|
|
|
CONCURSO |
|
Moi relacionado co tema de bibliotecas escolares deste curso xa nos chegan as bases do primeiro concurso "ciencia que conta" convocado polo grupo DIVULGATIA da universidade de Vigo. Animádevos a participar. |
|
|
|
CARTEL BIBLIOTECAS ESCOLARES 2013-2014. |
|

Ollade que cartel máis bonito nos achegan este curso dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares.... A autora é Patricia Castelao.
Fai referencia á importancia da lectura de textos de carácter científico, divulgativos ou temas literarios relacionados coa ciencia . |
|
|
|
BENVIDOS Ó NOVO CURSO........ |
|
Aínda que un pouco tarde este curso dámosvos a benvida á nosa biblioteca.
Por fin chegaron os tan esperados carnés e a partires do venres 18 podemos levar os libros, pelis, CDs..... para utilizar na casa.
Recordade que o máximo de libros que podemos ter na casa son tres e o tempo máximo de empréstito 15 días (3 días no caso de películas).
O horario de apertura da biblioteca segue sendo no recreo de Primaria (de 11:00 a 11:30) e no recreo de Secundaria (de 12:00 a 12:20).
Para que todos poidamos disfrutar dos materiais da biblioteca no mellor estado posible pregamos sexades extremadamente coidadosos coa súa conservación e co respeto ás datas de devolución.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
O equipo da biblioteca.
|
|
|
|