Hai tempo recibimos un xogo moi interesante sobre o noso concello e os limítrofes. Traballando no proxecto "ARCE" e grazas a Carlos Lorenzo recuperámolo do olvido. Aquí tedes o enlace ao xogo e na Biblioteca tamén o podedes utilizar.
Mañá, 2 de febreiro, é un día especial. Din que é o día en que casan os paxaros, o preludio da primavera. Pero neste día tamén se celebran outras cousas. Pica no enlace e infórmate.
Logo pasa pola biblioteca e déixanos unha mostra en forma de texto ou de debuxo para facer, entre todos, un mural. Xa verás que bonito queda!A Candeloria
Estes dias estivemos a traballar sobre a paz. Os nenos e nenas de 5ºB, fixeron uns poemas que lles quedaron bastante, bastante ben. Alí vai unha mostra.Poemas pola paz
Hoxe, exactamente as 16:18 (segundo o meu reloxo), introducimos o rexistro nº 10.000 na nosa biblioteca e xa temos 10.000 documentos rexistrados, porque non hai ningún número valeiro.
E sabedes cal foi o documento agraciado?
Non o ides crer, eu tampouco cando o collín e metín os datos no ordenador: un libro que sempre acaba rompendo e que hai que comprar unha e outra vez, porque é moi solicitado polos máis pequenos e que,¡vaia casualidade!, tamén ten o número "Dez" no seu título. ¿Adiviñáchedes?
Temos varios títulos do seu autor e sempre teñen éxito, sobre todo polas súas ilustracións...Ata hai algún en inglés...!