faleceu lamentablemente hai uns días e neste curso temos a oportunidade de achegarmonos ao seu libro máis coñecido e universal.
Hoxe tivemos os alumnos/as de 1º da ESO o Encontro da Biblioteca coa autora Elena Gallego Abad. Explicounos inicialmente as razóns que a levaron a escribir o libro, a documentación básica coa que comezou unha historia que logo se foi desenvolvendo e que hoxe xa está a piques de presentar o cuarto volume (espera saír no próximo mes de abril). Tamén verá a luz neste ano o cómic do DRAGRAL.
Os alumnos/as de 1º da ESO despois de preguntarlle dúbidas e incertidumes tras da lectura , tamén de comunicarlle a súa experiecia tras ler o primeiro dos libros entregoulle unha serie de traballos en grupo realizados nestes días na procura das orixes do dragón galego.
Despois de ler en Nadal o libro de Dragal IA herdanza do dragón de Elena Gallego Abad. Hoxe 18 de marzo teremos un Encontro coa autora organizado pola Bilioteca de Secundaria San Narciso e o Departamento de Galego coa intención de que os alumnos/as de 1º da ESO teñan unha experiencia lectora completa ao compartir as dúbidas, emocións e sentimentos que a lectura deste libro provocou coa súa escritora, ademais de escoitar da súa propia voz as vicisitudes da creación literaria e o seu complexo proceso.
Ao se tratar dun libro e dunha saga que está gozando dunha calorosa acollida, que conta xa con traducións a diversas linguas, esoutra faceta do mundo editorial tamén enriquecerá o coñecemento dos alumnos/as sobre o mundo do libro e contribuirá a que sigan lendo máis e medrando en cultura.
A antiga bandeira do primeiro reino medieval de Europa, que foi Gallaecia, é dicir, un reino que os romanos venderon aos Suevos (que ocupaba ademais da actual Galicia, o Norte de Portugal e unha boa parte de Asturias e León) tiña unha bandeira que como consta nun documento do 1669 tiña un dragón e un león enfrontados. Aínda hoxe no escudo da cidade portuguesa de Coimbra podemos ver aquel vello dragón.
Ademais desta proba evidente da presenza do dragón galego na nosa Terra de vello, hai unha boa chea de escudos da nobreza galega que incorporan un dragón na heráldica particular.
Na fotografía que acompaña esta entrada vemos este escudo da casa Balboa en Vilafranca do Bierzo, e non é o único que podemos apreciar, tamén aparece un dragón de distinta maneira en escudos de diversas familias.
A Raiña Lupa pasa por ser a moura máis coñecida e misteriosa da nosa mitoloxía.
Trátase dun mito precristiá que logo se foi cristianizando ata aparecer integrado nas lendas da chegada do corpo de Santiago Apóstolo. Vaiamos logo na procura do noso dragón, as fontes de inspiración da novela de Dragal.
Le atentamente este texto en latín e a súa tradución:
Ophiussa... primo Oestrymnis,
locos et arua Oestrymnicis habitantibus;
post multa serpens effugauit incolas,
uacuamque glaebam nominis fecit sui.
"Ofiusa... foi chamada, ao principio, Estrimnis, porque os estrímnicos poboaban as súas paraxes e cabos; despois, unha multitude de serpes fixo fuxir aos seus habitantes e deixou o territorio privado do seu nome."
Cempsi atque Saefes arduos collis habent
Ophiussae in agro. Propter hos pernix Lucis
Draganumque proles sub niuoso maxime
Septentrione conlocauerant laurem.
"Os cempsos e os saefes ocupan os abruptos cumios do territorio de Ofiusa. Cerca deles se estableceron o rápido luso e a prole dos draganos, en dirección cara o septentrión de abundantes neves".
Ora Maritima, Avieno
Avieno neste texto do século IV d.C. conta que os habitantes máis antigos de Galicia chamados Oestrimnios foron atacados o pobo dos Saefes (serpes ou dragóns) que algúns historiadores identifican coas tribos celtas que conforman a Cultura dos Castros. Poucos vestixios deixaron debido a posterior Romanización que trouxo outros costumes, crenzas e formas de vivir e organizarense a sociedade. Pero nas lendas como a do Santo Hadrián atopamos a un dos primeiros santos nestas terras acabando coas serpes das Illas Sisargas.
Non esquezamos que Ofiusa é o nome que recibe este territorio e que significa "pobo de serpes", os ofidios son a especie destes réptis, "ofis" é a palabra grega da que provén este nome.
Tamén os arqueólogos e especialistas na Cultura Castrexa chaman a nosa atención sobre a aparición de serpes esculpidas en pedra en distintos castros como o de Troña (Ponteareas) acompañados de lendas que se conservaron por tradición oral. Na ilustración a famosa Pedra da Serpe de Gondomil (Ponteceso), unha das máis coñecidas representacións de serpes-dragóns de orixe incerta e que posteriormente foi cristianizado como pode apreciarse pola cruz.
Propoñémonos facer desta lectura un pracer e ademais unha reflexión práctica sobre os textos narrativos analizando a estrutura da novela e identificando en cadanseu capítulo os elementos da narración que presenta. Tamén seremos creativos e iremos realizando unha ilustración capítulo a capítulo.
Promete ser unha lectura entretida e instrutiva.
Comezamos polo resumo ou ARGUMENTO desta historia de intriga e aventura, de amizade e fantasía.
Hadrián atópase na clase de matemáticas nos minutos nos que a profesora reparte os exames mentres que, sen que ninguén se dea conta na aula, dende a fachada da vella igrexa de San Pedro que se atopa fronte ao centro do ensino, o Dragal observa a situación. Dona Ermidas, a profesora, entrégalle o exame a Hadrián que curiosamente sacou un 10. O dragón dende a cornixa chíscalle un ollo. E a profesora, que estivera preocupada polo rapaz tras o seu trasladado doutro centro despois da morte do seu pai, ao final da clase, anímao a que siga así ata atopar o seu camiño. Un camiño misterioso que Hadrián agora sabía que se abrira séculos atrás.
O NARRADOR neste capítulo é unha voz externa ao relato en terceira persoa. É un narrador omnisciente que coñece o pasado o que pensan os personaxes (Hadrián ou Ermidas).
OS PERSONAXES: Parece haber un protagonista claro neste capítulo que é Hadrián e outro personaxe (se cadra o antagonista) misterioso denominado Dragal, aparecen os nomes de varios compañeiros de clase do rapaz: Mónica que parece coñecer a Hadrían porque ao final agarda por el, Miguel, Teresa, Antón? secundarios e tamén nun papel secundario , un tanto máis relevante que os anteriores neste capítulo, o de Dona Ermidas, a profesora de Matemáticas.
ESPAZO(s): a Aula que se atopa nun centro de ensino fronte a unha vella igrexa cuxa fachada vese dende a fiestra.
TEMPO(s): (Aquí debemos distinguir entre o tempo relatado (canto tempo se narra) e cómo se relata ese tempo ao que chamamos o tempo do discurso. Este pode ser lineal se coincide co anterior ou descontinuo podendo ser mesmo unha retrospección (indo de adiante cara atrás).
O tempo relatado é o que podería durar aproximadamente unha sesión de clase de Matemáticas na que se entregan uns exames.
O tempo do discurso, que neste capítulo coincide co relatado porque é lineal, comeza no principio e remata ao final da clase, aínda que hai referencias ao pasado de Hadrián e ao comezo do curso, non se chega a dar un salto a un tempo pasado, é unha pequena referencia.
MODOS DE DISCURSO (A autora pode escoller entre narración, descrición ou diálogo á hora de contar esta historia. Trátase de comentar en cada capítulo cal dos tres domina e cando se utiliza, se é que se usa calquera dos outros dous).
No 1º capítulo do libro domina a narración de acontecementos, non hai descrición (unha liña describe o aspecto do exame de Hadrián) e o diálogo aparece cando dona Ermidas entrega aos alumnos os exames e prodúcese unha pequena conversa entre ela e o protagonista.
A autora do texto, Concha Blanco, decidiu escoller unha voz para comunicar unha historia que titula: Misterio resolto.
Que tipo de voz narradora cres que escolleu?
Para sabelo temos que ler o texto, claro está, e deducir polo tempo verbal que utiliza se narra a historia dende dentro ou dende fóra da mesma.
Ben, despois de solucionar esta primeira intriga literaria propia de lectores interesados, imos cos personaxes. Tradicionalmente aparecen descritos nas primeiras páxinas dos textos. Ocorrerá así nesta novela?
A descrición é un modelo de contar, un modo de escribir pintando, debuxando. Trátase dunha parada da acción típica dunha narración. Os verbos pasan a ser verbos estáticos: ser, estar, parecer... tamén son moi frecuentes verbos como ter... están case sempre en tempo imperfecto: era, estaba, parecía,tiña... Outro elemento frecuente nas descricións son os adxectivos que expresan a calidade ou os estados dos obxectos ou persoas descritas. Por último, o elemento máis literario das descricións son as comparacións e as metáforas. A comparación nos seus distintos graos (tanto como, máis ou menos que) ou o simple "como" abren a porta á imaxinación. Se dicimos Era alto como un carballo imaxinamos de inmediato unha persoa forte e robusta asociados á comparación feita coa árbore, por exemplo.
logo vén a metáfora esa gran entrada da subxectividade no texto: "es longo, es un día sen pan!"
A descrición persoal pode ser física (prosopografía) ou de carácter (etopea). Se fala dun retrato cando combinamos ambas.