Dende hai uns dias podemos ver no vestíbulo do cole unha urna de cristal. Observade atentamente e veredes uns vermes pequechiños, pequechiños... Alguén botoulles follas de morera, que é o seu único alimento. Sabedes de que animal estamos a falar?
Outra vez neste curso, as vacacións esconden un día sinalado. Recordamos a todos que o 23 é o día do libro (e o día dos dereitos de autor). Para non esquecelo picade en "Carlos Negro" e poderedes ver que fermoso regalo fixo o poeta ás bibliotecas escolares.Carlos Negro