Podemos imaxinar que a nosa lingua é como un ser humano que nace do seo doutra lingua e mesmo pode ter unha avoíña. A lingua galega é filla da lingua latina que trouxeron a esta terra os romanos. E o Latín vén sendo fillo dunha lingua da prehistoria, tan antiga que cando estaba viva, é dicir, cando se falaba non había aínda escritura. Esa lingua chamábase Lingua Indoeuropea, a avoa do galego.
No Día Europeo das Linguas e da Tradución ímolo celebrar co noso idioma:
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor
o murmurio do vento
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén
se perdemos a fala
non seremos ninguén.
O idioma é o amor
o latexo, a verdade
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer
precisamos a lingua
se queremos vencer.
Manuel María.
PROXECTO DE AULA DA UNIDADE 0: O poeta emprega unha morea de metáforas para definir o idioma: Unha metáfora é unha identificación dun termo real (o idioma) cun termo imaxinario ( a chave) que é posible porque hai un elemento que as une (o idioma e a chave abren algo).
1- Atopa outras dúas metáforas no poema e indica cal é o seu termo real e o imaxinario.
2- Crea a túa propia metáfora e logo, reunindo todas as da clase, será a primeira banda deseñada do curso coas distintas ideas que realicemos.
Benvidos ao curso 2023-24 de Lingua e Literatura Galegas.
Imos procurar un lema para o curso que nos axude a comezalo marcando un obxectivo.
Aquel país das marabillas do curso pasado no presente convértese logo nun teatro onde actuamos unha metáfora onde desenvolveremos traballaremos coas semellanzas que nos permiten identificar a Galicia cun teatro.
Muitas veces escoitamos falar do teatro da vida como unha metáfora do vivir, da existencia, pois nela lévase a cabo o noso día a día, os nosos conflitos diarios, coas nosas carencias e cos nosos logros, o espazo concreto de contacto que compartimos cos outros, onde expresamos como verdadeiros personaxes protagonistas portadores de sentimentos de tristura e de ledicia. Ese teatro é un verdadeiro espello do que realmente somos e que se concreta en actos, pois a nosa personalidade depende de como actuamos e nos movemos no mundo.
No teatro a lingua de noso é esencial,o diálogo co outro sexa actor, actriz ou sexan os espectadores/as, é un espazo delimitado e cargado de códigos onde o fundamental é a comunicación. Galicia tamén é un teatro que, como toda cultura nos manifestamos ante o mundo xa que somos nosoutros os seus actores e actrices. Neste teatro representamos unha obra que se chama Galicia, que resulta ser unha representación única e irrepetible, como calquera outra representación dramática.
ACTIVIDADES:
1- En que idioma está a ilustración desta entrada, escríbea en galego na túa libreta como cita inicial do curso.
2- O título ou lema da unidade é unha metáfora, tamén hai metáforas na cita. Que é unha metáfora? Na cita de Charlie Chaplin ademais se evocan dous tópicos literarios moi interesantes, o do carpe diem/ tempus fugit. Explícaos.
3- Realiza unha redacción na que expliques por que Galicia é unha peza de teatro que nós representamos.
A DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA FAINOS HUMANOS
Galicia somos nós:
a xente e maila fala.
Se buscas a Galicia,
en ti tes que atopala!
MANUEL MARÍA. Os soños na gaiola
Algúns homes -galegos tamén- andan a falaren dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfección baixando pola escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produce a sabedoría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animais. Velaí vai a demostración: Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo das pampas arxentinas rincha igual que un cabalo de Bretaña. E sabedes por que? Porque os pobres animais aínda están no idioma universal.
CASTELAO, Sempre en Galiza
Cuestións:
1- Por que cres que pode haber algúns homes que poidan sentir envexa das formigas e das abellas?
2- E por que esas mesmas persoas consideran un castigo o mito da Torre de Babel? Que sabes ti sobre este pasaxe da Biblia? Quererías ti que existise un idioma universal ou conformaríaste con saber idiomas? Por que?
3- Segundo Castelao, que caracteriza ao ser humano fronte ás restantes especies animais?
O NOME DA TERRA
Visualiza os seguintes vídeos e logo responde as cuestións:
1- Cal é o obxectivo do micro programa "Ben falado"?
2- O galego vén do latín, o latín vén a ser a nai do galego, pero quen é a avoa da nosa lingua?
3- Quen lle puxo o nome de Gallaecia a Nosa Terra:
4- Dos sufixos latinas aic /aec = -ego naceu un sufixo moi galego. Cita tres palabras que o conteñan.
5- Por que cres que a montaxe que inclúe o primeiro dos vídeos denomínase "palabras milenarias"? Argumenta a resposta.
6- "Chover miudiño" e "ás cuncas" ou "a cachón"? Que diferenza hai?
7- Cal é a etimoloxía de "Galicia" de Callaecia?
8- O galego forma parte do privilexiado 5% que significa isto?
9-En que continentes hai máis linguas?
10-Cantas linguas do mundo hai en Europa?
11-De quen depende a continuidade das nosas linguas?
12- Despois de ler o seguinte texto e consultando as dúbidas de vocabulario que teñas, intenta expresar coas túas palabras o que nos quere dicir.
Imos elaborar unha biografía sobre o autor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas en 2023.
VIDA de FRANCISCO FERNÄNDEZ DEL RIEGO
- Lugar e data de nacemento
- Infancia, estudos e contacto coa lectura
- Cunqueiro, un amigo para sempre.
- Madrid 1931. Descuberta do Galeguismo
- Santiago. Partido Galeguista e Seminario de Estudos Galegos.
- Guerra Civil. Nova etapa en Vigo.
- Creacción da Editorial Galaxia. Divulgador da cultura galega.
- Na Academia Galega en 1963 propón a celebración do Día das Letras.
- Presidente da Fundación Penzol e da RAG (1997-2001).
- Morte no 2010 aos 97 anos de idade.
OBRA:
- Máis de 4000 artigos como divulgador dende mozo.
- Co seudónimo de Salvador Lourenzana durante a ditadura.
- Unha novela: O cego de Pumardedón
- Varios libros de viaxes: Galicia
- Ensaios sobre: Cos ollos do noso espírito, Galicia no espello, Historia da Literatura Galega
- Memorias: O río do tempo, Camiño andado
Imos ler unha das obras de teatro máis lidas da Literatura Galega: Os vellos non deben namorarse de A. D. R. Castelao, non sen antes deternos na figura do seu autor.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é, seguramente despois de Rosalía de Castro, o autor máis coñecido da literatura contemporánea. Imos destacar catro aspectos da súa vida que nos importan, ademais de autor dramático. Saberemos algo da súa creacción como artísta plástico, do seu labor político, de autor de ensaios e de textos narrativos, todas elas revelan a súa xenialidade e un estilo singular.
SOBRE A VIDA E OBRA DE CASTELAO
Investigar sobre Castelao como artista plástico,lévanos a descubrir un retrato moi particular de Galicia de comezos do século XX. As súas viñetas tituladas Cousas da Vida sobre unha gran diversidade de temas que lle preocupaban imos ver un exemplo:
Castelao é un dos autores de textos narrativos máis sinalados do século XX. Escribe unha novela Os dous de sempre, pero sobre todo son coñecidos os seus relatos breves que creaba a partir dun debuxo que el adoitaba chamarlle Cousas. Outra serie de relatos autobiográficos denominounos Retrincos.
Por outra banda, escribiu varias obras que desenvolven estudos ou ideas propias: As cruces de Pedra na Bretaña ou o que lle dedica ao pensamento nacionalista: Sempre en Galiza.
Precisamente no terreo da política destacou como fundador e dirixente do Partido Galeguista ademais de por redactar e lograr a aprobación en referendum do primeiro Estatuto de Autonomía de Galicia no ano 1936.
Para esta obra de teatro que imos ler Castelao tamén realiza un traballo artístico destacable como son o deseño da escenografía (vestiario, decorados) e das máscaras para esta obra.
Para os nosos maiores Galicia é o país da Mourindade. Imos descubrir que significa iso. Os mitos teñen unha referencia local concreta. Galicia é ese lugar e os lugares de pegada arqueolóxica son os máis singulares espazos onde pode que se nos apareza a Moura.
Os Mouros e a Moura son personaxes ligados pois ao noso pasado, enfeitizados e polo xeral invisibles, pero que se poden deixar ver, mais para a maioría son invisibles.
Saibamos que é unha moura para comezar:
Actividade: 1- Redacta un texto onde expliques que é unha moura.
2- Logo de ver o segundo capítulo resume o seu contido.
LÉXICO: Tema 6: Palabras polisémicas páx. 118
Tema 7: Palabras sinónimas e antónimas páx. 138
ORTOGRAFÍA: Tema 6: Sons con B Grafías con V páx.119
GRAMÁTICA: Tema 6: Os determinantes. Artigos demostrativos e posesivos páx.140-141
TEMA 7: Os indefinidos. Os numerais. páx. 158
TEMA 8: Os pronomes. Os pronomes persoais tónicos e átonos e o seu uso e colocación. 182-183-184 a ligazón á entrada dos pronomes persoais no blog
LITERATURA: Tema 5:Estrutura dun texto narrativo páx. 92
Tema 6: Os tipos de personaxes páx. 125
Tema 7: Tipos de narradores. A acción (analepse e prolepse) e tipos de narración páx. 144-145
Resume as historias de María Pita, María Martines, Maruxa Pindo e Ernestina Otero.
Este documental podería lembrar a vida de Rosalía de castro, Emilia Pardo Bazán ou Concepción Arenal porque...
pero escolle a vida das mulleres anónimas dende a prehistoria ata os nosos días. cales son algúns dos trazos destacados da vida das mulleres galegas.
Por que no 75% dos contratos de foros na Idade Media aparecen os nomes das mulleres, ademais dos nomes dos seus homes?
Fálase das viúvas de vivos a que se refire?
Se te fixas nos salarios das mulleres saberás responder a esta pregunta. Por que traballaban as mulleres en lugar dos homes nas fábricas de conserva ou de tabacos no século XIX?
Por que a sociedade da época de Rosalía ao principio do século XX non quería que as mulleres fosen ilustradas?
Cando votaron as mulleres por vez primeira en Galicia? Por que e que significou que se perdera ese dereito para as mulleres pouco despois?