BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

2ª Campaña libros solidarios
Recordades o ben que resultou o ano pasado? Seguro que este ano tamén será un exito.
Na biblioteca recollemos os libros que desexedes aportar para a campaña, recordade que teñen que estar en "bo uso" e que non poden ser libros de texto.
Podedes entregalos ata o 7 de maio.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 26-04-2013 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
O último comentario...
Non foron moitos os que deixaron comentarios á entrada "Os libros que máis queremos", pero quedou unha porta pequechiña un pouquiño aberta. A ver si a luz que conseguiu entrar ilumina cada vez máis este lugar.
Grazas a todos os que participaron, especialmente a Lidia, que deixou un comentario, que non por ser mellor, máis si por ser o último da semana do libro; vou incluir nesta entrada.

"Cada alumno toca su instrumento, no vale la pena ir contra eso. Lo delicado es conocer bien a nuestros músicos y encontrar la armonía. Una buena clase no es un regimiento marcando el paso, es una orquesta que trabaja la misma sinfonía. Y si has heredado el pequeño triángulo que solo sabe hacer ting ting, o el birimbao que solo hace bloing bloing, todo estriba en que lo hagan en el momento adecuado, lo mejor posible, que se conviertan en un triángulo excelente, un birimbao irreprochable, y que estén orgullosos de la calidad que su contribución confiere al conjunto. Puesto que el gusto por la armonía les hace progresar a todos, el del triángulo acabará también sabiendo música, tal vez no con tanta brillantez como el violín, pero conocerá la misma música."

"Mal de escuela" Daniel Pennac.


E todos os que participáchedes podedes pasar pola biblio a recoller o marcapáxinas que vos recordará esta semana.
Comentarios (3) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 26-04-2013 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Vestindo libros.
Cando era pequena, o día do meu cumple estrenaba vestido. Hoxe, día do libro, estivemos a facer vestidos para os nosos libros; bueno, mellor dito para os libros que fixeron os nenos do 3º ciclo. Como novatos nesta arte tivemos algún problema, pero quedaron xeitosísimos e pasámolo moi ben. Grazas Maica por aprendernos a vestir libros.

Aquí temos algúns momentos do proceso. Agora a preparar a exposición e a axudar aos outros compañeiros
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 23-04-2013 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Recomendacións primaverais
Estamos empezando a preparar xa a guía de fin de curso. Sabedes por que tan cedo? Nesta guía seredes máis protagonistas que nunca. So tedes que cubrir a ficha que vos facilitaremos coas vosas recomendacións e poderedes ser escollidos para protagonizar, con outos compañeiros e compañeiras, a primeira guía "audiovisual" do noso cole.

Pero eso non quere decir que esquezamos as recomendacións do mes de abril. Aquí podedes consultalas, a maior parte dos títulos que aparecen están na biblio.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 21-04-2013 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Os libros que máis queremos.
Hai xa algún tempo, estiven a ler un artigo que falaba da pegada literaria de cada persoa. Ë evidente que somos tamén o que lemos. A idea paréceme fantástica ademáis de fermosísima.
Trátase do traballo da artista: Cheryl Sorg. A idea é sinxela, a partires da impresión en tinta do noso dedo pulgar e a lista de 50 libros que teñamos lido, ela transforma eses datos nunha obra de arte. Quen sabe, pode que nos animemos a facer algo similar....

Xa sabedes que esta é a entrada onde podes deixar, en forma de comentario, a transcripción dun dos teus libros favoritos xunto co seu título e o autor da obra. Estamos ansiosas por ler as vosas aportacións.
Comentarios (9) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 21-04-2013 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xogamos?
Na cortiza da biblioteca reservamos un espacio para esta atividade que seguro que vos gustará moito. Collede un dos papeis de cor que xa temos preparados. Escribide un pequeno fragmento dun libro que vos gustara especialmente e o título do mesmo. Recortade pola linea de puntos... e.... a xogar!!!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 21-04-2013 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Día do libro
Achégase o día do libro e esta semana a biblioteca bule de actividades. Invitámosvos a todos a participar e como premio un agasallo que agradecemos a Paula Carballeira e a Asesoría de bibliotecas escolares. Lede con atención: fermosura en verso.Marcapáxinas
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 21-04-2013 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
23 de abril
Agora que xa está chegando o día do libro que mellor idea que darlle un repaso ao libro dos nosos libros para celebrar este día. Xuntando unha obra maestra, novas tecnoloxías e moitas ganas de traballar dende a Biblioteca Nacional agasállannos con esta marabilla:

Ah, e non deixedes de participar en todas as actividades programadas.
Comentarios (1) - Categoría CONMEMORACIÓNS - Publicado o 16-04-2013 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Finlandia, máis que un país ...
... e máis que un traballo. Os alumnos de 6ºB traballaron de xeito colaborativo para rematar este traballo. Unha mostra máis do que se pode facer optimizando recursos. Noraboa.

Comentarios (1) - Categoría OS TRABALLOS DOS ALUMNOS - Publicado o 16-04-2013 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
José Luis Sampedro: Pasión pola lectura.
Finou o martes despois dunha longa, e moi productiva, vida. Sempre tivo as ideas moi claras, ou polo menos así parecía...
Loitou polas bibliotecas e polo amor á lectura.
Aquí vai a nosa pequena homenaxe. Abril, o mes dos libros, traerá tamén un recordo para José Luis Sampedro.

Hoxe, os alumnos de 6º, traballaron este artigo.
Que fermosa homenaxe ao libro!
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 10-04-2013 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0