BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Agasallos anticipados!!!!!!
Hai uns dias chegounos un paquete. Dentro do paquete tres libros. Viñan de Girona.
Vaia agasallo!!!
Estamos a preparar algunhas actividades que teñen moito que ver con eles.
Animádevos, xa veredes que parecido é o catalán ao galego.

Comentarios (0) - Categoría LIBROS - Publicado o 23-11-2010 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Coherencia = Agustín Fernández Paz
Onte, Agustín Fernández Paz, un dos nosos autores de literatura infantil e xuvenil do que podedes encontrar unha morea de libros na nosa biblio, rexeitou o premio "Cultura Galega das letras" que lle otorgou a Conselleria de Cultura e Turismo.

''Temos o convencemento de que nin as brillantes sensibilidades nin as mellores intelixencias deste país aceptarán ser utilizadas para sancionar políticas que causan división arredor dun dos símbolos maiores da nosa convivencia''. (Do manifesto Prolingua, firmado por Agustín Fernández Paz no seu dia)


O xurado dos Premios da Cultura Galega 2010 determinou nunha reunición celebrada onte na Fundación Cidade da Cultura os sete premiados que recibirán os galardóns en recoñecemento do seu traballo creativo. Fernández Paz foi o galardoado co premio Cultura Galega das Letras ''en recoñecemento a súa traxectoria vencellada á escrita galega''. A súa candidatura foi realizada polo Consello da Cultura Galega e aprobada pola maioría do xurado.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 18-11-2010 23:29
# Ligazón permanente a este artigo
Buscando información
Cando buscamos información a través de internet temos que ter en conta algunhas cousas:

# Calquera persoa ou entidade pode publicar o que queira.
# O publicado en internet non ten por que ser verdade.

Por tanto é moi importante que valoremos:

# A relevancia (si é importante ou non)
# A autoría: si o autor do artigo se identifica, o tipo de enderezo...
# A orientación ou patrocinio: ás veces a información ofrecida varía en función dos intereses de quen a escribe...
# A actualización dos datos
# Os enlaces que ofrece: ben seleccionados, "de confianza", que funcionen...

Seguiremos informando...
Comentarios (0) - Categoría FERRAMENTAS - Publicado o 07-11-2010 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Reportero Doc
Xa temos na biblioteca un novo número da revista "Reportero Doc". Neste número podemos aprender moitas cousas acerca do lobo ibérico, dun animal moi extraño que se chama geco, de como eran os ordenadores hai anos e moitísimas máis cousas. Chamoume moito a atención unha pequena nota acerca dunha escultora que fai as súas obras utilizando lápices. Que vos parece?
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 07-11-2010 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Alma
As veces as historias máis sinxelas resultan as máis interesantes. Imaxinas unha tenda de bonecas que as fabrica á medida dos nenos que van mirar o escaparate? imaxinas unha xogueteria chea de almas?
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 06-11-2010 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0