|
|
|
Regalemos galego 2012 |
|
Un ano máis as nosas recomendacións de agasallos de Nadal. Este ano a nosa ollada volveuse cara os xogos tradicionais, xogos para compartir o tempo cos nosos, para darlle valor ao que realmente o merece.Gozade deles e boas festas!
Regalemos galego |
|
|
|
As nosas guías de lectura... e máis |
|
Este curso interesámonos aínda un pouquiño máis polos recursos dixitais. Este é un dos motivos, entre outros, polo que optamos a publicar as nosas primeiras guías de lectura en formato dixital.
Esperamos que vos gusten e que saquedes bo partido delas
Guía primaria
Guía infantil
Guía secundaria |
|
|
|
Ta-ta-ta-chan... |
|
Que cousiña cousa é que Bea fixo e ti non ves?
Da igual que non contestes agora. Mañá no cole xa o verás.
É moi feitiño! Do tamaño axeitado, cheo de cores ... e de palabras...
Bea: Noraboa, conseguíchedelo! Agora a por outro!
Que cousa é? |
|
|
|
Xa chegan |
|
Os Reis, o Apalpador, Father Christmas.....
Nooooooon.... as vacacións!!!!
Moito tempo para compartir, ler e disfrutar. Nos próximos dias teremos á vosa disposición unha guía de lecturas moi innovadora e de momento ofrecémosvos un feixe de recursos que nos fixeron chegar dende o EDL.
Recursos de Nadal |
|
|
|
¡¡¡¡BOA SAÚDE!!!! |
|
Ó fio da celebración do día da Constitución e en relación co Artigo 43 (?Recoñécese o dereito á protección da saúde. Compete aos poderes públicos organizar e tutelar á saúde pública a través de medidas preventivas e das prestacións e servizos necesarios. A Lei establecerá os dereitos e deberes de todos ao respecto. Os poderes públicos fomentarán a educación sanitaria, a educación física e o deporte. Así mesmo facilitarán a axeitada utilización do lecer) o departamento de Educación Física quere aportar unha direción que nos pode axudar a xestionar o noso tempo de lecer e a buscar alternativas para a práctica de diferentes actividades físicas. Tamén nos pode aportar curiosos artigos relacionados coa saúde e algunha guía sobre directrices da comunidade europea en relación con este tema. Esperamos que sexa de utilidade. Ai vai: Galicia Saudable |
|
|
|