Un día como o de hoxe, hai cen anos, nacía un dos poetas españois que probablemente máis sufriu na súa corta vida. Algúns dos seus poemas escribiunos pensando no seu único fillo. Poemas tristes, moi tristes, pero que encerran todo o amor do mundo.
Recoméndovos que visitedes o enlace, e que recordedes hoxe e todos os días algún dos poemas que nos deixou non hai tanto tempo. E aquí vai unha mostra:
Tristes guerras
Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes. Tristes.
Tristes armas
si no son las palabras.
Tristes. Tristes.
Tristes hombres
si no mueren de amores.
Tristes. Tristes.
Cancionero y romancero de ausencias.
Poesías completas.
Madrid: Aguilar, 1979, pp. 635-636.
Hai noventa anos nacía unha grandísima persoa que fixo moito pola literatura infantil: Giani Rodari. Temos algunha das suas obras na biblio, e por moito que pasen os anos sempre as teremos entre as nosas lembranzas.
O xoves 21 recibiremos aos profes das outras escolas que participan no proxecto ARCE. Chegan ao aeroporto de Santiago. Imos botarlles unha man para que non se perdan.
Na feria de Francfurt, que está tendo lugar nestas datas, unha pequena editorial arxentina presentou os seus traballos: pequenas obras de arte para os que máis as necesitan, os que están buscando desesperadamente un pouco de esperanza...
Recordo a alegría que tiñamos todos cando o carteiro chegaba á casa. Naqueles anos as cartas traian noticias,non facturas. O malo era que cando chegaban as noticias ás máis das veces xa estaban "caducadas".
Hoxe o correo é instantáneo, as noticias que teñen máis de vintecatro horas xa están "pasadas" e o carteiro casi é unha personaxe de ficción. ¿Cantas veces o víchedes no último mes?
Por fortuna sempre nos quedarán os carteiros dos libros...
Noraboa á biblioteca do Anxel Casal de Santiago polo seu traballo. Podemos seguir as súas instruccións: cambiando o concello e o nome da biblioteca nós tamén podemos acceder a todos eses contidos.
Tamén podemos acceder aos mesmos recursos pinchando en:biblioteca dixital