Imos ler esta obra clásica que significará un pequeno paso máis na vosa formación como lectores. Trátase de ler un texto clásico das letras galegas que é unha obra recoñecida, tanto en galicia como fóra (por ser unha traducida a moitas linguas).
Esta lectura presentará as seguintes dificultades:
- Un léxico específico
- Sitúanos nos anos 40 do século pasado
- Desenvólvese nun mundo rural
Para axudarvos envíovos un vocabulario coas palabras que seguro precisaredes consultar e que non sempre é doado atopalas nos dicionarios.
Imos ler cada capítulo e resumindo o seu contido para podelo logo lembrar na proba de lectura e comprensión que realizaremos ao rematala de ler.
RESUMO DO CAPÍTULO PRIMEIRO
O primeiro dos capítulos é a presentación do personaxe principal, Balbino, que se define como alguén sen importancia e pobre en oposición a outro personaxe, Manolito, ao que se repecta. É un neno de aldea fronte aos da vila. Está desexoso de ver mundo porque a aldea lle queda pequena e vese triste como os seus semellantes, tamén de escribir un libro. Finalmente dinos que escribe as súas reflexións sobre o mundo que adoece por entender e que a ninguén conta pois pensa que igual está algo tolo. Escribe para envorcar os seus sentimentos cada noite e liberarse desa pobreza que o abafa.
Narrador protagonista, é o personaxe principal, aínda que retrata tamén aos que son coma el de aldea. Outros personaxes con certos trazos de antagonistas: son Manolito (ao que se lle respecta) e os nenos da vila (distintos dos da aldea). Cítase a un tal Landeiro do que se di que lle deu un libro escrito por Smith.
O espazo ao que fai referencia é unha aldea galega, aínda que fala en concreto dende unha casa, a de Landeiro, na que vive e escribe.
Os tempos son imprecisos ao realizar unha reflexión sobre a súa curta vida no verán e no inverno, unha revisión do seu pasado dá a impresión dun tempo interno dunha secuencia reducida de varios anos da súa infancia na aldea na casa onde naceu e criou. O tempo externo: Os anos 40.
Imos realizar a lectura dun clásico. Comezamos lendo o 1º capítulo na aula para explicar algunha cuestións relativas ao vocabulario deste libro que debemos coidar e traballar como indicamos no seguinte enlace.COMO IMOS LER ESTE LIBRO?
O prazo de lectura será ata o día 25 de febreiro, día no qu erealizaremos unha proba de lectura na que haberá que presentar os resumos de cada capítulo, feitos a man.
Debemos ler o libro ao longo deste mes e ir resumindo capítulo a capítulo a lectura para logo ter unha proba de lectura na que se presentaran os resumos o próximo día 30 de novembro.
Este libro servirá para tratar de analizar a estrutura dunha obra narrativa ademais de analizar a trama da historia que relata.
Para a lectura de Memorias dun neno labrego de X. Neira Vilas imos ir lendo cada capítulo e consultando as palabras ou expresións que non coñezamos e cando rematemos o capítulo realizaremos un breve resumo procurando manter a estrutura do propio relato (un parágrafo ou dous parágrafos) co argumento do mesmo, identificando o tipo de narrador, os personaxes, os espazos e os tempos que aparezan nese capítulo.
1-Vocabulario do capítulo
2-Resumo co argumento do capítulo
3- Narrador e personaxes.
4- Espazos e tempos.
A continuación poremos un exemplo do que hai que facer co primeiro dos capítulos:
1- Vocabulario: "ser un ninguén":ser unha persoa a que non se considera, marxinada ou despreciada.
non hai quen lle tusa: persoa á que se lle ten respecto.
Alancar: dar pasos grandes
Brocha: chatola
restrebar ou xuntar monllos: volver a labrar unha leira/ monllo é un atado de herba ou semellantes.
moxardos: moscas
muíños apeados: parados (por encherse de auga)
espeteiras: táboa con espetos ou garfos para colgar
Murnas: mancha na pel por efecto de achegarse ao lume.
fridas: (feridas)
Gurrucho: grolo
Broa: pan de millo
os trafegos da terra os labores da terra
Cortizo: colmea
Adoezo: estar falto ou desexoso de algo.
Tripando: pisar
baldeirar o corazón: baleirar os sentimentos e preocupacións.
2- Resumo: O primeiro dos capítulos é a presentación do personaxe principal, Balbino, que se define como alguén sen importancia e pobre en oposición a outro personaxe, Manolito, ao que se repecta. É un neno de aldea fronte aos da vila. Está desexoso de ver mundo porque a aldea lle queda pequena e vese triste como os seus semellantes, tamén deescribir un libro. Finalmente dinos que escribe as súas reflexións sobre o mundo que adoece por entender e que a ninguén conta pois pensa que igual está algo tolo. Escribe para envorcar os seus sentimentos cada noite e liberarse desa pobreza que o abafa.
3-Narrador protagonista, é o personaxe principal, aínda que retrata tamén aos que son coma el de aldea. Outros personaxes con certos trazos de antagonistas: son Manolito (ao que se lle respecta) e os nenos da vila (distintos dos da aldea). Cítase a un tal Landeiro do que se di que lle deu un libro escrito por Smith.
4-O espazo ao que fai referencia é unha aldea galega, aínda que fala en concreto dende unha casa, a de Landeiro, na que vive e escribe. Os tempos son imprecisos ao realizar unha reflexión sobre a súa curta vida no verán e no inverno, unha revisión do seu pasado dá a impresión dun tempo interno dunha secuencia reducida de varios anos da súa infancia na aldea na casa onde naceu e criou. O tempo externo: Os anos 40.
Un par de libros en galego recomendables para quen gusta ler e teña todo aprobado:
Unha saga de aventuras, amor...e algo máis que descubrirás lendo: DRAGAL de Elena Gallego Abad.
Dragal I, A herdanza do dragón, Elena Gallego Abad, Xerais, 264 páxs.
Dragal II, A metamorfose do dragón, Elena Gallego Abad, Xerais, 360 páxs.
Dragal III, A fraternidade do dragón, Elena Gallego Abad, Xerais, 320 páxs.
Dragal IV, A estirpe do dragón, Elena Gallego Abad, Xerais, 360 páxs.
Cando petan na porta pola noite. Un libro dun autor que acaba de morrer, Xabier P.Docampo, que gañou no seu día o Premio Nacional de literatura xuvenil con esta obriña con varios relatos de medo. Cando petan na porta pola noite, Xavier P. Docampo, Xerais, 96 páxs.
Amor dos quince anos, Marilyn, Agustín Fernández Paz, Xerais, 176 páxs.
Trece anos de Branca, Agustín Fernández Paz, Edebé, 98 páxs.
Contos por palabras, Agustín Fernández Paz, Xerais, 112 páxs.