Blog da biblioteca |
|
É o blog que recolle as actividades realizadas dende a biblioteca do CPI Vicente Otero Valcarcel e outras informacións de interese.
|
|

|
BIBLIOSBARDOS |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
CONTOS DE HALLOWEN |
|
A NOITE DO MEDO
Achégase a noite de Hallowen e, como cada ano, os meus amigos e máis eu aproveitámola para facer algunha que outra falcatruada.
Vouvos contar o que, xa hai algúns anos, aconteceu.
A miña avoa Manuela vive nunha casa agastada da aldea, rodeada de árbores e calquera especie de animal imaxinable. Alí nos xuntamos para preparar a nosa noite tan esperada durante todo un ano.
Eran as once e media cando petaba na porta o meu amigo Pablo. Minutos máis tarde chegaba Alex. Xa estabamos tods para que a noite de Hallowen fora inesquecible. Alex puxo o traxe de pantasma, Pablo e máis eu, un disfraz de morto vivinte. Nuns paus colgamos unhas cabazas que nada máis mirar pra elas caías de cú co medo.
Empezabamos a nosa andadoira monte arriba. Pablo ía de primeiro, xa que era o qeu menos mdedo tiña. Alex e máis eu iamos a un paso lixeiro. De súpeto, ao lonxe, divisábase unha luz penetrante nos ollos e uns ruidos que parecían vir dalgúns dos animais que alí se agocahban. Quedamos os tres quedos e calados. Non dabamos creto do que nos estaba a acontecer. Decidimos seguir , xa que tiñamos os paus das cabazas. Ao chegar ao río descubrimos o que tanto nos abraiaba e asustados nos tiña.
Era a miña avoa Manuela, lavando no río. Caéralle o gato á auga e non era quen de sacalo.
Angel Miguel Bermúdez Blanco (5ºB)
|
|
|
|
CONTOS DE HALLOWEN |
|

O sábado, 31 de outubro, eu estaba sentado a carón da lareira cos meus amigos. Estabamos comentando como fixeramos os exercicios de matemáticas. De súpeto algo fixo Bummm!. Fora a porta, unha ráfaga de vento pechouna. A penas pasaron dous segundos cando un lóstrego iluminou a sla. Todos foron correndo cara ao meu cuarto, pero eu , como corro menos, quedei atrás. Aínda non puxeramos as candeas para espantas aos mortos. Un morto colleume pola perna e levoume ata unha cova ao lado do cemiterio. Os meus amigos baixaron "a fume de carozo" polas escaleiras e comezaron a buscarme.. "Lucas, Lucas!", berraron todos. O morto que me colleu era un secostrados que eu, María, Claudia, Carlos e David, qeu son os meus amigos, desenmascararamos hai seis anos. El suicidárase e agora quería vingarse. Samuel , que así se chamaba o secostrador, atoume a unha cadeira e dicíame cousas horribles. Os outros xa coñeceían esa cova e foron mirar se estaba aí,; efectivamente, aí estaban os dous. Carlos avióunos e a María ocorréuselle ir polas cabazas e candeas. Claudia e David foron polas cousa, chegaron e acendéronas. Os mortos fuxiron e Lucas quedou en liberdade.
Lucía Ferreiro(6ºA) |
|
|
|
CONTOS DE HALOWEN |
|

AMOR PROHIBIDO
Samuel era un chaval normal que un día tivo que cambiarse de cole. Na súa clase había vintecatro nenos, e de todos eles só se fixou nunha compañeira, Xiana.
El non sabía porque Xiana sempre estaba afastada dos demáis. Na hora de comer Samuel sentouse ao seu carón.
-Ola!
-Ola, Samuel!
-Que comes?
-Emmm...nada, nada...
Samuel estaba desconcertado. Por que aquela rapaza non lle dicía o que comía?. Nin que comera sangue!
Chegou o día de Hallowen e Samuel foi atrevido einvitou a súa amiga a ir ao baile de "Halloween". Ela dixo que non, porque estaba moi ocupada. Samuel sabía que algo pasaba con Xiana. Entón seguiuna e viu que collía un paxaro e o mordía. Samuel, aterrorizado, díxolle:
-Que fas?
-E que....Son unha vampiresa!
-Que?
-Si, como o oes?
-Xiana, a min dame igual. E que esu..., eu...
-Ti..., ti..., que?
-Eu quérote!
Xiana, sorrindo, mordeulle. Samuel non podía crelo. Ao final converteuse nun vampiro, pero ninguén volveu saber del...
Catuxa (6ºA) |
|
|
|
|
|