BIBLIOTECA DO CEIP VICENTE OTERO


Blog da biblioteca
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.

BIBLIOSBARDOS
bibliosbardos@gmail.com
 SUMARIO
 ALBUM FOTOGRÁFICO
 
 OUTROS BLOGS
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Papón

Onte pola tarde os nenos e nenas de 1º de primaria viñeron á biblioteca. Alí atoparon unha notiña que dicía:

"Se un pouco de medo queres pasar
no estante dos discos terás que mirar"


Unha nena foi mirar e... atopou alí un conto titulado O PAPÓN! Escoitaron o conto con moita atención e despois a súa canción. Tiña unha música terrorífica pero os nenos, que son todos moi valentes, non tiveron nin gota de medo.


E xa para rematar, estamos recopilando fotos e vídeos de todas as cousiñas que se fixeron no cole durante o Mes do Medo, en breves xa as teremos colgadas no blog!
Comentarios (1) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 30-10-2014 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Samaín xa está aquí
Como vos adiantabamos fai algúns días xa chegou a semana grande do Mes do Medo, velaquí está o cartel que volo anuncia.


Lembrade que os libros expostos no corredor tamén son de préstamo e que todos os recreos podedes pasar pola biblio para elaborar algo de decoración terrorífica.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 26-10-2014 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Feliz Día da Biblioteca
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 24-10-2014 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Premio Príncipe de Asturias para Quino

O humorista gráfico, e creador de Mafalda, Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino xa está en Oviedo para recoller o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014. A gala de entrega terá lugar este venres no mítico Teatro Campoamor.

Noraboa a este debuxante e que perviva o humor e o espírito crítico!



Aquí podedes ver esta nova no xornal asturiano "La Nueva España"
Quino en Asturias para recoller o seu premio
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 22-10-2014 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
Mes do medo
Esta é unha mostra moi pequena da nosa exposición
Acércase o Samaín e nós tamén queremos festexar esta data tan especial. Esta semana xa podemos ver no corredor da biblioteca unha exposición de libros relacionadas con esta temática.

Bruxas malvadas, escuros vampiros, monstros horripilantes e divertidas calabazas acompañarannos esta semana nas nosas lecturas.

Ah!E non vos esquezades de visitar o blog a miúdo porque moitas outras sorpresas relacionadas co Samaín vos agardan na biblioteca.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 22-10-2014 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Novo recuncho na biblioteca

Estamos de estrea!Temos un novo espazo para disfrutar da lectura na nosa biblioteca.
Este rechuncho podedes utilizalo para ler cómodamente nos recreos e tamén será utilizado para o Clube de lectura "A pedra Rosetta" no que se atopan inmersos algúns alumnos e alumnas da ESO.
Algúns membros da comunidade escolar xa o utilizaron, a que esperas para facelo ti?
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 20-10-2014 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Arrancando motores

Aínda que cun pouco de retraso, o blog da biblioteca volve a funcionar.
Queremos darvos a benvida ao novo curso e esperamos que nos visitedes a miúdo. Xa sabedes que a biblioteca é unha gran fonte de información, un lugar especial onde disfrutar e gozar dos libros.
Comentarios (0) - Categoría A NOSA BIBLIOTECA - Publicado o 17-10-2014 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0