Blog da biblioteca |
|
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.
|
|

|
BIBLIOSBARDOS |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A NOSA TERRA |
|
|
|
|
|
OS MUIÑOS DE BATÁN DA COSTA DA ÉGOA |
|

A importancia deste conxunto radica tanto na beleza do seu entorno natural, moi ben preservado, como polos caracteres tecnolóxicos e etnográficos dos muíños.
Trátase de 14 muíños nun treito menor de 350 m. Case todos os muíños están interconectados por canles, que discorren por grandes desmontes. Esta tecnoloxía preindustrial foi aproveitada nos inicios do S. XX para colocar unha dínamo e producir enerxía eléctrica.
PARA VER MÁIS FOTOS VAI Á NOSA FOTOBLOGOTECA |
|
|
|
OS MUIÑOS DE BATAN |
|
VIDEO |
|
|
|
HISTORIA DE CARRAL: IDADE MEDIA E MODERNA |
|

IDADE MEDIA
?Fernando III concede ás xentes de Carral o título de lealdade, en agradecemento ós moitos carraleses que defenderon na véspera do día de San Andrés de 1227 o castelo de Baeza do asedio musulmán, por este motivo é polo que nos documentos do Concello de Carral figura o título de "Moi Leal". Tamén lles concede o privilexio de colocar no escudo unha bordadura de gules con oito aspas de ouro, unha por cada parroquia, en conmemoración daquela fazaña. Os Reis Católicos outorgan a vila a Carta de Puebla Real e pode colocar tamén no seu escudo a coroa real.
IDADE MODERNA
OS MÁRTIRES DE CARRAL
O acontecemento máis importante da historia moderna de Carral foi ter sido escenario do triste remate do Coronel Solís e os militares que lle acompañaron no levantamento contra o presidente Narváez. Dito alzamento comezou en Lugo en 1846, cando Solís e Cuetos, disolveron o Consello Provincial e a Deputación, proclamando unha Xunta de Goberno de Galicia en contra do Goberno de Isabel II. Pretendían reivindicar a liberdade rexional de Galicia. A batalla decisiva tivo lugar o 23 de Abril en Cacheiras, pero ante a superioridade das tropas enviadas por Madrid foron derrotados. Aquela mesma tarde, Solís, que se refuxiara en San Martiño Pinario entregouse... e despois de tres días e un xuízo sumarísimo foi condenado a morte en Carral. Este xuízo non foi celebrado en Santiago ou na Coruña por medo ós simpatizantes do coronel que había nestas cidades.
A Liga Galega da Coruña toma a iniciativa de levantar un monumento en memoria ós Mártires de Carral. A primeira pedra se coloca o 23 de abril de 1899, inaugurándose o 22 de maio de 1904. Nel figura o seguinte lema "Aos mártires da liberdade mortos o 26 de abril de 1846. Liga Gallega na Cruña". Unha placa lembra os nomes dos oficiais executados.?(1)
(1)Recollido da paxina do Concello de Carral:http://www.concellocarral.com/index.php?id=23
ENLACES:
http://nieve.nireblog.com/post/2007/04/26/martires-de-carral |
|
|
|
PREHISTORIA E CULTURA CASTREXA |
|
A historia de Carral está intimamente ligada ao feito de seren un lugar de paso entre A Coruña e Santiago. Herves ou Carral xorden como lugares de aprovisionamento para as carruaxes que comunican ámbalasdúas vilas.
Prehistoria e Cultura Castrexa
As zonas altas foron colonizadas polo home dende a prehistoria como o poñen de manifesto a existencia de dólmenes, mámoas e construccións propias desta época. Se ben na actualidade quedan escasos resots no Xalo e en Paleo, hai constancia de térense atopado utensilios de uso diario como puntas de frecha, muiños, machadas...
Conta con numerosos castros debido ás boas condicións defensivas e á riqueza do seu contorno.
Castro de Tabeaio
Castro de Paleo
Castro de Paiolante
Castro de Gosende
Castro de Balbén
Castro de Ameás
Castro de Herves
Castro de As Travesas ou "Eira dos Mouros"
Castro das Travesas
Ha sido objeto de una intervención que lo ha limpiado de maleza y abierto varias catas.
Para observar algunhas fotos do mesmo pinchade o seguinte enlace
http://www.celtiberia.net/verlugar.asp?id=837
|
|
|
|
XEOGRAFÍA |
|
PRESENTACIÓN
En 1836, sendo Gobernador Civil Pio Piza Pizarro, Carral constitúese como Concello, fixándose a súa demarcación.Forma parte da Área Metropolitana da Coruña.
Abarca unha superficie de 48 Km.2
Respecto da orixe do seu nome existen dúas teorias: 1) o nome ven dos ?carros? que levaban e traían o gran dos muiños.2) procedería do paso da ?carrilana? que facía a rota Santiago-A Coruña.
SITUACIÓN XEOGRÁFICA:
Trátase dun concello pertencente á ?Comarca da Coruña?. Limita cos concellos de Abegondo, Cambre , Culleredo , Ordes e Cerceda.
POBOACIÓN
Conta cunha poboación de 5.289 habitantes, tendo unha densidade de 110,19 habitantes por Km.2
Comprende un total de 8 parroquias: Santa Mariña de Beira, Santiago de Sumio, San Estevo de Paleo, San Pedro de Quembre, Santa Baia de Cañás, San Martiño de Tabeaio, San Xián de Sergude e San Vicente de Vigo.
NOME PATRONO KM.2 POBOACIÓN MÁIS RECENTE
BEIRA SANTA MARIÑA 10,27 573
CAÑÁS SANTA BAIA 3,61 319
PALEO SAN ESTEBAN 8,55 2.062
QUEMBRE SAN PEDRO 5,54 346
SERGUDE SAN XULIÁN 2,31 146
SUMIO SANTIAGO 8,77 503
TABEIAO SAN MARTIÑO 4,56 885
VIGO SAN VICENTE 4,38 456
POBOACIÓN TOTAL 5.290
(Datos de 2002)
Evolución da poboación de: Carral - desde 1900 ata 2004 -
1900 1930 1950 1981 2004
5.082 5.661 6.067 6.001 5.453
Fontes: INE e IGE
Xentilicio : Carralés
RELEVO
Dentro do municipio atopámonos con dous vales que acollen ós rios Barcés e Brexa. Ámbolos dous son afluentes da marxe esquerda do Mero. O Brexa penetra en Carral polo seu extremo NO. atravesandoo en dirección noroeste-nordeste, e formando o val situado entre Tabeaio e o núcleo urbano de Carral. O rio Barcés forma unha das paisaxes mais fermosas do concello: O Val de Barcia. O Barcés transcurre diagonalmente no territorio carralés, servindo nalgúns traxectos do seu percorrido de límite co concello de Abegondo. O val que o acolle é de gran riqueza agrícola e as panorámicas que ofrece son de inmellorable fermosura. Nel atopamos numerosos pazos, castros, muiños, cruceiros, capelas e igrexas; ainda que moitas destas construccións xa desapareceron ou están en estado de abandono e deterioro. Os que mellor se conservan son os pazos e as igrexas. Tamén son de salientar as principais alturas que se atopan neste municipio. Son o Xalo con 459 mts., San Bartolomé, nas Travesas, con 458 mts. de altitude, e o monte Castro de Ameás con 210 mts.
ECONOMÍA:
As principais actividades do concello céntranse no sector Primario(agrícultura, gandeiria e explotación forestal).
Agricultura: con todo tipo de cerais, legumes, hortalizas e froitas, sendo de salientar nestas últimas as plantacións de kiwis introducidos recentemente.
Gandeiria: fundalmente a producción de leite , e os queixos artesanais que inda se poden adquirir nas feiras e algúns comercios da zona.
Explotación forestal: a explotación de especies non autóctonas, fundamentalmente o eucalipto estan a facer cambiar en gran medida a paisaxe, desaparecendo a maior parte das carballeiras e castiñeiras que antes daban carácter á paisaxe.
O Comercio céntrase na capitalidade do concello e nas feiras. Na actualidade, a creación do Polígono industrial Os Capelos, en fase de construcción, poderá mellorar as infraestructuras que leven a o desenvolvemento de novas empresas no municipio.
O PAN DE CARRAL
De entre os moitos pans tradicionais de Galicia, o de Carral, sen dúbida é dos máis coñecidos. Ten sona polo seu sabor e calidade pero tamén porque existe case desde sempre.
En efecto, tal e como vimos a saber ó longo da nosa investigación, Carral e o Val do Barcia son terras nas que se cultiva o trigo desde sempre porque é moi axeitada para este froito. Na Idade Moderna, a proximidade da cidade da Coruña, favoreceu o desenvolvemento dunha modesta actividade de fabricación e venda do pan; os datos proporcionados polo Catastro de Ensenada (1753) non deixan lugar a dúbidas, moitas familias do Val do Barcia teñen na elaboración e venda de pan a garantía do seu sustento.
Pouco despois, son os propios coruñeses quen fomentan a entrada na cidade e, incluso a imitación, dos mellores pans que coñecen, o de Carral e o de Bergantiños, que son os preferidos do público en detrimento da produción local.
É precisamente esta conexión coa cidade coruñesa o que favoreceu o mantemento desta industria artesanal que aínda hoxe en día amasa e coce o seu pan seguindo as formas tradicionais.
? Uns vinte fornos, repartidos por diversos lugares do municipio (Tabeaio, Barcia, Herves e na vila de Carral) elaboran artesanalmente este "pan de molete" lixeiro e esponxoso. Se mestura a fariña de Castela coa do país, máis húmida e morena, e déixase en cantidades variables o cascabillo do grao de trigo, que proporciona ese contraste moteado da miga e mellora a dixestión. Pode durar fresco de tres a cinco días. Ademais do "pan de molete" se elaboran bolas, "boroa" de millo e empanadas.?(*)
(*)ENLACES RELACIONADOS CO TEMA
(*)ENLACES RELACIONADOS CO TEMA
http://www.terradasmarinas.com/?id=5e93e&s=K2
http://www.terradasmarinas.com/?id=6bd96&s=K2
http://www.terradasmarinas.com/?id=712b6&s=K2
http://www.terradasmarinas.com/?
http://www.agalicia.com/carral/index.htm
CONCELLO DE CARRAL
http://www.concellocarral.com/index.php?id=23
MUIÑOS DA EGOA
http://video.aol.com/video-detail/molinos-de-carral/1626878452
http://pandecarral.blogspot.com/
|
|
|
|
O TRENZAMOAS DE SAN XOÁN DE MEDELA |
|
Hai moitos anos, en Tabeada, unha aldea do concello de Cesuras, cando chegaba o día de mallar o trigo na Casa Grande de Tabeadam, sempre se poñía a chover. Ata que, un ano, un cura que nacera naquela casa, o día da malla díxolles aos malladores que mallaran igual o trigo, inda que chovera. E asi o fixeron. Covía e treboaba, pero puxéronse a mallar igual, e o cura púxose a rezar oracións ao lado dos malladores. Dalí a un pouco caeu un coitelo grande, que se cravou na mesa de pisar os toxos. Un pouco máis tarde caeu un home encima da mesa. Ese home era o que facía que chovera e tronara o día de mallar o trigo. Chamábanno "Trenzamoas", e está enterrado na capela de San Xoan de Medela.
Dende aquela non volveu chover nin tronar o día da malla na Casa Grande de Tabeada.
(Recollido por Tania de 6ºB) |
|
|
|
LENDAS E RELATOS DOS VECIÑOS |
|
Isto pasoulle a unha rapaza que vivía en Carral e que tiña un veciño xoven.
Unha noite, ao regreesar dunha feSta, presentóuselle no camiño a alma dun difunto e, vintecatro horas depois, o veciño morreu de súpeto.
O día do enterro, cando a rapaza viña de pechar o muíño da señora a quen servía, asustouse e saiu correndo, facendo cruces e murmurando unha oración. Chegou a casa, morta de medo, e non lle contou a ninguén o que pasara. Ao día seguinte, cando viña de regreso, tremando coma un condenado na porta do inferno, volveu repetirse o mesmo, pero agora, antes de ver ao xoven, aiú que lle dicía:"¡María!Non fuxas, que non che vou facer dano.¡Escoita!. Vai mañá ás doce da noite ao bosque do Suenllo, e direcihe que tes que facer para que eu deixe de penar polos camiños. Vai e non llo digas a ninguén".Entón, apareceu de corpo enteiro, coa mesma roupa que lle puxeran para enterralo.
Chegou a outra noite e, vixiada por un veciño disposto a axudala se fose preciso, acudiú á cita, pero non se lle presentou o veciño. Cando outro día, regresando soa do muíño, de n ovo aparecéulle o morto dicíndolle:"¡María!.Non fixeches o que che pedín, pero estás a tempo de axudarme. Para que eu repouse e non me vexa castigado polos meus pecados a penar polos camiños da Terra, unha rapaza solteira ten que facer a pé a romaría da Nosa Señora da Barca, e pedir polas portas o almorzo de pan e auga, e unha pouca de palla para durmir nos alpendres. Ten que levar un hábito de "buriel", feito da limosna recollida entre os veciños de sete paroquias; e ten quee dicir unha misa en Paleo, e outra, o día da Virxe, na súa igrexa. Esa rapaza es ti, Maria. Axúdame, que inda estás a tempo.
Cando a rapaza fixo todo o que lle dixo o veciño, nunca máis volveu penar polos camiños.
(Recollida por Raquel Rodríguez Costa, de 6ºB de EP) |
|
|
|
HISTORIA DE AMOR |
|
Érase unha vez...érase que se era un billete rosado de dez euros. Euribor, que así se chamaba o billete coñeceu un día a unha preciosa moeda dourada de dez céntimos, chamaña Centiña.
Centiña e Euribor namoráranse;querían vivir por sempre xuntos na carteira do señor.
Un día, o señor colleu a Centiña para pagarlle a un tendeiro. Cando se separaron, Euribor quedou moi triste.
O tendeiro non se imaxinaba os sentimentos que Centiña tiña por Euribor. Centiña estivo na caixo de rexistro durante quince días, ata que...¡SORPRESA!. O seu amigo Euribor apareceu de novo. Un home pagara un agasallo con Euribor.
¡Que ben!. Volvían estar xuntos.
Autora: Dosinda Fra Mateos (6ºB-EP) |
|
|
|
|
|
|
|
|