BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

LETRAS GALEGAS 2009
Retrato de Ramón Piñeiro López realizado por Antón Pulido
RAMON PIÑEIRO

Co gallo da celebración do "Día das Letras Galegas" o noso blog quere ser voceiro dalgúns dos traballos realizados por outros centros para achegar a figura de Ramón Piñeiro aos nosos escolares.

En primeiro lugar, esta presentación realizada polo CPI ROSALÍA DE CASTRO de Xinzo de Limia.
Un achegamento sinxelo e claro á figura de Ramon Piñeiro á quen está dedicado este ano o "Día das Letras Galegas"

O vídeo "Olladas sobre Ramón Piñeiro" foi realizado polo CPI San Vicente A Baña e CPI Dices-Rois



target=_blank class=tEnlac>O NENO QUE QUERÍA VER O TREN

Cada ano na escola o 17 de maio na escola falamos sobre a vida e obra da muller ou home a quen estea dedicado, pero...

Sabes dende cando se ven celerando esta data? Se nos o sabes, busca a resposta aqui.

Quenes foron os homenaxeados en cada ano?
Que fixeron?
Que escbiron?
Onde naceron e viviron?
Todas estas respostas as podes atopar premendo aqui.

E se inda queres saber máis cousas sobre Ramon Piñeiro, sigue investigando.
INFORMACIÓN EN GALIPEDIA
ACTIVIDADES DO CEIP FRIANS TEIS , DE VIGO
WEB DO CPI ROSALIA DE CASTRO
Comentarios (0) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 09-05-2009 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
DÍA DO LIBRO 2009
MI QUIJOTE

Aqui vos presentamos a adaptación que Ana Gómez, de 4º A fixo despois da lectura que levamos a cabo en clase da obra de Cervantes.
En proximos días editaremos as versións dos seus compañeiros.
Comentarios (1) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 07-05-2009 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
LIBROS RECOMENDADOS
OS RELATOS DE TERROR
No ano de Edgar Allan Poe, nas aulas de terceiro de ESO están a ler relatos de terror. Unha brevísima antoloxía que está editada en Alfaguara.




Polo de agora léronse cinco:

- El extraño caso del señor Valdemar de Edgar Allan Poe.
- La muerte enamorada de Théophile Gautier.
- La pata de mono de W.W. Jacobs.
- El almohadón de plumas de Horacio Quiroga.
- La decisión de Randolph Carter de H.P. Lovecraft.

Cada un deles pode ser unha pequena xoia, aínda que eu persoalmente teño certa preferencia por El almohadón de plumas e La pata de mono. Breves, mais intensos.

De Edgar Allan Poe gústanme outros que temos na biblioteca:

- O escarabello de ouro e outros contos en Edicións Xerais de Galicia.
- El gato negro en Anaya (antoloxía de contos).

De este autor, que ademáis foi o creador da novela policiaca, podemos atopar moitas cousas na rede:

A ver! Quen coñece este video dos Simpsons?



El gato negro, un dos contos máis coñecidos de Poe, pódese ler aquí:
poe, edgar allan - el gato negro poe, edgar allan - el gato negro Silvana Un hombre atormentado por sus propios demonios.

E, sen ser de terror, tamén é un gusto oír esta canción basada nunha letra de este autor:







Contos de terror
Poe en español
Comentarios (2) - Categoría LIBROS - Publicado o 07-05-2009 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
CLASIFICADOS PARA A FINAL

O equipo "Cuentistas Problemáticas" foron clasificados para a fase final .
Como vedes na foto, non só están interesados nas matemáticas.
Ánimo e a por todas!
LISTA DE CLASIFICADOS PARA A FINAL
Comentarios (5) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 05-05-2009 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
IX REBUMBIO MATEMATICO

O pasado venres, día 24 de abril, 6 alumnos/as de 6º de Primaria acudiron ao Forum Metropolitano de A Coruña para participar na Fase Comarcal do IX Rebumbio Matemático xunto con outros 60 alumnos de outros once colexios.

Con anterioridade celebrárase a Fase Local no noso Centro para todos os alumnos/as de 6º, seleccionando así aos nosos representantes para seguinte fase.

En 6ºA resultaron elexidos Marina López Seoane, Bárbara Barbeito Gende e Eulalia Martínez Olmos que tomaron o nome de ?Cuentistas Problemáticas?, elexido por elas mesmas. En 6ºB foron seleccionados Tania Paris Rodríguez, David Regueiro Rojas e Sofía Sánchez Bello, para quen entre todos os da clase elixiron o nome de ?Trimates combinados?. Foron acompañados polo titor de 6ºA Manuel Fernández González.
?TRIMATES COMBINADOS??CUENTISTAS PROBLEMÁTICAS"
Estes dous equipos tiveron que resolver, durante un tempo máximo de dúas horas, seis problemas nos que prima a lóxica e a atención por enriba do saber.

Viñeron moi animados os dous equipos, e esperan pasar á Fase Autonómica, que se celebrará o 29 de maio, e na que participarán os 3 equipos que se clasifiquen da nosa zona (A Coruña) xunto coas de Ferrol, Lugo, Ourense, Santiago, Pontevedra e Vigo.

Agardamos que os nosos representantes teñan sorte
Comentarios (3) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 05-05-2009 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
A ESTRELA DE PACO


Non hai moito tiven un sono-ou iso pensei eu- no que Paco me dicía que tiña plans de viaxar moi lonxe, agora que, por fin, podía ter tempo para suas múltiples aficións: a música, a pintura, a lectura...Con iso dos vos espaciais á carta ata sería posible facelo a outros planetas ou lugares da galaxia.

Estabamos eses días levando a cabo unha actividade na biblioteca con motivo do ano da astronomía e visitaramos o planetario da Coruña onde fixemos unha viaxe virtual ao planeta Marte.

Nunha das actividades levadas a cabo cun grupo de terceir no que falabamos sobre as
constelacións e as estrelas unha rapaza levantou a man para preguntar se era certo o que lle contara súa nai. Ela dixéralle que, cando alguén morría,convertíase nunha estrela. Por iso había tantas. Entón recordei un libro que mercaramos recentemente, "Julia tiene una estrella", e que se atopaba no expositor xunto con outros seleccionados con motivo da actividade. A historia falaba da nai de Julia, unha rapaza de seis anos. A nai non se atopa moi ben de saude e díxolle que proximamente tería que ausentarse porque lle ofreceran un traballo que non podía rexeitar pero que tiña o inconveniente de estar moi lonxe: nunha estrela cuxa localización lle indicou con precisión. Non sabía o tempo que tería que permanecer ali, asi que acordaron que cada noite ollara para a estrela, a unha hora precisa. Nese momento vería como a estrela centileaba. Ese erá o sinal de que súa nai lle desexaba boa noite.
O conto continua pero sería unha pena que eu vos quitara o pracer de lelo, sobre todo porque o temos na biblioteca.

Paco levaba aos seus alumnos e alumnas á biblioteca na sesión que todos temos reservada para este fin. Coincidimos moitas veces ,eu catalogando ou ordenando libros e el dando bo exemplo da actividade:lendo un libro, mentres os rapaces e rapazas facian o mesmo. Así de sinxelo e así de eficaz. Seino porque cando Paco deixou a escola eu quedéi de ?herdeiro? do seu grupo e puiden comprobar o resultado. A semente estaba posta pero había que seguir regando. Niso estamos, pero da xenio ver os froitos agromando. Cada día, ao comezar a xornada,eu dou lectura en voz alta ao capitulo dun libro. Agora estamos co Quijote. E eles escoitan atentamente. Gústanlles os libros...como lle gustaban ao seu mestre.

Onte, sábado 25 de abril,pola mañá,un compañeiro chamoume para comunicarme que Paco nos deixara. Non mo dixo con esas palabras, pero a mensaxe era a mesma.
Entón pensei que aquel sono-ou non foi un sono?- e a historia de Julia, tiñan moito que ver.

Dende a ventá do meu cuarto asoma cada noite a lúa. O ceo estaba,a pasada noite,cheo de nubes pero podíase albiscar un trociño de lúa. E pareceume escoitar á "Raiña da noite" cantando a aria da ?Frauta máxica? de Mozart. E pensei que,nalgunha daquelas estrelas que as nubes tapaban, Paco estaría disfrutando dela , mentres debuxaba sobre algún pequeño papel a súa particular visión do universo. Cando o tempo mellore e as noites volvan estar cheas de estrelas fixareime ben a ver se algunha , á esquerda da lúa, centilea especialmente.Entón non estarei tan seguro de que fora un sono.

Deica logo, profe!

Reina de la noche
Comentarios (8) - Categoría LIBROS - Publicado o 01-05-2009 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0