BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

El cazo de Lorenzo
Hai unhas semanas publicamos neste blog un corto de animación sobre o libro de Isabelle Carrier "O cazo de Lorenzo".
A lectura deste libro fíxonos reflexionar a todos os que o limos. Agora queremos compartir unha desas reflexións, feita por unha compañeira que prefire quedar no anonimato.

"Hai uns días chegou ás miñas mans o libro El cazo de Lorenzo, de Isabelle Carrier, un sinxelo relato en formato de banda deseñada. Nel, mediante unha metáfora, póñense de manifesto algúns aspectos importantes da vida das persoas: o valor de todas elas por riba de condicións e capacidades, así como a forma de melloralas, cos apoios axeitados.
A súa lectura fíxome reflexionar sobre un matiz de vital importancia na miña profesión e que case non reparara nel.
Como Lorenzo, o protagonista, todos levamos o noso CAZO; descubrilo e recoñecelo é o que nos permitirá sacar mellor proveito das nosas cualidades e máis doadamente seremos capaces de diminuír os seus efectos.
Percorrer as súas páxinas permitiume ver a gran importancia do meu labor como profesora: guiar o alumno para que sexa espelido co seu CAZO.
Acadalo vai depender dos comentarios, actitudes e sentimentos que lle transmita, das posibilidades de efectur¡ar con éxito as actividades que realiza, da forma de interpretar os seus éxitos e os seus fracasos e dos meus comentarios e actitudes cara a el e ao que fai.
En definitiva, com pistas, estrategoas, claves... conseguir o que di un proverbio chinés: "Coñecerse a si mesmo é sabedoría".
Por iso, considero que a miña profesión é extraordinaria, pois axudo a forma persoas que arrastren sabiamente o seu CAZO pola vida."
Comentarios (0) - Categoría LIBROS - Publicado o 26-05-2011 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Para saber un pouquichiño máis...
Con este mapa, poderemos coñecer algúns datos interesantes sobre países lonxanos de forma inmediata.
Comentarios (0) - Categoría FERRAMENTAS - Publicado o 11-05-2011 23:53
# Ligazón permanente a este artigo
Lois Pereiro
Este ano o día das letras galegas está adicado a Lois Pereiro.
Poeta importantísimo nado en Monforte en 1958 morreu prematuramente na Coruña no ano 1996.
A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos.

Como ven sendo costume, o seminariogalan.org elaborou uns materias magníficos que vos recomendamos.
Lois Pereiro
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 11-05-2011 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Na recta final
Xa estamos rematando o curso. Tede en conta que durante o mes de xuño non se farán préstamos, así que aproveitade a biblioteca e coñeceredes as últimas novedades. Hoxe recibimos as revistas do mes de maio e tamén algúns títulos novos moi interesantes...

Entre o 30 de maio e o 3 de xuño deberedes devolver os materiais que teñades emprestados. A ver si este curso non temos que reclamarlle a ninguén!!!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 03-05-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0